O Milagrosa toma vantaxe

O equipo de Manuel Couso venceu ao Friol. Cospeito e Guitiriz empataron

As finais do play off de ascenso a Primeira arrincaron esta fin de semana con igualdade tanto no grupo norte, onde o Cospeito e o Guitiriz empataron a ceros, como no sur, onde o Milagrosa toma unha lixeira vantaxe fronte ao Friol tras gañar 1-0 en Frigsa. 

Os lucenses marcaron no arranque da segunda metade nun balón que quedou solto tras un rexeitamento ao bordo da área que aproveitou Anxo cun disparo de media bolea que entrou polo primeiro pau da meta defendida por Brais. O partido foi igualado, con dúas ocasións para o Friol que detivo Borja. Na primeira metade tamén Marco puido marcar para o Milagrosa. Despois do gol practicamente non houbo ocasións para ningún dos dous equipos.  

No grupo norte, o Cospeito e o Guitiriz empataron a ceros no campo da Fonte nun partido no que os dous equipos priorizaron a faceta defensiva, polo que todo queda no aire para o partido de volta no Suso Cruz.

Norte

COSPEITO 0 - 0 GUITIRIZ

CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Alejandro, José, Adrián, Daniel, Xoán, Francisco e Manuel. Tamén xogaron Rui e Samuel.
Guitiriz SD: Jesús, Iván Ansede, Mauro, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús, Miguel Ángel, Erik, Antonio e Adrián. Tamén xogaron José M, Diego Ferreiro, Yordi e Diego Castro. 
Campo: A Fonte. 

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Semifinais ida

Cospeito 1-0 Folgueiro
Guitiriz 0-0 Iberia

Semifinais volta

Folgueiro 1-2 Cospeito
Iberia 1-1 Guitiriz

Final ida

Cospeito 0-0 Guitiriz

Final volta

Guitiriz - Cospeito

 

Sur 

MILAGROSA 1 - 0 FRIOL

SCD Milagrosa: Borja, Christian, Miguel, Anxo, Diego, Marco, Mario, Pablo, Joel, Bruno e David. Tamén xogaron Alejandro, Michael Esteban, Faustino, David e Andrés.
Friol CF: Brais, Rafa, Marcos, Álvaro, José M, Miguel, Diego, Bruno, Alberto Buján, Santiago e Isaac. Tamén xogaron Adrian Piñeiro, Aitor, Alberto, Adrián Castiñeira e Jesús. 
Goles:  Anxo para o Milagrosa. 

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Semifinal ida

Paradela 0-4 Friol
Milagrosa 3-3 Becerreá

Semifinal volta

Friol 3-1 Paradela
Becerreá 5-5 Milagrosa

Final ida

Friol 1-0 Milagrosa

Final volta

Milagrosa - Friol