O San Lázaro volve a Primeira grazas a un gol na prórroga ante o Brollón

Moito público para presenciar a celebración do equipo lugués, que o festexou por todo o alto

No sur, foi o San Lázaro o que se levou o premio do ascenso a Primeira Galicia, logo de vencer ao Brollón cun gol no tempo de desconto. Recuperan así os lugueses a praza perdida hai dous anos.

Partido moi igualado o que disputaron os dous equipos tamén na volta, xa que quedaron empatados á ida. E como a semana pasada, acabaron en táboas, nesta ocasión a ceros. Foi un gol ao inicio do tempo de desconto o que lle trouxo ao visitante o ansiado ascenso. Un tanto de Pablo que a meteu de vaselina logo dun peiteado de Yelko. Antes de marcar houbo un par de ocasións para os dous equipos con boas intervencións de ámbolos dous porteiros, polo que a igualdade foi máxima.

Moito público para presenciar a celebración do equipo lugués, que o festexou por todo o alto.

BROLLÓN 0 - 1 SAN LÁZARO

CD Brollón: Daniel, Iván, Óscar, David R, Miguel, Samuel, Ismael, David A, Nicolás, Damián e Adrián. Tamén xogaron Iago, Alberto e Pablo.
SD San Lázaro: Borja, Diego, Samuel, Adrián, Gabriel, Carlos, Yelko, Luis, Iván, José e Ylyasse. Tamén xogaron Pablo, Juan e Mariano. 
Goles: Pablo na prórroga polos visitantes. 
Árbitro: Virginio Polo Díaz.
 

Semifinal ida

Friol 0 0 Brollón
San Lázaro 2 0 Becerreá

Semifinal volta

Brollón 2 1 Friol
Becerreá 2 1 San Lázaro

Final ida

San Lázaro 1 1 Brollón

Final volta

Brollón 0 1 San Lázaro

Más en En Xogo