Unha vitoria do San Lázaro e o empate de Friol e Brollón, na ida do play off

A semana próxima serán os partidos de volta, de onde sairán os dous finalistas polo ascenso

Play Off

No sur, só un dos equipos sacou renda desta primeira xornada de play off, o San Lázaro, que venceu 2-0 ao Becerreá nun partido moi igualado que se decidiu en dous erros do conxunto visitante, un córner mal defendido e unha transición que non se cortou, o primeiro no inicio da segunda parte e o segundo contra o final.

Por outra banda, o duelo entre o Friol e o Brollón rematou en táboas sen goles, polo que os dous xogaranse o pase á final a unha soa carta a próxima fin de semana, esta vez no campo da Pobra.  Partido moi igualado, sen grandes ocasións, agás un gol que foi anulado despois de pitar falta contra o porteiro do Brollón.

Consulta a clasificación aquí

FRIOL 0 - 0 BROLLÓN 

Friol CF: Alejo, Marcos, Miguel, Nilo, José M, Miguel, Diego, Bruno, Alberto, Roberto e Daniel. Tamén xogaron Adrián, José Manuel, e Óscar.
CD Brollón: Daniel, Iván, Óscar, David, Miguel, Samuel, Ismael, David, Nicolás, Damián e Adrián. Tamén xogaron Iago, Francisco e César.
Árbitro: Mario Cordido García.

SAN LÁZARO 2 - 0 BECERREÁ

SD San Lázaro: Borja, Diego, Samuel, Adrián, Gabriel, Carlos, Yelko, Luis, Iván, José e Ylyasse. Tamén xogaron Juan, Pablo e Mariano.
SD Becerreá: Daniel, Héctor, Christian, José, David R, Miguel, Álvaro, Javier, Kevin, Higinio e Iago. Tamén xogaron Damián, Borja e David F.
Goles: José e Yelko.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.
 

Semifinal ida

Friol 0 0 Brollón
San Lázaro 2 0 Becerreá

Semifinal volta

Brollón - - Friol
Becerreá - - San Lázaro