Calma tensa arriba

Os cinco primeiros manteñen posicións puntuando todos e con goleada do Becerreá

O Oural ofreceu aos seus afeccionados un partido de infarto, no que se fixo coa vitoria por 3-2 co Lemos B. Aínda que comezou abrindo a conta, foron ao descanso empatados. Na segunda metade o monfortino púxose por diante, pero en poucos minutos logrou darlle a volta o marcador  o local e manter a vantaxe ata o final.

O Becerreá crécese nos momentos complicados. Sen tres dianteiros, recibiu ao Incio para rematar cunha goleada, malia ser o visitante o que abriu a conta. En canto encaixaron, os locais puxéronse a funda de traballo e remaron para empatar antes da pausa e despois ampliar o marcador, con dobrete de Riomau incluído, na segunda parte. O Incio, despois do gol non tivo máis. Destacaron polo local, ademais de Riomau, José Antonio e Damián. Polo Incio xogaron mellor Manu, Edu e Rául.

Para o Brollón foi unha boa xornada, xa que sacou tres novos puntos para manterse á espectativa do que pase arriba e con opcións a xogar polo ascenso. Venceu pola mínima ao San Roque cun gol moi madrugador.

O San Lázaro e o Friol non pasaron das táboas nun partido sen goles e cun resultado que os deixa como estaban na táboa. O equipo friolés segue a  un punto da zona de promoción xa que o Antas tamén empatou. Partido igualado con poucas ocasións e no que o resultado foi xusto.

Os da Ulloa tampouco puideron pasar do empate co Quiroga, nesta ocasión a uns, pero seguen na última praza da promoción. Duelo moi parello, condicionado polo aire, pero no relativo a ocasións, tiveron máis os do Antas de cara ao final, aínda que na primeira estiveron máis igualados. Foron os celestes os que se adiantaron cun bon gol, imposible de parar, pero de seguido, dúas xogadas despois, chegou o empate, unha progresión por banda que centran e marca Sergio. Os dous equipos tiveron ocasións para romper a igualdade, pero alternaron tempos de dominio. 

Na parte media o Paradela venceu ao Carballedo cun dominio claro sobre o rival e un golazo de David Losada de vaselina, que se completaría na segunda parte cun dobrete de Adrián R. Por parte do visitante marcou Ramón pero non puido facer máis para achegarse.

O Chantada B segue a escapar do descenso e esta fin de semana cumpriu co necesario para levarse a vitoria por 5-2 ante un Ferreira ao que lle pasan por riba na xeral. Ao local púxoselle de cara o partido cun gol  grazas a un fallo defensivo dos de Pantón. 

Non tiveron unha boa sesión os visitantes, que coquetearon en varias ocasións cos play off, empataron rápido nun córner, pero non xogaron ben, circunstancia que aproveitaron os chantadinos para facerse co 3-1. Na segunda parte, intentaron os visitantes mellorar pero eles ás contras firmaron a vitoria. O Ferreira maquillou o resultado ao final pero lastráronlle as baixas coas que acudiu ao duelo.

Consulta a clasificación aquí

BECERREÁ 6 - 1 O INCIO

SD Becerreá: Álex, Héctor, Santín, José Antonio, Iago, Miguel, Rioamau, Cris, Damián, Guti e Higinio. Tamén xogaron Albino, Alejandro, Borja e Rubianes.
O Incio Terra Brava CF: Castro, Juan, Raúl, Díaz, Many, Michael, Darwin, David, Edu, Vica e Cepeda. Tamén xogaron Pedro, Casanova e Miguel. 
Goles: Riomau (2), José Antonio, Guti, Damián, e un en propia do rival (locais). Vica polos visitantes.
Árbitro: Carlos Casás Herrero.

BROLLÓN 1 - 0 SAN ROQUE

CD Brollón: César V, Óscar, Pablo, Iván, Miguel, David A, Ismael, David L, Nicolás, Damián e Adrián. Tamén xogaron Iago, Alberto, César D e David R.
SDC San Roque: Giyak, Nicolás, Raúl, Alejandro, Elián, Álex, Rubén, Manuel, Adam, Lucas e Lucas. Tamén xogaron Miguel e Andrés.
Gol: Nicolás polos locais.
Árbitro: Yhosep Alejandro M. Jorge Lagos.

OURAL 3 - 2 LEMOS B

SD Oural: José, Javier R, Monir, Diego A, Alejandro, Diego D, Manuel, Jorge, Miguel, Diego P e Iván. Tamén xogaron Marcos, Mario, Diego V e Javier.
Club Lemos B: Saúl, Carlos, Gabriel, Samuel, Iago, Álex, Miguel, Mohamed, Alejandro, Mario e César. Tamén xogaron Jairo, Brais, Ulises e Ismael.
Goles: Jorge, Diego D e Mario polos locais. Álex e Mario polos visitantes.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate Babil.

FRIOL 0 - 0 SAN LÁZARO

Friol CF: Alejo, Marcos, Miguel F, Nilo, José, Miguel P, Diego, Bruno, Daniel, Rubén e José Manuel. Tamén xogaron Roberto, Isaac, Alberto, Adrián P e Adrián G.
SD San Lázaro: Borja, Diego, Juan, Gabriel E, Adrián, Carlos, Ilyasse, José, Luis, Pablo e Samuel. Tamén xogaron David, Christian e Gabriel P.
Árbitro: Fernando Fernández López.

PARADELA 3 - 1 CARBALLEDO

SD Paradela: Ángel, Carlos, Hugo, Francisco, Efrén, Diego, David, Adrián, Alberto, Alejandro e Raúl. Tamén xogaron Esteban, Andrés e Javier.
Carballedo CF: Adrián, Darío, Brais, Roberto, Ramón, Antonio, Javier, Luis, Elías, Víctor e Bruno. Tamén xogaron Martín, Álex, Miguel e Manuel.
Goles: David e 2 de Adrián polos locais. Ramón polos visitantes.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

SP LUCENSE 0 - 1 PALAS

Spórting Lucense: Pablo, Raúl, Yago, Jesús C, Jesús P, Daniel, Noel, Cristian, Kevin, Tomás e Roi. Tamén xogou Carlos.
Palas CD: Javier, Marcos, Adrián B, Julio, Martín I, Julián, Samuel V, Álvaro, Brais, Adrián M e Martín P. Tamén xogaron Noel, Óscar, Samuel P, Ignacio e Adrián L.
Gol: Noel polos visitantes.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

ANTAS 1 - 1 QUIROGA

SD Antas: Jesús, Félix, Iván, José, Alejandro, Pablo, Xurxo, Marcos, Luís, Ángel e Juan. Tamén xogaron Sergio e Nicolás.
Quiroga FC: Marcos, Brian, Álex M, Luís, Iván, Manuel A, Ignacio, Manuel L, David, Leonardo e Sergio. Tamén xogaron Iago, Adrián e Álex G.
Goles: Luís polos locais. Sergio polos visitantes.
Árbitro: Yago Amil Castro.

CHANTADA B 5 - 2 FERREIRA

SD Chantada B: Adrián, Iñaki, Aitor, Pablo N, Diego, Antón, Pedro, Pablo M, Pablo F, José e Celso. Tamén xogaron Alejandro, Iker, Ramón e Martín.
Ferreira CF: Álex, César, Carlos, Edgar, Jorge V, Daniel, Adrián E, Jorge T, Luis, Miguel e Adrián P. Tamén xogaron Abderazzak, Iván e Adrián G.
Goles: 2 de Celso, Pablo M, 2 de Pablo N polos locais. César e Jorge T polos visitantes.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

Resultados xornada 25

Becerreá 6 1 O Incio
Brollón 1 0 San Roque
Oural 3 2 Lemos B
Friol 0 0 San Lázaro
Paradela 3 1 Carballedo
SP Lucense 0 1 Palas
Antas 1 1 Quiroga
Chantada B 5 2 Ferreira
Próxima xornada
San Roque - - O Incio
Lemos B - - Brollón
San Lázaro - - Oural
Carballedo - - Friol
Palas - - Paradela
Quiroga - - SP Lucense
Ferreira - - Antas
Chantada B - - Becerreá