Antas e Becerreá erraron

O primeiro caeu ante o Ferreira por 2-1 e o da montaña empatou co Chantada B

O líder, o Oural, non decepcionou esta semana e venceu ao San Lázaro con claridade (3-0), sacándoo dos postos de promoción.

Partido igualado o que disputaron cunha primeira parte que rematou sen goles. A segunda metade empezou mal para o local, que quería asegurar a vitoria e o liderado pero que perdeu un xogador por dobre amarela. Aínda así, no tramo final, en só dez minutos marcou Mario un dobrete xunto a Diego.

Un calco deste partido foi o que disputou o Friol, infatigable perseguidor, co Carballedo. Mesmo resultado (3-0) e tamén cos goles no segundo tempo, o primeiro de penalti e os outros dous seguidos no ecuador, pero sen expulsións.

O Antas caeu da segunda á cuarta praza logo de perder nos intres finais do partido cun Ferreira que entra en  promoción. 1-2 foi o resultado dun duelo no que o local foi o primeiro en poñer vantaxe, na primeira parte. Foi despois do descanso cando se lle complicou a situación. O empate chegou  no ecuador pero foi a dous minutos do final do tempo regulamentario cando entrou o gol que daba os tres puntos ao Ferreira.

O Becerreá, que ten un partido menos, conserva o seu lugar entre os cinco primeiros malia no poder pasar do empate co Chantada B, colista do grupo. Moita desidia e falta de xogo entre os locais, que saíron confiados e non lograron os tres puntos malia dispoñer de ata oito ocasións de gol. Destacou o xogo de Riomau, Xairo e Adrián polos locais, e Bruno, Martín e Artoi polos visitantes.

O Incio gañou unha posición na táboa logo de vencer ao San Roque por 2-0 e adianta desta maneira ao Carballedo. Manuel e Fabián foron os responsables dos dous tantos. O Brollón tampouco puido sacar os tres puntos que desexaba, xa que quedou en táboas ante o Lemos B (2-2) un partido no que foi sempre por diante pero que empatou o visitante a dez minutos do final. Non lle axudou ao local a expulsión dun dos seus no ecuador.

O Paradela recibiu un bo empuxón ao vencer ao Palas por 2-1 nun duelo no que os locais se adiantaron rápido, co primeiro tanto antes do dez minutos. No 31 marcaron o segundo e no medio da segunda parte foi cando o Palas logrou achegarse

Ademais, o SP Lucense sacou un punto de renda este sábado co Quiroga, ante o que se adiantou xa na primeira parte cun gol e completou á volta de vestiarios. O Quiroga, cun dobrete de Sergio David, logrou o empate en dous minutos mediado o segundo tempo, pero non puido pasar de aí.

Consulta a clasificación aquí

  O INCIO 2 - 0 SAN ROQUE 

O Incio Terra Brava CF: Eduardo, Pedro, Raúl, Manuel, Javier, Darwin, Óscar, Héctor, Weimar, Fabián e Juan. Tamén xogaron Ignacio, Manuel, Marcos e Miguel.
SDC San Roque: Antón, Nicolás, Raúl, Alejandro F, Alejandro H, Álex, Rubén, Luis, Manuel L, Lucas e Manuel S. Tamén xogaron Emilio, Elian, Diego e Daniel.
Goles: Manuel e Fabián polo local.
Árbitro: Iván Prado López.

BROLLÓN 2 - 2 LEMOS B

CD Brollón: Daniel, Óscar, Iván, David R, Miguel, Ismael, David A, Nicolás, Damián, César e Adrián. Tamén xogaron Iago, David L, Pablo e Alberto.
Club Lemos B: Saúl, Luis, Hugo, Gabriel, Samuel, Iago, Álex, José Miguel, Yeray, Jorge e César. Tamén xogaron Brais, Jairo, Ismael e Luis.
Goles: Ismael (2) polo local e Yeray e Hugo polo Lemos B. 
Árbitro: Yago Amil Castro.

OURAL 3 - 0 SAN LÁZARO

SD Oural: Julián, Monir, Diego, Francisco, Alejandro, José María, Manuel, Jorge, Mario, Miguel e Diego P. Tamén xogaron Diego D, Jorge, Marcos e Diego Pandiscia
SD San Lázaro: Borja, Diego, Samuel, Mariano, Adrián, Gabriel, Luis, Carlos, Yelko, Pablo e José Luis. Tamén xogaron Iván, Gabriel e José.
Goles: Mario (2) e Diego.
Árbitro: Álvaro Valín González.

 FRIOL 3 - 0 CARBALLEDO

Friol CF: Alejo, Adrián P, Julio, Brais, Miguel, Rubén, Daniel, Santiago, Alberto, Diego, Adrián G. Tamén xogaron Marcos e Isaac.
Carballedo CF: Francisco, Javier, Diego, Adrián, Roberto, Antonio, Javier, Miguel, Daniel, José Luis e Víctor. Tamén xogaron Darío, Brais e Manuel.
Goles: Santiago (de penalti), Isaac e Alberto.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

PARADELA 2 - 1 PALAS

SD Paradela: José Ángel, Esteban, Hugo, Francisco, Diego, David, Juan, José A, Javier, Raúl e Carlos. Tamén xogaron Andrés, Adrián, Henrique, Luis e Alejandro.
Palas CD: Mateo, Marcos, Óscar, Julio, Samuel, Martín I, Lucas, Samuel V, Brais, Noel e Martín P. Tamén xogaron Rodrigo, Javier, Adrián M, Adrián B e Adrián L.
Goles: Juan e Diego polo local e Adrián M polo visitante.
Árbitro: Carlos Casás Herrero.

SP LUCENSE 2 - 2 QUIROGA

Spórting Lucense: Pablo, Jesús C, Jesús P, Daniel, Yago, Adán, Sergio, Kevin, Noel, Zoumana e Roi. Tamén xogaron Raúl e Yago.
Quiroga FC: Marcelino, David, Álex M, Luis, Manuel, Andrés, Ignacio, Brian, Iago, Iván e Sergio. Tamén xogaron Marcos, Manuel e Álex G
Goles: Kevin e Sergio polo local e Sergio David (2) polo visitante.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

ANTAS 1 - 2 FERREIRA

SD Antas: Kevin, Félix, José C, Nicolás. Sergio, Marcos, Xurxo, Basilio, José A, Álex e Alejandro. Tamén xogaron Rafael, Cristian e Luís.
Ferreira CF: Álex, Marcos, Carlos, Edgar, Rafael, Daniel, Adrián E, Jorge T, Adrián P, Marcos e Iván. Tamén xogaron Abderazzak, Miguel, Luis e Jorge V.
Goles: Álex polo local. Miguel e Jorge V polo visitante.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

BECERREÁ 0 - 0 CHANTADA B

SD Becerreá: Álex, Héctor, Cris, Rubianes, Alejandro, Jesús, José Antonio, Xairo, Riomau, Guiti e Santín. Tamén xogaron Higinio, Adrián, Keiner e Mario.
SD Chantada B: Adrián, Pisto, Martín, Celso, Dieguito, Pavik, Novelle, Bruno, Eric, Cristian e Mourente. Tamén xogaron Jorge, Raúl, Antón, Artoi e Iker.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

 

Resultados xornada 11

O Incio 2 0 San Roque
Brollón 2 2 Lemos B
Oural 3 0 San Lázaro
Friol 3 0 Carballedo
Paradela 2 1 Palas
SP Lucense 2 2 Quiroga
Antas 1 2 Ferreira
Becerreá 0 0 Chantada B
Próxima xornada
San Roque - - Becerreá
Lemos B - - O Incio
San Lázaro - - Brollón
Carballedo - - Oural
Palas - - Friol
Quiroga - - Paradela
Ferreira - - SP Lucense
Chantada B - - Antas