O Friol favorece ao líder

Caeu ante o San Lázaro e deixa ao Oural en cabeza con máis puntos de vantaxe

O Oural camiña sen complicacións pola táboa, xa que volveu vencer, nesta ocasión ao Lemos B, por un cómodo 0-3. Á súa vitoria hai que sumar a derrota do Friol, polo que o equipo sarriao ponse aínda máis líder ca nunca mentres que o Lemos B somérxese na parte morna. Miguel, que fixo un dobrete, e Mario, que é o pichichi do grupo, foron os encargados de dar os tres puntos aos visitantes, que marcaron moi cedo o primeiro e sobre o asubío final o último.

O Antas volveu facerse coa vitoria pola mínima co Quiroga, xa que malia a súa posición é o equipo menos goleador da parte alta. Álex volveu ser o responsable dos tres puntos que sumou cun único tanto que chegou a tres minutos do final, dando a vitoria de novo de forma in extremis. O equipo celeste  é agora segundo, a cinco puntos do líder, debido á derrota do Friol.

O San Lázaro, que se mantén na zona de play off, foi o responsable da derrota do Friol, que levaba tres partidos consecutivos puntuando. Os visitantes perderon por 2-0 e caen á terceira praza da táboa, deixando ir unha oportunidade de ouro de seguir na pelexa polo ascenso directo. O local marcou dous goles, asegurando no primeiro tempo e completando o resultado a 7 minutos do final.

Outro dos equipos que segue enganchado á parte alta é o Becerreá que, a domicilio, sumou tres puntos máis coa vitoria sobre O Incio. O equipo da montaña dominou na primeira metade e marchou cun gol no peto. Á volta de vestiarios o Incio igualou o marcador pero non tardaría Albino en colocar de novo a vantaxe. No desconto, Iago completou o resultado para asegurar os tres puntos.

O Brollón tamén toca a zona de play off cos dedos, xa que está a un paso de meterse no grupo pero un empate a puntos co San Lázaro, Ferreira e Palas mantén a situación sen cambios. Esta fin de semana logrou os tres puntos no desconto do partido co San Roque grazas a un gol de Adrián. Foi o local o que abriu o marcador na primeira metade e empatou antes do descanso o Brollón, pero logo dunha gran intensidade que trouxo numerosas tarxetas amarelas para ambos no tramo final.

Tamén enganchado á parte alta segue o Ferreira, que venceu ao Chantada B por 5-2 nun partido no que os goles concentráronse na primeira metade, que rematou coa vantaxe xa dos locais por 4-2. 

Vitoria avultada tamén para o Palas sobre o Spórting Lucense (3-0). Malia o amplo resultado, os goles non chegaron ata a segunda parte, os dous últimos no tramo final.

Tenso remato no Carballedo-Paradela, no que a vitoria foi para o visitante, que dominou o marcador.

Consulta a clasificación aquí

  O INCIO 1 - 3 BECERREÁ

O Incio Terra Brava CF: Emilio, Fabián, Raúl, Pedro, Javier, Darwin, Óscar, Héctor, Weimar, Marcos e Juan. Tamén xogaron Manuel, Xosé M e Miguel.
SD Becerreá: Alejandro, Albino, Christian, Alejandro, José A, Álvaro S, Damián, Álvaro F, Javier, David e Higinio. Tamén xogaron Xairo, Miguel e Iago.
Goles: Fabián polo local e Álvaro S, Albino e Iago polo visitante.
Árbitro: Fernando Fernández López.

SAN ROQUE 1 - 2 BROLLÓN

SDC San Roque: Borja, Nicolás, Raúl, Andrés, Alejandro H, Elian, Álex, Luis, Manuel, Lucas e Juan. Tamén xogaron Alejandro F, Daniel, Miguel e Emilio.
CD Brollón: César V, Óscar, Pablo, David, Miguel, Ismael, David A, Nicolás, Alberto, César D e Adrián. Tamén xogaron Damián, David L e Iago.
Goles: Raúl polo local e César e Adrián polo visitante. 
Árbitro: Soufiane Belhelba.

LEMOS B 0 - 3 OURAL

Club Lemos B: Daniel, Luis, Hugo, Martín, Samuel, Iago Xosé, Álex, José Miguel, Yeray, Jorge e César. Tamén xogaron Jairo, Brais, Gabriel e Ismael.
SD Oural: Julián, Monir, Diego A, Francisco, Alejandro, José María, Manuel, Jorge, Mario, Miguel e Diego P. 
Goles: Miguel (2) e Mario.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

  SAN LÁZARO 2 - 0 FRIOL

SD San Lázaro: Borja, Diego, Samuel, Mariano, Adrián, Rubén, Yelko, Carlos, Iván, Pablo e Luis. Tamén xogaron José Luis, David e Juan.
Friol CF: Brais L, Marcos, Adrián P, Brais B, Martín, Miguel, Diego, Rubén, Daniel, Santiago e Isaac. Tamén xogaron Adrián L e Juan.
Goles: Yelko e José Luis.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

CARBALLEDO 2 - 3 PARADELA

Carballedo CF: Francisco, Darío, Diego, Adrián, Roberto, Antonio, Javier, José Luis, Víctor e Martín. Tamén xogaron Daniel, Miguel, Álex, Brais e Manuel.
SD Paradela: José Ángel, Juan Manuel, Carlos, Hugo, Francisco, Javier, Diego, David, Raúl, José Alberto e Adrián. Tamén xogaron Andrés e Luis.
Goles: Antonio e Roberto polo local. Javier, de penalti, e José Alberto (2) polo visitante.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

PALAS 3 - 0 SP LUCENSE

Palas CD: Mateo, Óscar, Julio, Samuel, Martín, Julián, Lucas, Ignacio, Álvaro, Brais e Martín. Tamén xogaron Noel, Adrián, Samuel, Adrián V e Adrián L.
Spórting Lucense: Pablo, Jesús C, Jesús P, Daniel, Raúl, Adán, Kevin, Noel, Zoumana, Valentín e Roi. Tamén xogaron Sergio e Yago.
Goles: Álvaro, Samuel e Martín.
Árbitro: Fabio Crespo Gámez.

QUIROGA 0 - 1 ANTAS

Quiroga FC: Marcelino, David, Álex M, Luis, Manuel A, Manuel L, Ignacio, Brian, Iago, Javier e Sergio A. Tamén xogaron Andrés, Álex, Marcos, Sergio D e Carlos.
SD Antas: Kevin, Félix, José Ángel, José C, Nicolás, Marcos, Xurxo, Luís, José A, Álex e Rafael. Tamén xogaron Sergio e Martín.
Goles: Álex no minuto 87.
Árbitro: Aitor Freán Campo.

FERREIRA 5 - 2 CHANTADA B

Ferreira CF: Álex, Marcos V, David, Carlos, Jorge V, Hugo, Adrián, Jorge T, Diego, Miguel e Marcos B. Tamén xogaron Rafael, Daniel, Juan Luis, Iván e Edgar.
SD Chantada B: Adrián, Jonathan, José A, Celso, Artai, Pablo, Erik, Diego, Bruno, Alejandro L e Alejandro M. Tamén xogaron Antón, David, Iker e José Raúl.
Goles: Diego, Hugo, Miguel, Carlos e Edgar polo local e Bruno e Pablo polo visitante.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

 

Resultados xornada 10

O Incio 1 3 Becerreá
San Roque 1 2 Brollón
Lemos B 0 3 Oural
San Lázaro 2 0 Friol
Carballedo 2 3 Paradela
Palas 3 0 SP Lucense
Quiroga 0 1 Antas
Ferreira 5 2 Chantada B
Próxima xornada
O Incio - - San Roque
Brollón - - Lemos B
Oural - - San Lázaro
Friol - - Carballedo
Paradela - - Palas
SP Lucense - - Quiroga
Antas - - Ferreira
Becerreá - - Chantada B