O Guntín empata co Milagrosa

O Friol, que gañou ao Carballedo, e o Ferreira, que empatou co Chantada B, mediranse a vindeira fin de semana en Pantón

Novo empate do líder, o Guntín, na casa. Desta volta fronte ao Milagrosa, que conseguía a igualada definitiva a falta de 5 minutos para o final do choque por medio de Felipe. Foron os lugueses os que se adiantaron na primeira metade, cun gol de Faustino aos 20 minutos, pero os locais reaccionaron e lograron darlle a volta ao marcador antes do descanso cun gol de Adrián e outro de Mateo. O equipo que adestra Hugo Vázquez mantén aínda seis puntos de vantaxe cos que encarar os 5 partidos que restan. 

O Friol, que é segundo, venceu con comodidade ao Carballedo na Reigosa. O equipo que adestra Javier Serén gañaba xa 2-0 ao descanso e redondeou o marcador no cuarto de hora final. 

Segue a mala xeira de resultados do Ferreira, que leva 5 partidos sen gañar. Esta fin de semana ante o Chantada B colleitou o terceiro empate consecutivo. Os de Pantón, que non foron quen de marcar nos 90 minutos, enfróntanse na vindeira xornada ao Friol. 

O Oural gañoulle ao Brollón e recupera postos de promoción de ascenso, empatado a puntos co Milagrosa. Os dous goles dos de Sarria chegaron nos últimos 20 minutos do partido, xogado nos Medos, e foron obra de Óscar e de Alejandro. 

En Lugo, o derbi entre o San Lázaro e o Spórting Lucense levárono os do barrio da Ponte, que se adiantaron no marcador na primeira metade, aos 10 minutos, por medio de Julio. Yelko ampliaría a vantaxe no segundo tempo pero o Sp Lucense reduciu distancias por medio de Alberto Caloto e deu emoción ao treito final do partido, o que Santiago, por partida dobre, sentenciou para os locais xa no tempo de desconto.

Na parte baixa, o Lemos B gañoulle ao Río Sil, situado con 4 puntos de vantaxe sobre o pechacancelas, o Corgo, que precisa reaccionar nas 5 xornadas que quedan para poder salvarse. 

Consulte a clasificación aquí

GUNTÍN 2 - 2 MILAGROSA

CD Guntín: Juan S, Tomás, Mateo, Raúl, Cristhian, Rubén, Adrián, Samuel, Heitor, José Francisco e Sergio. Tamén xogaron Víctor, Diego, Alejandro e Daniel.  
SCD Milagrosa: Daniel, Pedro, Juan, Andrés, Anxo, Diego, Marco, Faustino, Pablo, Joel e Mario. Tamén xogaron Felipe e Mohssine.  
Goles: Adrián e Mateo para os locais e Faustino e Felipe para os visitantes.  

BECERREÁ 0 - 1 SAN ROQUE

SD Becerreá:  Álex, Alejandro, Héctor, Rubianes, Iago, Borja, Damián, Cris, Ylye, Rubén e Jesús. Tamén xogaron Albino, Aubesa, Higinio, Andrés e Javi. 
SDC San Roque:  Roi, Gabi, Lucho, Raúl, Manu, Cachón, Sito, Caillou, Dhomini, Diego e Jano. Tamén xogaron Andrés, Nico, Emilio e Ylye. 
Goles:  Jano para o San Roque. 
Árbitro:  Miguel Rodríguez López. 

LEMOS B 4 - 1 RÍO SIL   

Club Lemos B: Daniel, Manuel, Martín, Nicolás, Jorge, Álex, Abderazzak, Adrián, Hugo Dos Santos, Javier e Hugo Pérez. Tamén xogaron Iago, José e Álvaro.  
CD Río Sil: Adrián, David Díaz, Manuel, David Cortiñas, Álvarez, Ismael, Lucas, Esteban, Alejandro, Fernández e Luis Miguel. Tamén xogaron Brais, Smaily e Jónathan. 
Goles: Nicolás (2), Jorge e Manuel para os locais e Ismael polos visitantes.  

BROLLÓN 0 - 2 OURAL

CD Brollón: César, Aarón, Pablo, Iván, Miguel, Damián, Adrián, José Miguel, Maikel, Daniel e David. Tamén xogaron César, Alberto, David Freán, Jugo, e Juan.  
SD Oural: Julián, Manuel, Monir, Diego Arias, Iván Barrio, Iván Fernández, Miguel, Rodrigo, Diego Díaz, Alejandro e Óscar. Tamén xogaron Jorge, Marcos, Sergio e Francisco.  
Goles: Óscar e Alejandro para o Oural.  

SAN LÁZARO 4 - 1 SP LUCENSE   

SD San Lázaro: Alejandro, José, Mariano, Gabriel, Ferreiro, Rubén, Yelko, Saúl, Julio, Pablo e Borja. Tamén xogaron Picatto, Héctor, Santiago, José Luis e Martín.  
Spórting Lucense: Ismael, Jesús Castiñeira, Brian, Mujib, Jesús Pérez, Kevin, Jorge, Luis F, Daniel, Brian e Iván. Tamén xogaron David, Alberto, Rubén e Roi.   
Goles: Julio, Yelko e Santiago (2) para os locais e Alberto para os visitantes.  

FRIOL 4 - 0 CARBALLEDO 

Friol CF: Brais, Rafael, Marcos, Álvaro, Miguel, Bruno, Aitor, Santiago, Alberto Buján, Diego e Isaac. Tamén xogaron Alberto Portela, Adrián Piñeiro, Jesús e Roberto.  
Carballedo CF: Francisco, ÁlexFrioz, José Luis, Víctor Manuel, Javier, Martín, Adrián Doval, Álex Otero, Adrián Lobelle, Heber e David. Tamén xogaron Diego, Roberto Osorio e Roberto C.  
Goles: Aitor, Isaac (2) e Diego para o Friol.  

CHANTADA B 0 - 0 FERREIRA  

SD Chantada B:  Alejandro Porto, Jónathan, Martín, Pablo, Manuel, Efrén, Alejandro López, David, Antón, Pedro e José A. Tamén xogaron Cristian, Íker e Jorge. 
Ferreira CF: Víctor, Marcos, Jónatan, David, Carlos, Rafael, Julio, Anthony, Diego, César e Marcos. Tamén xogaron Alexander, Juan Luis e José M.  
Árbitro:  Abdelouadoud Boutzakate. 
Campo: Sangoñedo.  

PARADELA 3 - 1 CORGO 

SD Paradela: Eros, Esteban, Alonso, Carba, Balmi, Efrén, Raúl, Losada, Romi, Alejo e Albertito. Tamén xogaron Abreu, Juan, Carlos, Javito e Álex.  
CD Corgo: Quiroga, Cabado, Andrés, Willian, Lourival, Jónathan, Sebastián, Ignacio, Kevin, Raúl e Brais. Tamén xogaron Iago, Brais Prado, Borja e Andrés Arias.  
Goles: Alejo, na primeira metade, e Losada e Juan, na segunda, para o Paradela.

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 25

Guntín 2-2 Milagrosa
Becerreá 0-1 San Roque
Lemos B 4-1 Río Sil
Brollón 0-2 Oural
San Lázaro 4-1 SP Lucense
Friol 4-0 Carballedo
Chantada B 0-0 Ferreira
Paradela 3-1 Corgo

Próxima xornada

San Roque - Milagrosa
Río Sil - Becerreá
Oural - Lemos B
SP Lucense - Brollón
Carballedo - San Lázaro
Ferreira - Friol
Corgo - Chantada B
Paradela - Guntín