O Friol cae ante o Sp Lucense

O Guntín vence ao Corgo e amplía a súa vantaxe á fronte da táboa. O Milagrosa sae dos postos de promoción de ascenso

A desta fin de semana foi unha xornada decisiva no grupo sur de Segunda, con enfrontamentos directos entre os equipos que se atopan nos primeiros postos da clasificación e que se salda cun Guntín que ten cada vez máis despexado o camiño cara o ascenso directo de categoría a falta por disputarse seis xornadas de Liga. O equipo que adestra Hugo Vázquez venceu ao pechacancelas, o Corgo, e avantaxa xa en 8 puntos ao segundo clasificado, o Friol, que caeu no campo das Gándaras ante o Spórting Lucense, nunha das sorpresas da xornada. 

En terceira posición está o Ferreira. O equipo de Pantón non puido pasar do empate ante o Paradela nun dos enfrontamentos directos entre equipos da parte alta. A igualdade foi a tónica do partido e a cada gol do Paradela respostaba con outro o Ferreira para o 2-2 definitivo.

O enfrontamento entre o Milagrosa e o Becerreá en Frigsa saldouse con vitoria dos visitantes, que ocupan agora o último dos postos que dá dereito a xogar a promoción de ascenso de categoría. Os dos Ancares lograron unha renda de 0-2 ao descanso grazas aos tantos de Santín e Héctor. Os lucenses reaccionaron tralo descanso por medio de Alejandro Prado, pero non foi dabondo. 

O Oural volveu á xeira das vitorias ante o San Lázaro, logo de tres partidos seguidos perdendo. Os de Sarria tomaron enseguida vantaxe no marcador, grazas a un gol de Óscar aos cinco munutos de partido, xogado o sábado no Luis Pallín. Á piques de cumprirse a media hora do primeiro tempo Iván Barrio facía o 2-0 definitivo para o conxunto que adestra Jorge Fernández, que é séptimo e ten aínda opcións de entrar nos postos de promoción. 

Na parte baixa, o Carballedo, que marchou boa parte da competición como pechacancelas, certifica a súa recuperación. Venceu ao Chantada B e está xa a 5 puntos do descenso. 

Consulte a clasificación aquí

MILAGROSA 1 - 2 BECERREÁ

SCD Milagrosa:  Daniel, Pedro, Juan, Bruno, Diego, Marco, Faustino, Manuel, Pablo, Felipe e Prado. Tamén xogaron Christian, Anxo, Joel, Mohssine e Freire. 
SD Becerreá: Álex, Albino, Santín, Alejandro Blanco, Iago, Jesús, Héctor, Cris, Kevin, Ylya e Rubén. Tamén xogaron Damián, Borja, Álvarez e Rubianes.  
Goles: Alejandro Prado para o Milagrosa e Santín e Héctor para o Becerreá.  

SAN ROQUE 3 - 0 LEMOS B

SDC San Roque: Rodrigo, Raúl, Pardo, Mato, Manuel A, Álex, Luis Alberto, Rubén, Diego, Gabriel e Dhomini. Tamén xogaron Emilio, Édgar, Andrés, Elián e Antón.  
Club Lemos B: Daniel, Manuel, Martín, Nicolás, Jorge, Álex, Adrián, Gabriel, Hugo Dos Santos, Hugo Pérez e Iago Xosé. Tamén xogaron Abderazzak e Imad.  
Goles: Manuel A, Diego Rigueira e Alejandro Mato para o San Roque.  

RÍO SIL 0 - 1 BROLLÓN     

CD Río Sil: Adrián, Xavier, Brais, Ángel, Javier, Smaly, Ismael, Lucas, Alejandro, Miguel Ángel e Manuel. Tamén xogaron Luis Miguel, David, Esteban e Manuel Jacobo.  
CD Brollón: Daniel, David, Pablo, Iván Manuel, Miguel L, Damián, Adrián, José Miguel, Maikel, Daniel e Samuel. Tamén xogaron Aarón, César e David.  
Goles: José Miguel para o Brollón.  
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron. 

OURAL 2 - 0 SAN LÁZARO

SD Oural: Julián, Manuel, Monir, Diego Farelo, Iván Barrio, Iván Fernández, Cayuela, Rodrigo, Diego Díaz, Francisco e Óscar. Tamén xogaron Miguel, Jorge, Marcos Sergio e Álex.  
SD San Lázaro: Alejandro, José, Mariano, Picatto, Ferreiro, Adrián, Yelko, Saúl, Julio, Pablo e Borja. Tamén xogaron Gabriel, Juan M e Martín.  
Goles: Óscar e Iván Barrio para o Oural.  

SP LUCENSE 3 - 2 FRIOL  

Spórting Lucense: Pablo, Jorge, Luis, Brian, Jesús, Kevin, Zoumana, Luis F, Alexander, Alberto e Iván Jul. Tamén xogaron Aldo, David e Mujib.  
Friol CF: Brais, Rafa, Marcos, Álvaro, José M, Miguel, Diego, Santiago, Buján, Adrián López e Isaac. Tamén xogaron Portela, Aitor, Adrián Piñeiro e Jesús.  
Goles: Brian e Alberto (2) para os locais e Buján e Miguel para os visitantes.   

CARBALLEDO 3 - 1 CHANTADA B   

Carballedo CF: Francisco, Darío, Diego, Adrián, Roberto, André, José Luis, Sergio, Víctor, Martín e Álex. Tamén xogaron Heber, Antonio, David e Manuel.  
SD Chantada B: Alejandro, Martín, Aitor, Cristian, José A, Manuel, Efrén, Alejandro Pinto, David, Antón e Jordi. Tamén xogaron Jónathan, Íker e José Raúl.  
Goles: Roberto e Adrián (2) para os locais e Martín para os visitantes.  

FERREIRA 2 - 2 PARADELA  

Ferreira CF: Víctor, Marcos, Jónatan, Carlos, Rafael, Julio Alberto, Anthony, Diego, Luis, César e Iván. Tamén xogaron David, Hugo, Álvaro e José M.  
SD Paradela: Eros, Iago, Miguel A, Hugo, Francisco, Raúl, Efrén, David, Adrián, Alejo e José Alberto. Tamén xogaron José María, Adrián, Juan Manuel, Carlos e Alejandro.  
Goles: Rafael e Iván para os locais e Adrián (2) para os visitantes.   

CORGO 1 - 3 GUNTÍN

CD Corgo: Quiroga, Cabado, Andrés, Willian, Lourival, Jónathan, Sebastián, Ignacio, Kevin, Raúl e Brais. Tamén xogaron Iago, Brais Prado, Borja e Andrés Arias.  
CD Guntín: Juan, Javier, Raúl, Cristhian, Rubén, Samuel, Mateo, Álvaro, Adrián, José Francisco e Brais. Tamén xogaron Tomás, Heitor, Diego Vidal, Sergio e Alejandro.  
Goles: Iago para os locais e Adrián e Heitor (2) para os visitantes.  

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 24

Milagrosa 1-2 Becerreá
San Roque 3-0 Lemos B
Río Sil 0-1 Brollón
Oural 2-0 San Lázaro
SP Lucense 3-2 Friol
Carballedo 3-1 Chantada B
Ferreira 2-2 Paradela
Corgo 1-3 Guntín

Próxima xornada

Guntín - Milagrosa
Becerreá - San Roque
Lemos B - Río Sil
Brollón - Oural
San Lázaro - SP Lucense
Friol - Carballedo
Chantada B - Ferreira
Paradela - Corgo