Cambio de líder á fronte da clasificación do grupo sur de Segunda Autonómica, ao empatar o Friol na casa co Brollón. O equipo que adestra Juan Carlos Gallardo adiantouse no marcador aos 7 minutos por medio de José Miguel. Os locais empataron á media hora por medio de Isaac e na segunda metade non houbo máis goles no campo da Reigosa, cun final de partido tenso, onde o colexiado do encontro, Abdelouadoud Boutzakate, tivo que botar man das cartulinas a marelas para calmar os ánimos.
O Guntín impúxose en Ladairo ao San Lázaro e recupera o liderado que perdera a semana pasada. A clave do partido estivo no ecuador da primeira metade. En só dous minutos os locais púñanse 2-0 no marcador, grazas a un penalti transformado por Brais e un gol na seguinte xogada de Álvaro Buján. Yelko reduciu distancias para os de Lugo á volta do descanso, devolvendo as esperanzas aos do barrio da Ponte, pero a falta de 20 minutos para o remate chegaba a sentenza de Daniel para os locais.
Terceiro é o Ferreira, que venceu ao San Roque e empata a puntos co Friol. Non houbo goles antes do descanso no Baliño. Na segunda metade, primeiro Adrián e máis tarde Massamba daban o triunfo ao equipo de Pantón.
Continúa a mala xeira de resultados do Oural, que esta fin de semana perdeu co Spórting Lucense. Os de Sarria lograron tan só dous puntos nos últimos tres partidos xogados. Todo o contrario que os de Lugo, que contan por vitorias os últimos tres partidos xogados. O desta fin de semana
Na parte baixa, un novo empate do Carballedo, o segundo consegutivo, permítelle abandonar a última posición da táboa. O partido xogado no campo de Cuatro Vientos, quedou 0-0, un resultado que lle vale ao Río Sil para manter 6 puntos de marxe co descenso.
O posto de pechacancelas ocúpao agora o Corgo, que foi derrotado na casa polo Milagrosa, que se valeu dun gol de Mohssine a un minuto do final.Os de Lugo atópanse zona de play off, empatados a puntos co Oural.
O Chantada B e o Lemos B tamén repartiron os puntos no duelo dos filiais. O encontro, xogado en Sangoñedo, rematou sen goles por parte dos dous equipos..
GUNTÍN 3 - 1 SAN LÁZARO
SD San Lázaro: Alejandro, José, Juan M, Yeray, Picatto, Rubén, Yelko, Adrián, Julio, Pablo e Saúl. Tamén xogaron Fernando, Borja e José Luis.
Goles: Brais (de penalti), Álvaro e Daniel para os locais e Yelko para os visitantes.
FRIOL 1 - 1 BROLLÓN
CD Brollón: Daniel, Aarón, Pablo, Iván, Miguel, César, José Miguel, Adrián, Hugo, Maikel e Rivera. Tamén xogaron Jorge e Valcárcel.
Goles: Isaac para os locais e José Miguel para os visitantes.
CHANTADA B 0 - 0 LEMOS B
Club Lemos B: Daniel, Samuel, Manuel, Martín, Nicolás, Jorge, Álex, Hugo, Javier, Ulises e Iago Xosé. Tamén xogaron Hugo, José Javier e Álvaro.
Árbitro: David Pérez Rodríguez.
CORGO 1 - 2 MILAGROSA
SCD Milagrosa: Daniel, Antonio, Bruno, Joel, Diego, Marco, Felipe, Manuel, Pablo, Alejandro e Pedro. Tamén xogaron Faustino, Andrés, Mohssine, Alejandro Pardo e Juan José.
Goles: Kevin para os locais e Daniel (en propia) e Mohssine para os visitantes.
FERREIRA 2 - 0 SAN ROQUE
SDC San Roque: Rodrigo, Nicolás, Alejandro Pardo, Emilio, Alejandro Mato, Elián, Manuel, Álex, Rubén, Gabriel e Alejandro Canto. Tamén xogaron Luis Alberto, Dhomini, Andrés e Raúl.
Goles: Adrián e Massamba para o Ferreira.
CARBALLEDO 0 - 0 RÍO SIL
CD Río Sil: Adrián, Xavier, David Pedrido, Ángel, Javier Lamús, Miguel Ángel, Ismael, Lucas, Manuel, Alejandro Méndez e David García. Tamén xogaron Manuel Lamús, Javier Fernández, Luis Miguel e Alejandro González.
SP LUCENSE 2 - 1 OURAL
SD Oural: Julián Esteban, Manuel, Diego Arias, Diego Farelo, Iván, Rubén, Alejandro, Sergio, Diego Díaz, Miguel e Monir. Tamén xogaron Rodrigo, Francisco, Marcos e Javier.
Goles: David (2) para os locais e Miguel para os visitantes.
SEGUNDA GALICIA SUR |
---|
Guntín | 3-1 | San Lázaro |
Friol | 1-1 | Brollón |
Chantada B | 0-0 | Lemos B |
Paradela | A | Becerreá |
Corgo | 1-2 | Milagrosa |
Ferreira | 2-0 | San Roque |
Carballedo | 0-0 | Río Sil |
SP Lucense | 2-1 | Oural |
Próxima xornada
Brollón | - | San Lázaro |
Lemos B | - | Friol |
Becerreá | - | Chantada B |
Milagrosa | - | Paradela |
San Roque | - | Corgo |
Río Sil | - | Ferreira |
Oural | - | Carballedo |
SP Lucense | - | Guntín |