Cambio de liderado no grupo sur de Segunda logo da derrota do Guntín onte contra o San Roque no campo do Polvorín. Un único gol de Alejandro Fernández Pardo co partido a piques de finalizar deu o triunfo aos locais. Alejandro saíra no segundo tempo en substitución de Dhomini. A vitoria permite ao equipo que adestra Diego Díaz, que levaba tres partidos sen gañar, afastarse dos postos de perigo.
O Friol non tivo contemplacións e goleou ao Corgo a domicilio. O partido quedou xa sentenciado na primeira metade, posto que o resultado ao descanso era xa 0-5. Na segunda metade o adestrador visitante fixo todos os cambios para dar minutos aos xogadores do banco.
O Oural gañoulle pola mínima ao Becerreá no encontro disputado o sábado no Luis Pallín de Sarria grazas ao acerto de Óscar. O dianteiro do Oural, que leva tres goles este ano, puña por diante ao equipo que adestra Jorge Fernández cun gol á media hora de xogo. A vantaxe pola mínima dos locais mantívose até que faltando un cuarto de hora para o remate do partido Álex Blanco facía o empate, metendo de novo no partido aos dos Ancares, pero de novo Óscar desfacía a igualdade cando faltaban 5 minutos para o pitido final. É o terceiro gol do dianteiro do Oural este ano.
O Ferreira sacou os tres puntos na casa ante o San Lázaro despois de remontar na segunda metade. Un gol de Yelko aos 5 minutos adiantaba na primeira metade aos lugueses, que conservaron a vantaxe até que Massamba empataba no ecuador do segundo tempo. Con ese resultado de 1-1 o partido chegou ao treito final, un gol de Rafael a falta de 10 minutos daba a vitoria aos de Pantón.
Moito máis cómoda foi o triunfo do Paradela fronte ao Chantada B no Gandarón. O equipo de Rubén Bergantiños chegou ao descanso co partido xa resolto (3-0) e ampliou a diferenza cun gol máis na segunda parte. ..
SAN ROQUE 1 - 0 GUNTÍN
CD Guntín: Diego, Alejandro Quiñoá, Mateo, Cristhian, Kevin, Alejandro Estévez, Sergio, Álvaro, Daniel, José Francisco e Brais. Tamén xogaron Rubén, Javier e Víctor.
Goles: Alejandro Pardo para o San Roque.
RÍO SIL 0 - 1 MILAGROSA
SCD Milagrosa: Daniel, Juan, Anxo, Diego, Marco, Michael, Pablo, David, Alejandro Prado, Alejandro Freire e Pedro. Tamén xogaron Joel, Francisco, Felipe e Manuel.
Goles: Anxo Corral para o Milagrosa.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.
OURAL 2 - 1 BECERREÁ
SD Becerreá: Álex, Albino, Santín, Iago, Rubianes, Jesús, Damián, Ylye, Riomao e Borja. Tamén xogaron Rubén, Héctor, Álex Blanco e Christian.
Goles: Óscar (2) para os locais e Álex Blanco para os visitantes.
SP LUCENSE 1 - 1 LEMOS B
Club Lemos B: Daniel, Manuel, Iago, Martín, Juan, Alejandro, Jorge, Álex, Nicolás, Luis e Javier. Tamén xogaron Abderazzak, Samuel, Daniel e José Javier.
Goles: David García para os locais e Alejandro Sanmartiño para os visitantes.
CARBALLEDO 1 - 0 BROLLÓN
CD Brollón: Daniel, Pablo, Iván, Miguel, Samuel, David, Alberto, Maikel, Daniel, Jorge e José Miguel. Tamén xogaron Adrián, Damián e César.
Goles: Ramón para os locais.
Árbitro: Virgilio Polo Díaz.
FERREIRA 2 - 1 SAN LÁZARO
SD San Lázaro: Alejandro, Saúl, Juan M, Adrián, Picatto, Rubén, Borja, Santiago, Yelko, Pablo e Julio. Tamén xogaron Rey, Cortón e Saúl.
Goles: Yelko para os locais e Massamba e Rafael para os visitantes.
CORGO 0 - 6 FRIOL
Friol CF: Javier, Marcos, Miguel, Álvaro, José M, Miguel, Santiago, Bruno, Alberto Buján, Diego e Isaac. Tamén xogaron Óscar, Alberto Portela, Aitor, Rafael e Víctor.
Goles: Diego (en propia meta), Miguel, Diego Fraga, Bruno, Alberto e Santiago.
PARADELA 4 - 0 CHANTADA B
SD Chantada B: Manuel, Jónathan, Martín De Arriba, Iago, Guerreiro, Cabo, Martín García, Efrén, Alejandro, David e Jordi. Tamén xogaron Aldán, Miguel, Manuel, José Raúl e Íker.
Goles: Alejo, José e David (2) para os locais.
SEGUNDA GALICIA SUR |
---|
San Roque | 1-0 | Guntín |
Río Sil | 0-1 | Milagrosa |
Oural | 2-1 | Becerreá |
SP Lucense | 1-1 | Lemos B |
Carballedo | 1-0 | Brollón |
Ferreira | 2-1 | San Lázaro |
Corgo | 0-6 | Friol |
Paradela | 4-0 | Chantada B |
Próxima xornada
San Roque | - | Río Sil |
Milagrosa | - | Oural |
Becerreá | - | SP Lucense |
Lemos B | - | Carballedo |
Brollón | - | Ferreira |
San Lázaro | - | Corgo |
Friol | - | Paradela |
Guntín | - | Chantada B |