Segue a pugna do Friol e o Oural, que golearon respectivamente ao pechacancelas e ao Brollón

O Spórting Lucense gañou o derbi ao San Lázaro

 

A xornada 10 non trouxo cambios á clasificación do grupo Sur, onde o Friol e o Oural seguen pugnando polo liderado, empatados s 23 puntos. Nos postos de promoción están tamén o Guntín, o Paradela e o Ferreira, que adianta ao Becerreá na clasificación.  

O Friol goleou a domicilio ao pechacancelas, o Carballedo, en Cuatro Vientos. O equipo local mantivo o tipo ao descanso (0-1) pero no segundo tempo, co paso dos minutos, foi quedando patente a diferenza entre ambos equipos. 

Cos mesmos puntos que o Friol está o Oural, que se desfixo do Brollón no partido xogado o sábado no campo da Ribela. O encontro chegou con 2-1 ao descanso, pero na segunda metade o equipo de Sarria ampliou a vantaxe no marcador para sentenciar o encontro ao seu favor. 

Terceiro é o Guntín, que onte venceu ao Milagrosa en Frigsa. A primeira metade foi moi disputada, con alternativas no xogo e no marcador por parte dos dous equipos. Foron os locais os que abriron o marcador aos 10 minutos por medio de Faustino, pero os goles posteriores de Daniel e José Francisco, por partida dobre, para o Guntín dábanlle a volta ao partido. Antes do descanso, dous tantos de Anxo, o segundo de penalti, igualaban o choque para marchar aos vestiarios cun 3-3. Na segunda metade, sen embargo, o equipo que adestra Hugo Vázquez decantou a balanza ao seu favor. 

O Paradela foi derrotado polo Corgo nun partido que chegou empatado (1-1) ao descanso. Pero un tanto en propia meta de Juan Manuel a falta de 20 minutos para o final do choque daba os tres puntos ao equipo que adestra José Antonio Abad. 

O Ferreira impúxose ao Chantada B no Baliño con goles de Rafael e Massamba e adianta na clasificación ao Becerreá, que non foi quen de pasar do empate ante o San Roque no partido xogado no campo do Polvorín. 

Consulte a clasificación aquí

MILAGROSA 3 - 5 GUNTÍN

SDC San Roque:  Iago, Nicolás, Raúl, Diego, Emilio, Pardo, Mato, Álex, Luis Alberto, Dos Santos e Manuel. Tamén xogaron Andrés, Dhomini, Elián e Gabriel. 
SD Becerreá: Iago, Héctor, Santín, Rubianes, Mouriz, Borja, José A, Ylya, Kevin, Riomao e Jesús. Tamén xogaron Damián, Christian, Rubén, Álex e Albino.  
Goles: Alejandro e Raúl para os locais e David e Álvaro para os visitantes.  

 SAN ROQUE 2 - 2 BECERREÁ

SDC San Roque:  Iago, Nicolás, Raúl, Diego, Emilio, Pardo, Mato, Álex, Luis Alberto, Dos Santos e Manuel. Tamén xogaron Andrés, Dhomini, Elián e Gabriel. 
SD Becerreá: Iago, Héctor, Santín, Rubianes, Mouriz, Borja, José A, Ylya, Kevin, Riomao e Jesús. Tamén xogaron Damián, Christian, Rubén, Álex e Albino.  
Goles: Alejandro e Raúl para os locais e David e Álvaro para os visitantes.  

RÍO SIL 2 - 1 LEMOS B

CD Río Sil: Víctor, Pablo, Xavier, Javier, Manuel, Ángel, Ismael, Lucas, Carlos, Alejandro e David. Tamén xogaron Esteban, Diego, Juan, Manuel e Adrián.  
Club Lemos B: Daniel, Manuel, Martín, Jorge, Álex, Abderazzak, Nicolás, Luis Alexander, Daniel, Ulises e Iago. Tamén xogaron Alejandro, Iago e Adrián.  
Goles: Ángel e Ismael para os locais e Alejandro para os visitantes.  

OURAL 5 - 1 BROLLÓN

CD Oural: Marcos, Manuel, Arias, Farelo, Iván, Rubén, Alejandro, Sergio, Díaz, Miguel e Óscar. Tamén xogaron Monir, Jorge, Iván e Marcos Barrio. 
CD Brollón: Daniel, David, Pablo, Iván, Samuel, Jorge, Alberto, Maikel, Rivera, César e José Miguel. Tamén xogaron Adrián, Hugo, David e Aarón.  
Goles: Alejandro Cayuela (2), Diego (2) e Iván para os locais e César para os visitantes.  

SP LUCENSE 3 - 0 SAN LÁZARO

Spórting Lucense: Ismael, Jorge, Brian, Rubén, David, Mujib, Jesús, Kevin, Zoumana, Luis F e Daniel. Tamén xogaron Alberto, Expósito e Roi.  
SD San Lázaro: Alejandro, Yeray, Juan M, Adrián, Picatto, Rubén, Yelko, Borja, Julio, Pablo e Saúl. Tamén xogaron José e Héctor.  
Goles: Mujib, Zoumana e Alberto para o Spórting Lucense.  
Árbitro:
José Adrián Rodríguez. 

CARBALLEDO 0 - 6 FRIOL

Carballedo CF: Francisco, Adrián, Diego, Noé, Roberto C, Pereira, López, José Luis, Sergio, Heber e David. Tamén xogaron Martín, Antonio, Manuel Otero e Manuel Gómez.  
Friol CF:
Brais, Marcos, Adrián, Pablo, Miguel, Óscar, Santiago, Bruno, Alberto, Diego e Isaac. Tamén xogaron Aitor, Jesús, Alberto, Víctor e Rafael.  
Goles: Alberto (3), Bruno, Óscar e Marcos para o Friol. 

FERREIRA 2 - 0 CHANTADA B

Ferreira CF: Víctor, Marcos, Jónatan, David, Carlos, Massamba, Julio Alberto, Adrián, Luis, César e Marcos. Tamén xogaron Rafael, Alfonso, Édgar, Álvaro e Juan Luis.  
SD Chantada B:  Manuel, Jónathan, Martín, Cristian, Martín García, Raúl, Alejandro, Brais, David, Jordi e Aldán. Tamén xogaron Iago, Manuel, Íker e David M. 
Goles:  Rafael e Massamba para o Ferreira. 

CORGO 2 - 1 PARADELA

CD Corgo: José Gabriel, César, Guijarro, Pablo, Arias, Willian, Jónathan, Iago, Daniel, Sebastián e Andrés. Tamén xogaron Brais, Diego e Rafael.  
SD Paradela:
Eros, Esteban, Carlos, Hugo, Francisco, Efrén, José María, David, Adrián, Raúl e Juan Manuel. Tamén xogaron Alonso, José Alberto e Javier.  
Goles: Corgo: Guijarro (de penalti) e Juan Manuel (en propia meta). Paradela: Juan Manuel. 

 

SEGUNDA GALICIA SUR

Resultados xornada 10

Milagrosa 3-5 Guntín
San Roque 2-2 Becerreá
Río Sil 2-1 Lemos B
Oural 5-1 Brollón
SP Lucense 3-0 San Lázaro
Carballedo 0-6 Friol
Ferreira 2-0 Chantada B
Corgo 2-1 Paradela

Próxima xornada

Milagrosa - San Roque
Becerreá - Río Sil
Lemos B - Oural
Brollón - SP Lucense
San Lázaro - Carballedo
Friol - Ferreira
Chantada B - Corgo
Guntín - Paradela