O Iberia esvara co San Ciprián

O resto de equipos de arriba venceron e todos conservan os postos de play off

O Pastoricense enfrontouse esta fin de semana a un equipo difícil de bater na súa casa, o Alfoz, pero logrou levarse os tres puntos mantendo sempre a iniciativa no xogo e con posesión de balón. O local só se achegou unha vez na primeira parte e o líder marcou antes do intermedio. Na segunda non cambiou nada e o visitante meteu o segundo tanto nunha gran xogada.

Derrota do Iberia pola mínima no derbi da Mariña, ante un San Ciprián no que destacou o labor do porteiro para parar as continuas chegadas do equipo de Reinante, que tivo moitas ocasións, pero a sorte non lle sorriu. Foi o equipo de Cervo o que marcou antes, na primeira parte e o gol da vitoria estivo nas botas de Miguel, nunha vaselina a un minuto do final. 

Pola mínima venceu o Vilalbés B esta fin de semana ao Candelaria grazas a un gol que chegou na primeira metade. Resultado que avala ao equipo de Vilalba para quedar na zona de play off. Partido sen grandes ocasións para ningún dos dous. O gol da vitoria foi un remate de Gabriel no punto de penalti de cabeza despois dun saque de banda. O Candelaria dispuxo dunha oportunidade de empatar pero o porteiro visitante parouna. O equipo mariñao meteu varios balóns á área na segunda metade, pero sen acerto.

O Folgueiro completou a sesión sumando unha nova vitoria ante o Roupar, o último clasificado, e fíxoo cun 0-2. Moita igualdade nun partido onde os dous equipos foron fieis ao seu estilo e que estivo moi disputado. O Folgueiro dispuxo de ocasións e o Roupar colocouse atrás para contraatacar e xerar perigo.

O Cabreiros tamén sumou os tres puntos. O Mondoñedo puxo moitas ganas, de feito necesita puntuar para afastarse do descenso, pero en dúas accións o equipo de Xermade adiantouse e foron superiores no verde.   

Xornada de derbi na Terra Chá, entre dous vellos inimigos, Cospeito e Muimenta. O visitante fíxose co control do xogo despois dunha gran ocasión, que parou o porteiro local. Non pasou apuros na primeira parte, que rematou cun gol a favor. Foi mellor o equipo de Kubala na segunda parte, que chegou a estar con tres tantos de vantaxe, antes do único do Muimenta.

O Pontenova tamén sacou os tres puntos cun resultado claro ante a Comercial (3-1), pero foi o visitante o que marcou primeiro despois de varias ocasións, nunha xogada de contraataque. Empatou antes da pausa e na segunda parte os locais saíron mal, pero pouco a pouco foise igualando a contenda  e nun contraataque marcaron o segundo xa preto do final. Completaron o resultado cun terceiro para asegurar a vitoria.

Consulta a clasificación aquí

ROUPAR 0 - 2 FOLGUEIRO

SDC Roupar: Víctor, Alejandro R, Carlos, Xosé, Esteban, Fernando, Alejandro F, Miguel, Santiago, Diego P e Diego S. Tamén xogaron Abdourahmane e Marcos.
UD Folgueiro: Javier, Álvaro, Sergi, Marcos P, Manuel, Marcos C, Pablo, Zeus, David, Ismael e Ángel B. Tamén xogaron Óscar D, Óscar L, Juan e Ángel C.
Goles: Gol en propia porta e Marcos P polos visitantes.
Árbitro: Jorge Michelena Grandío.

ALFOZ 0 - 2 PASTORICENSE

CD Alfoz: Flavio, Ángel, Ayoub, Javier S, Pablo P, Juan, Miguel, David, Julián, José María e Pablo G. Tamén xogaron Jacobo, Javier C e Rubén.
UD Pastoricense: Carlos, Diego L, Iago A, Adrián, Brais, Martín, Manuel, Adrián, Daniel, Eduardo e Iván. Tamén xogaron Iago F, Borja, Cristian e Diego G.
Goles: Daniel e Cristian polos visitantes.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

MONDOÑEDO 0 - 2 CABREIROS

Mondoñedo Ciudad: Adrián, Iván L, Miguel, Javier, Manuel V, Diego R, Iván S, Ignacio, Oliver, Daniel e Manuel N. Tamén xogaron Jacobo, David, Christian, Diego G e Ibán.
SDC Cabreiros: Paulino, Sergio D, David, Francisco, Cristian, José, Joan, Alejandro, Sergio H, José e Alberto. Tamén xogaron Mohamed, Manuel, Said e Mateo.
Goles: Sergio H e Joan polos visitantes.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez

PONTENOVA 3 - 1 COMERCIAL

SP Pontenova: Gabriel, Óscar, Marcos G, Francisco, David, Adrián, Hugo S, Héctor, Marcos M, Borja e Brayan. Tamén xogaron Dany, Álvaro, Diego, Hugo M e Iván.
SG Comercial: Joshua, Marcos, Julio, Carlos P, Javier D, Manuel, Cristian, Javier B, Francisco, Yeray e Juan. Tamén xogaron Álvaro, Martín, Carlos R, David e Mohamed.
Goles: 2 de Marcos M e Francisco polos locais. Julio polos visitantes.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

MUIMENTA 1 - 3 COSPEITO

CSD Muimenta: Javier N, Alejandro B, Iago, Julio, Javier M, José, Antón, Pablo, Jesús, Jairo e Miguel M. Tamén xogaron Miguel A, Francisco, Manuel, Alejandro D e Fran.
CD Cospeito: Alberto, Carlos, Diego, Jesús F, Xesús, Manuel, Adrián, Noel, Xoan, Francisco e Raúl. Tamén xogaron Álex, Yoseph, Alejandro, Rui e Jesús A.
Goles: Alejandro D polos locais. Jesús F, Adrián e Xoán polos visitantes.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

IBERIA 1 - 2 SAN CIPRIÁN

Iberia CF: Alonso, Miguel, Carlos, Mario, Marcos, Bachir, Ángel, Samuel, Adrián R, Adrián G e Daniel. Tamén xogaron Jonatan, Jordane, Antón e Javier.
CD San Ciprián: Javier, Iván, Daniel, Rodrigo, Claudemir, Adilson, Joao, Hugo, Borja, Antón e Bruno .Tamén xogaron Giobane, Miguel e Izan.
Goles: Adrián R polos locais. Adilson e Miguel polos visitantes.
Árbitro: Borja Bran López.

XERMADE 3 - 1 ABADÍN

ACD Xermade: Juan, Hugo, Oliverio, Francisco, Iván, Diego, Alberto, Dan, Sergio, Pedro e Esteban. Tamén xogaron Anxo, Andrés, Ayrton e Miguel.
Abadín CF: Cristian, Ángel, Miguel, Pedro, Eloy, Noé I, Pablo, Noé G, David, Antonio e José. Tamén xogaron Rubén e Iago.
Goles: Sergio (2) e Andrés polos locais e Ángel polos visitantes.
Árbitro: Vicente Castro Rico.

CANDELARIA 0 - 1 VILALBÉS B

SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Semedo, Pablo, Daniel, Miguel, Roberto, Carlos, Rafael, Rui e Azael. Tamén xogaron Jorge, Simón e Raúl.
Rácing Club Vilalbés B: Edgar, Brais, Hugo X, David, Anxo, Carlos L, Gabriel, Samuel, Alfredo, Hugo L e Hugo B. Tamén xogaron Miguel, Diego L, Carlos F, Diego F e Víctor.
Gol: Gabriel polos visitantes.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

Resultados xornada 25

Roupar 0 2 Folgueiro
Alfoz 0 2 Pastoricense
Mondoñedo 0 2 Cabreiros
Pontenova 3 1 Comercial
Muimenta 1 3 Cospeito
Iberia 1 2 San Ciprián
Xermade 3 1 Abadín
Candelaria 0 1 Vilalbés B

Próxima xornada

Pastoricense - - Folgueiro
Cabreiros - - Alfoz
Comercial - - Mondoñedo
Cospeito - - Pontenova
San Ciprián - - Muimenta
Abadín - - Iberia
Vilalbés B - - Xermade
Candelaria - - Roupar