O Iberia sobe á primeira praza

Como o Pastoricense, que ten os mesmos puntos, aproveitou o empate do Vilalbés B

Cambio na parte alta da táboa. O Iberia entra no único posto de ascenso directo por unha diferencia mínima en número de goles ante o Pastoricense. Ámbolos dous aproveitaron o empate do Vilalbés B para sumar tres puntos que os empuxan á parte alta. Un único gol de Jonathan, contra o Abadín, no ecuador do segundo tempo deulle a vitoria ao local que é o menos goleado do grupo.

O Pastoricense ocupa xa o segundo posto da táboa despois da súa vitoria sobre o Folgueiro, que defendía o seu posto no grupo de play off e que mantén malia a derrota. Ao final, un apertado 1-2 deulle os tres puntos logo de ser os visitantes os encargados de abrir o marcador. Non tardou o Folgueiro en empatar e na segunda Martín puxo o gol da vitoria no marcador, malia as protestas do adestrador local.

O Xermade foi o encargado de sacar ao Vilalbés B do posto de ascenso directo xa que os dous empataron. Foi o equipo de Vilalba o que abriu a caixa, xa no primeiro tempo por medio do xuvenil Migui logo de varias ocasións dos verdivermellos xa que os locais non inquietaron.

Mantiveron a vantaxe ata avanzada a segunda parte, cando o Xermade marcou o gol, de falta, que cambiou o conto e deixou aos visitantes cun punto que non lles valía para seguir arriba, xa que deixaron ir varias oportunidades.

O San Ciprián coouse no grupo de play off logo de vencer a un Muimenta que entra na zona vermella. Os mariñaos abriron a caixa dos goles no minuto 9 de penalti e non foi ata o segundo tempo que seguiron sumando. 

O Pontenova subiu ata a sexta praza logo de vencer ao Cospeito, que queda dous por debaixo. Partido desigual co primeiro tanto dos locais de penalti na primeira parte. Despois do empate sempre foron por diante. Importante vitoria para o Mondoñedo, que sae da zona de descenso logo de superar á Comercial nos últimos minutos.

O Roupar, pola súa conta, obtivo os primeiros tres puntos da tempada despois de derrotar ao Candelaria por 2-0. Houbo que esperar á segunda metade para que abriran a quenda de goles, Marcos nada máis regresar da pausa. Completou o resultado Fernando a 4 minutos do final cun penalti. Na zona morna quedan o Alfoz e o Cabreiros, na que o equipo da Mariña venceu ao de Xermade.

Consulta a clasificación aquí

 FOLGUEIRO 1 - 2 PASTORICENSE

UD Folgueiro: Jorge, Álvaro, Sergi, Iago, Marcos, Pedro, Pablo, Ismael, Alejandro, Óscar D e Ángel. Tamén xogaron Manuel , Óscar P e Óscar L. 
UD Pastoricense: Carlos, Diego G, Iago, Adrián L, Martín, Adrián S, Eduardo, Iván, Borja, Raúl e Iago. Tamén xogaron Cristian, Brais, Daniel, Diego L.
Goles: Iago polo local. Borja e Martín polo visitante.
Árbitro: Borja Bran López.

ALFOZ 2 - 1 CABREIROS

CD Alfoz: Flavio, Rubén R, Ángel, Marcos, Walter, Augusto, Ayoub, Julián D, Juan, Julián I e Pablo G. Tamén xogaron Rubén C, Javier, Pablo P, Miguel e Alexis. 
SDC Cabreiros: Andrés, Sergio D, David, Francisco, José M, Marcos, Mateo, Sergio C, Joan, Alejandro e Jordano. Tamén xogaron Sergio H, Brais e Manuel.
Goles: 2 de Walter polo local. Sergio C polo visitante.
Árbitro: Fernando Fernández López.

MONDOÑEDO 3 - 2 COMERCIAL

Mondoñedo Ciudad: Adrián, Christian, David, Denís, Alejandro, Manuel V, Diego P, Oliver, Ibán, Iván e Manuel N. Tamén xogaron Javier, Juan, Diego B e Antonio.
SG Comercial: Joshua, Iván, Martín, Christian, Jonathan, Carlos, Manuel, Cristian, Francisco J, Álvaro e Juan J. Tamén xogaron José, Javier e Alejandro.
Goles: Alejandro, Javier e Manuel polo local. Juan J de penalti e Francisco J polo visitante.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

PONTENOVA 4 - 2 COSPEITO

SP Pontenova: Gabriel, Francisco, Marcos G, Adrián, David G, Marcos M, Hugo S, Hugo M, Ioan, Borja e Brayan. Tamén xogaron David A e Óscar.
CD Cospeito: Alberto, José Carlos, Diego, David, Xesús, Alejandro, Adrián, Francisco, Christian, Jesús e Raúl. Tamén xogaron Rui, Pablo, Martín, Antón e Sergio.
Goles: Borja de penalti, Brayan e 2 de Hugo polo local. Francisco e Diego polo visitante.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

MUIMENTA 1 - 4 SAN CIPRIÁN

CSD Muimenta: Javier, Daniel, Julio José, Alberto, Fran, Julio, Miguel, Francisco, Jesús, Jairo e Miguel. José, Javier, Yeray e Rubén.
CD San Ciprián: Javier, Adilson, Deonildo, Rodrigo, Claudemir H, Xoel, Joao, Bruno, Borja, Antón e Diego. Tamén xogaron Daniel, Álvaro, Miguel e Iván.
Goles: Miguel polo local. Borja, 2 de Antón e Xoel polo visitante.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

IBERIA 1 - 0 ABADÍN

Iberia CF: Alonso, Daniel V, Marcos P, Borja, Bachir, Adrián, Daniel P, Samuel, David, Ángel e Sorge. Tamén xogaron Miguel, Jonatan, Carlos, Jordane e Marcos R.
Abadín CF: Cristian, Diego, Ángel, Miguel, Pedro, Rubén P, Noé I, Vicente, Noé G, Alejandro e Iago. Tamén xogaron Rubén V e Iván.
Goles: Jonatan polo local.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

XERMADE 1 - 1 VILALBÉS B

ACD Xermade: Ángel, Mario, Oliverio, Francisco, Alfonso, Hugo, Anxo, Andrés, Sergio, Pedro e Mario. Tamén xogou Ayrton.
Rácing C. Vilalbés B: Edgar, Alejandro, Daniel, Anxo, Gabriel, Diego, Miguel, Alfredo Hugo Xabier, Hugo e Carlos. Tamén xogaron Christian e Luis.
Goles: Andrés polo Xermade e Miguel polo Vilalbés B.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

ROUPAR 2 - 0 CANDELARIA

SDC Roupar: Francisco, Alejandro, Carlos,Xosé, Sergio, Fernando, Alejandro, Víctor, Santiago, Diego e Marcos. Tamén xogaron Adrián, Youssef e Gonzalo.
SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Semedo, Pablo, Daniel, Miguel, José Carlos, Rui, Azael, e Hugo. Tamén xogaron Raúl, Joao e Silverio.
Goles: Marcos e Fernando de penalti.
Árbitro: Jonathan Losada Menacho.

 

Resultados xornada 11

Folgueiro 1 2 Pastoricense
Alfoz 2 1 Cabreiros
Mondoñedo 3 2 Comercial
Pontenova 4 2 Cospeito
Muimenta 1 4 San Ciprián
Iberia 1 0 Abadín
Xermade 1 1 Vilalbés B
Roupar 2 0 Candelaria
Próxima xornada
Pastoricense - - Roupar
Cabreiros - - Folgueiro
Comercial - - Alfoz
Cospeito - - Mondoñedo
San Ciprián - - Pontenova
Abadín - - Muimenta
Vilalbés B - - Iberia
Candelaria - - Xermade