O Meira reponse da derrota

O Folgueiro golea ao Roupar e mantén a presión de cara ás últimas xornadas. O Iberia vence no derbi local fronte ao Celta Barreiros

O Meira volveu esta fin de semana ante Fonsagrada á xeira das vitorias logo da derrota sufrida a semana pasada ante o Iberia. Os visitantes adiantáronse ao cuarto de hora por medio de Pedro, pero os locais lograban darlle a volta ao marcador antes do descanso grazas aos goles de Javier, Rubén e José Luis. Na segunda metade, de novo Pedro devolvía a emoción ao partido, ata que José Luis, de penalti a falta de 5 minutos para o final, sentenciaba o choque. O calendario enfronta ao equipo que adestra Ramón Labrada, que mantén 3 puntos de vantaxe á fronte da táboa, co Xermade, o Alfoz, o Muimenta e o Roupar. 

Segue á espera dun tropezo do líder o Folgueiro, que o sábado goleou ao Roupar en Boa Vista. Os do Vicedo resolveron o partido na segunda metade, despois de que o choque chegara con 0-0 ao descanso. Zeus foi o encargado de abrir o marcador para os locais e a partir de aí os de Manuel Vicente López xogaron máis cómodos con espazos a medida que o Roupar tivo que arriscar máis. 

Tamén gañou o Iberia, o equipo revelación desta segunda volta, que se impuxo ao Celta Barreiros no derbi local xogado no campo do Cascabeiro. Abriu o marcador Adrián Rodríguez no minuto 35 e ampliou a vantaxe xusto antes de marchar aos vestiarios Jordane, que sería o encargado de poñer a sentenza xa na segunda metade. 

En postos de play off de ascenso está tamén o Cospeito, que esta fin de semana gañou ao Castro B grazas aos goles de Alejandro Rábade, que fixo o 1-0 xusto antes do descanso, e de Xoán, na segunda metade. 

O enfrontamento directo entre o Guitiriz e o Candelaria quedou en táboas, xa que ningún dos dous equipos foi quen de marcar nos 90 minutos. Con este resultado, os chairegos avantaxan en 6 puntos aos mariñaos, que perden opcións de meterse no play off.

A posición de descenso corresponde ao Goiriz, que caeu derrotado no seu campo polo Xermade.

Consulte a clasificación aquí

FOLGUEIRO 5 - 0 ROUPAR

UD Folgueiro: Jónathan, Ángel, Sergi, Iago, Marcos, Iván, Pedro, Zeus, Javier, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Manuel, Pablo, Aarón e Lisvaldi.  
SDC Roupar: Francisco, Alejandro Ramos, Esteban, Fernando, Víctor, Édgar, Diego Paredes, Alejandro Fresco, Manuel, Diego Seco e Andrés.  
Goles: Zeus, Sergi, Pedro (2) e Manuel para o Folgueiro.  

COMERCIAL 3 - 1 MUIMENTA 

SG Comercial: Joshua, Iván, Marcos, Francesc, Jónathan, Carlos, José Antonio, Brandán, Manuel, Francisco e Arturo. Tamén xogaron Javier Díaz, José e Pablo.  
CSD Muimenta: Javier Alonso, Alejandro, Manuel, Cristian, Rubén, Julio, Eduardo, Javier Morán, Jorge, Yeray e Jairo. Tamén xogaron Samuel, Daniel e Pablo.  
Goles: Jónathan, Arturo e Brandán para os locais e Jorge para os visitantes.  

CABREIROS 3 - 0 ALFOZ

SDC Cabreiros: Paulino, Sergio, Alejandro Seco, Alejandro Paniagua, David, Saúl, José Gato, José Adega, Marcos, José M e Sergio. Tamén xogaron Borja, Mateo e Brais.  
CD Alfoz: Flavio, Borja, Ángel, Ayoub, Julián, Daniel Méndez, Adrián, Augusto, Daniel Jiménez, Álvaro e Pablo. Tamén xogaron Javier, Miguel e Aderito.   
Goles: Sergio, José M e Brais para o Cabreiros.  

GOIRIZ 0 - 2 XERMADE

CD Goiriz: Marcos, José Manuel, Miguel, Iván, Nicolás, Santiago, Xoel, Alejandro, Rubeb, Cristian e David. Tamén xogaron Francisco e Adrián.  
ACD Xermade: Juan, Antonio, Iván, Francisco, Alfonso, Pedro, Marcos, Joan, Brais, Eyoub e Esteban. Tamén xogaron Hugo, Diego, Mario e Nahum.  
Goles: Alfonso e Hugo para o Xermade.  
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado. 

MEIRA 4 - 2 FONSAGRADA 

Meira CF: Xabier, Diego, Marcos, Mateo, Javier, José Luis, Iago, Rubén, Iván, Alberte e Kevin. Tamén xogaron Javier, Marcos, Jesús María, Xosé Xesús e David.  
Fonsagrada Balompé: Jorge, Igor, Gabriel, Diego, Carlos Maciñeiras, Pedro, Javier, Silbán, David, Iván e Yago. Tamén xogaron Kevin, Martín e Manuel.  
Goles: Javier, Rubén e José Luis (2) para os locais e Pedro (2) para os visitantes.  

BARREIROS 0 - 3 IBERIA  

Celta Barreiros: Iago, Miguel Cayón, Rubén, Ismael, Miguel Yanes, Jhoseba, Alejandro López, Jorge, Álex, Iván e Adrián. Tamén xogaron Gustavo, Joao, Alejandro Goyos, Henry e Germán.    
Iberia CF: Javier, David, Miguel, Arón, Marcos Pernas, Bachir, Prieto, Adrián García, Jordane, Ángel e Adrián Rodríguez. Tamén xogaron Jorge, Antón, Rañón e García.  
Goles: Adrián Rodríguez e Jordane (2).  

COSPEITO 0 - 0 CASTRO B       

CD Cospeito: Alberto, Diego, David, Xesús, Jesús, Martín, Alejandro, Adrián, Daniel, Xoán e Manuel. Tamén xogaron Francisco, Jesús Anido, Christian, José Carlos e Rui.  
CD Castro B: Álvaro, Joel, Miguel, Diego, Mateo, Pablo, Alejandro, Iván, Raúl, Borja e Noé. Tamén xogaron Raúl, Francisco, Alberto, Iago e Iván.  
Goles: Alejandro e Xoán para o Cospeito.  
Árbitro: Yago Amil Castro. 

CANDELARIA 0 - 0 GUITIRIZ

SD Candelaria: Xesús, Lavilson, Jorge L, Pablo, Raúl Lara, Raúl Reigosa, Hugo, Eric, José Carlos, Daniel e Evandro. Tamén xogaron Iván, Rafael Alexandre e Roberto.  
Guitiriz SD: Jesús, Iván Ansede, Mauro, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús, Miguel Ángel, Diego, Erik e Adrián. Tamén xogaron Iñaki, Óscar, David e Miguel.  
Árbitro: Virgilio Polo Díaz.
Campo: A Granda. 

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 26

Folgueiro 5-0 Roupar
Comercial 3-1 Muimenta
Cabreiros 3-0 Alfoz
Goiriz 0-2 Xermade
Meira 4-2 Fonsagrada
Barreiros 0-3 Iberia
Cospeito 2-0 Castro B
Candelaria 0-0 Guitiriz

Próxima xornada

Guitiriz - Folgueiro
Roupar - Comercial
Muimenta - Cabreiros
Alfoz - Goiriz
Xermade - Meira
Fonsagrada - Barreiros
Iberia - Cospeito
Castro B - Candelaria