O Iberia tumba ao Meira

O Folgueiro gaña ao Muimenta e ponse a 3 puntos do liderado a falta de 5 partidos. O derbi entre o Xermade e o Cabreiros foi para os locais

A falta de 5 xornadas para o remata da competición o Meira mantén unicamente 3 puntos de vantaxe á fronte da táboa logo de perder onte nas Valgas fronte ao Iberia. O equipo de San Miguel de Reinante, que é terceiro a seis puntos do liderado, aínda non coñece a derrota este ano e encadea 8 vitorias e 1 empate nos últimos 9 partidos disputados. 

O Folgueiro gañoulle ao Muimenta no Pichón grazas a dous goles de Iago e Marcos Calvo no comezo da segunda metade. O equipo que adestra Manuel Vicente López ten opcións para o ascenso directo só se o Meira volve patinar, pois non se enfrontan entre si no que resta de tempada.

O Guitiriz, que e que esta fin de semana venceu ao Roupar no Suso Cruz, adianta posicións na táboa ao colocarse cuarto. Na primeira metade o equipo que adestra Marcos Pereiro foi quen de subir o ritmo ao encontro por momentos, xerando chegadas de perigo. Nunha delas Erik culminaba unha boa xogada colectiva para facer o 1-0. Na segunda metade o Roupar fiouno todo ao xogo directo, buscando un ritmo de partido lento e tratando de aproveitar algún erro local para empatar. Pero os de Xermade atopáronse cos goles de Mauro e Labrada que sentenciaban o choque. Xa no tempo de desconto, Edy anotaba de lanzamento de falta.  

O Cospeito empatou a uns co Candelaria na Granda e pecha o grupo de escadras con dereito a xogar a promoción de ascenso. O equipo que adestra Luis Romay  adiantouse no marcador no ecuador da primeira metade por medio de Diego Rábade, pero á volta dos vestiarios Eric facía o gol do empate para os da Mariña. Os dous equipos acabaron o partido con 10 xogadores posto que o colexiado do encontro, Raúl López Martínez, expulsou na primeira metade a Miguel, dos locais, e a Álex, dos visitantes.  

Na parte morna e xa sen nada en xogo, a Comercial gañoulle pola mínima ao Alfoz cun gol de Francesc no minuto 25 de partido.  

Consulte a clasificación aquí

GUITIRIZ 3 - 1 ROUPAR

SD Guitiriz: Jesús, Iván Ansede, Mauro, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús Lorenzo, Miguel Ángel, Erik, Antonio e Adrián. Tamén xogaron Yani, José M, Yordi, Miguel e David.  
SDC Roupar: Francisco, Ramos, Carlos, Esteban, Jacobo, Fernando, Édgar, Santiago, Fresco, Diego e Andrés. Tamén xogaron Paredes, Borja, Xoán Pablo, Manuel e Gonzalo.  
Goles: Erik, Mauro e Iván polos locais e Edy polos visitantes.  

MUIMENTA 0 - 2 FOLGUEIRO 

CSD Muimenta:  Javier, Alejandro, Manuel, Rubén, Sunday, Julio, Eduardo, Jorge, Matías, Samuel e Jairo. Tamén xogaron Javier Morán e Pablo. 
UD Folgueiro: Javier, Álvaro, Sergi, Iago, Marcos Calvo, Iván, Pedro, Pablo, Zeus, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Ángel, Javier Goás, Marcos Polo e Lisvaldi.  
Goles: Iago García e Marcos Calvo para o Folgueiro.  

ALFOZ 0 - 1 COMERCIAL

CD Alfoz: Jacobo, Borja, Rubén, Ayoub, Julián, Aderito, Juan, Augusto, Daniel, Álvaro e Pablo. Tamén xogaron Javier e Adrián. 
SG Comercial: Joshua, Marcos, Francesc, Brais, Jónathan, José Antonio, Manuel, Javier, Francisco, Alejandro e Edixon. Tamén xogaron Juan J e José Carlos.  
Goles: Francesc para os visitantes.  
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado. 
Campo: Municipal de Alfoz. 

XERMADE 1 - 0 CABREIROS

ACD Xermade: Ángel, Iván, Oliverio, Francisco, Alfonso, Joan, Brais, Pedro, Diego, Eyob e Esteban. Tamén xogaron Antonio, Hugo, Dan e Mario.  
SDC Cabreiros: Paulino, Saúl, David, Francisco, Alejandro Fernández, Daniel, Alejandro Paniagua, José Adega, Marcos, José M e Sergio. Tamén xogaron José Gato e Marco. 
Goles: Pedro para o Xermade.

FONSAGRADA 3 - 2 GOIRIZ   

Fonsagrada Balompé: Jorge, Javier, Gabriel, Yago, Javier Fernández, Pedro, Silbán, David, Igor, Diego e Iván. Tamén xogaron Kevin, Martín, Víctor e Carlos Fernández.  
CD Goiriz: Marcos, Miguel, Iván, Alejandro Pardo, Nicolás, Xoel, Borja, Rubeb, Cristian, David e Alejandro Rus. Tamén xogou Ricardo.  
Goles: Igor (2) e Yago para os locais e Xoel (2) para os visitantes.  

IBERIA 3 - 1 MEIRA  

Iberia CF: Javier, Jordane, Miguel, Pernas, Rañón, Bachir, Daniel, Adrián Torviso, Adrián Rodríguez, Jónatan e Ángel. Tamén xogaron Jorge, Daniel, David e Antón.  
Meira CF: Juan Miguel, Folgueira, Kevin, Mateo, Javier, Salgado, Iago, Rubén, Gabriel, Iván e Alberte. Tamén xogaron Diego, José Luis, Javier, Jesús María e Xosé Xesús.  
Goles: Adrián Rodríguez (3) para o Iberia e José Luis para o Meira.   

CASTRO B 1 - 0 BARREIROS          

CD Castro B: Álvaro, Raúl Cendán, Miguel, Pablo, Diego, Adrián Lorenzo, Alejandro, Iago, Iván Navia, Raúl López e Borja. Tamén xogaron Pablo, Alberto, Noé e Adrián Pérez.  
Celta Barreiros: René, David, Miguel Cayón, Rubén, Miguel Yanes, Jhoseba, Alejandro López, Jorge, Iván, Alejandro Goyos e Adirán. Tamén xogaron Álex, Germán, Joao Pedro e Henry.  
Goles: Pablo para os locais.    

CANDELARIA 1 - 1 COSPEITO

SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Raúl Lara, Raúl Reigosa, Hugo, Miguel, Eric, José Carlos, Daniel e Evandro. Tamén xogaron Adrián, Iván e Roberto.  
CD Cospeito: Alberto, José Carlos, Álex, Diego, David, Xesús, Alejandro, Adrián, Daniel, Xoán e Manuel. Tamén xogaron José, Jesús Anido, Jesús Ferreiro e Yoseph.  
Goles: Eric para os locais e Diego para os visitantes.  

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 25

Guitiriz 3-1 Roupar
Muimenta 0-2 Folgueiro
Alfoz 0-1 Comercial
Xermade 1-0 Cabreiros
Fonsagrada 3-2 Goiriz
Iberia 3-1 Meira
Castro B 1-0 Barreiros
Candelaria 1-1 Cospeito

Próxima xornada

Folgueiro - Roupar
Comercial - Muimenta
Cabreiros - Alfoz
Goiriz - Xermade
Meira - Fonsagrada
Barreiros - Iberia
Cospeito - Castro B
Candelaria - Guitiriz