O Folgueiro, fóra do obxectivo

O equipo do Vicedo empata co Candelaria e entrega 4 puntos de vantaxe ao Meira mentres o Alfoz volveu gañar despois de catro partidos sen facelo

O Meira volve respirar á fronte da táboa do grupo norte de Segunda. Despois de ver como o Folgueiro se achegaba perigosamente á cabeza, o equipo que adestra Ramón Labrada toma de novo vantaxe fronte aos do Vicedo, que encadean dous partidos consecutivos sen gañar trala derrota da semana pasada ante o Cospeito e o empate sen goles desta fin de semana co Candelaria. O líder, sen embargo, desfíxose cunha goleada do pechacancelas, o Goiriz. O partido deste sábado no campo da Lomba quedou xa decidido ao descanso cun 3-0 a favor do Meira. 

O Cospeito encadea tres vitorias consecutivas logo de vencer esta fin de semana á Comercial no campo da Fonte. O equipo que adestra Luis Romay marchou con vantaxe ao descanso por un gol en propia meta de Francesc. Na segunda metade, a falta de 20 minutos para o final, Alejandro Rábade anotaba o gol da tranquilidade para os locais. A Comercial só reduciu distancias xa no tempo engadido co partido a piques de rematar.  

Tamén o Guitiriz acumula unha boa xeira, con 4 triunfos nos 4 últimos encontros disputados. Onte gañoulle ao Xermade no Suso Cruz grazas a dous goles anotados na primeira metade, o primeiro de Erik aos 10 minutos e o segundo de Javier Ferreiro xusto antes de marchar aos vestiarios. A reacción do Xermade, obra de Oliverio, chegou a falta de 7 minutos.

Volve a entrar en postos de promoción de ascenso o Iberia, que se impuxo con moita claridade a un rival directo, o Muimenta. Un gol de Alejandro Barja en propia meta a 5 minutos do descanso descentrou ao equipo que adestra José Cendán. Arón ampliaría a vantaxe co 2-0 antes do pitido do árbitro para marchar aos vestiarios. Na segunda metade os de San Miguel de Reinante acabaron cerrando a goleada despois de que Jairo marcara para os de Cospeito.

O Alfoz gañoulle ao Fonsagrada grazas a un gol de Pablo no tempo de desconto. Os locais acabaron o partido con 9.  

Consulte a clasificación aquí

GUITIRIZ 2 - 1 XERMADE  

Guitiriz SD: Jesús, Iván Ansede, Mauro, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús Lorenzo, Miguel Ángel, Diego, Erik e  Adrián. Tamén xogaron Óscar, Miguel, Diego, José M e David.  
ACD Xermade: Ángel, Antonio, Oliverio, Francisco, Alfonso, Joan, Eyob, Diego, Brais, Nahum e Esteban. Tamén xogaron Pedro, Mario e David.  
Goles: Erik e Javier para os locais e Oliverio para os visitantes.  

FONSAGRADA 1 - 2 ALFOZ

Fonsagrada Balompé: Jorge, Gabriel, Maciñeiras, Pedro, Javier, Igor, Silbán, David, Kevin, Diego e Iván. Tamén xogaron Javier, Yago, Víctor e Martín.  
CD Alfoz:  Jacobo, Borja, Rubén, Ángel, Augusto, Luis M, Ayoub, David, Daniel, Juan e Pablo. Tamén xogaron Álvaro e Javier. 
Goles: Igor para os locais e David e Pablo para os visitantes.  
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron. 

IBERIA 6 - 1 MUIMENTA

Iberia CF: Prieto, Fernández, Marcos Pernas, Arón, Marcos Rañón, Bachir, Daniel, Adrián Torviso, Adrián Barrera, Jordane e Jorge. Tamén xogaron Miguel, Ángel, David e Jónatan.  
CSD Muimenta:  Javier, Alejandro, Manuel, Miguel, Jorge, Julio, Eduardo, Javier, Diego, Samuel e Jairo. Tamén xogaron Rubén e Yeray. 
Goles: Alejandro (en propia), Arón, Daniel, Rañón, Ángel e Barrera. Muimenta: Jairo.  

CASTRO B 6 - 0 ROUPAR  

CD Castro B: Fernando, Joel, Miguel A, Pablo, Mateo, Adrián, Alejandro, Alberto, Iván, Raúl e Borja. Tamén xogaron Adrián Fernández, Iago, Raúl Cendán e Francisco.  
SDC Roupar: Francisco Javier, Eloy, Carlos, Diego, Fernando, Xoán Pablo, Santiago, Diego, Alejandro, Manuel e Marcos. Tamén xogou Gonzalo.  
Goles: Iván Navia (4), Raúl e Borja para o Castro B.    

CANDELARIA 0 - 0 FOLGUEIRO 

SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Pablo, Raúl, Hugo, Miguel, Eric, José Carlos, Daniel e Evandro. Tamén xogaron Rafael, Iván, Adrián e Roberto.  
UD Folgueiro: Javier, Álvaro, Ángel, Sergi, Iago, Marcos, Manuel, Iván, Zeus, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Aarón, Pedro, Pablo, Javier e Jónathan.  
Árbitro:  Raúl López Martínez. 
Campo:  A Granda (Cervo).

COSPEITO 2 - 1 COMERCIAL 

CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Xesús, Alejandro, José, Daniel, Francisco, Xán e Jesús Anido. Tamen xogaron Jesús Ferreiro, Martín, Gabriel, Manuel e José Carlos.  
SG Comercial: Pablo, Francesc, Brais, Jónathan, José Antonio, Javier, Brandán, Javier Botana, Francisco, Arturo e Juan J. Tamén xogaron Carlos, Alejandro, Manuel e Gairson.  
Goles: Francesc (en propia meta) e Alejandro para os locais e Gairson para a Comercial.  

BARREIROS 1 - 1 CABREIROS    

Celta Barreiros: René, Rubén, Ismael, Miguel, Alexis, Alejandro López, Jorge, Álex, Germán, Alejandro Goyos e Adrián. Tamén xogaron Gustavo e Alejandro Domínguez.  
SDC Cabreiros: Andrés, Alejandro, José, Francisco, Paniagua, Alberto, Saúl, Marco, Daniel, José M e Sergio. Tamén xogaron Sergio, José e Mateo.  
Goles: Germán para os locais e José (de penalti) para os visitantes. 

MEIRA 5 - 0 GOIRIZ

Meira CF:  Xabier, Diego, Marcos Folgueira, Mateo, José Luis, Marcos Salgado, Rubén, Gabriel, Iván, Santiago e Kevin. Tamén xogaron Javier Cortón, Julián, Javier Vidal, Alberte e Xosé Xesús. 
CD Goiriz: Marcos, Alejandro Pardo, José Manuel, Miguel, Iván, Cristian, Alejandro Rus, Nicolás, Borja, David e Andrés. Tamén xogaron Santiago, Xoel, Ricardo, Adrián e Fidel.  
Goles:  José Luis (2), Rubén e Kevin (2). 

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 19

Guitiriz 2-1 Xermade
Fonsagrada 1-2 Alfoz
Iberia 6-1 Muimenta
Castro B 6-0 Roupar
Candelaria 0-0 Folgueiro
Cospeito 2-1 Comercial
Barreiros 1-1 Cabreiros
Meira 5-0 Goiriz

Próxima xornada

Alfoz - Xermade
Muimenta - Fonsagrada
Roupar - Iberia
Folgueiro - Castro B
Comercial - Candelaria
Cabreiros - Cospeito
Goiriz - Barreiros
Meira - Guitiriz