A tranquilidade vivida na primeira volta no grupo norte de Segunda, co Meira como claro dominador da competición, non se está a dar nesta segunda volta. Nesta terceira xornada nin o líder nin o seu inmediato perseguidor, o Folgueiro, foron capaces de lograr os tres puntos nos seus respectivos encontros.
Os de Ramón Labrada visitaron o campo da Cea, de onde voltaron un só punto. O Cabreiros, situado na parte baixa da táboa, adiantouse no marcador no minuto 37 cun gol de Francisco. Xusto antes de marchar aos vestiarios Alberte empataba o partido para o Meira, que se puña por diante no ecuador da segunda metade. Sen embargo, enseguida respondía Marcos Novo para os locais colocando o definitivo empate a dous no marcador.
Non houbo tregua no partido entre o Folgueiro e o Cabreiros, xogado en Boa Vista. Os locais adiantáronse moi cedo, cun gol de Marcos Calvo, pero os visitantes foron quen de darlle a volta ao marcador grazas aos tantos de David, Xoán e Martín superado o ecuador da primeira parte. Aarón, xusto antes de marchar aos vestiarios, facía o 2-3 co que se chegaba ao descanso, deixando o partido totalmente aberto para o segundo tempo. Trala reanudación, de novo Xoán marcaba para os de Xermade. O equipo que adestra Luis Romay soubo administrar esa vantaxe de dous goles durante toda a segunda metade. Faltando dous minutos para que se cumprira o tempo regulamentario Ángel reducía distancias para o Folgueiro, pero nada máis sacar de centro contestaba José cun gol que enfriaba definitivamente as esperanzas dos locais.
Completan os postos de promoción de ascenso o Guitiriz e o Muimenta, que gañaron pola mínima os seus partidos desta fin de semana, contra o Castro B e o Goiriz, respectivamente. No Ventiño marcou Antón nada máis comezar o partido e no Pichón Samuel cando faltaba un cuarto de hora para o remate. .
XERMADE 2 - 0 FONSAGRADA
Fonsagrada Balompé: Jorge, Martín, Diego Fernández, Carlos Maciñeiras, Pedro, Javier, Igor, Silbán, Iván, David Fernández e Kevin. Tamén xogaron Gabriel, Yago, Carlos Fernández e Manuel.
Goles: Diego e Joan para o Xermade.
ALFOZ 0 - 1 IBERIA
Iberia CF: Javier Prieto, Javier Fernández, Marcos Pernas, Arón, Marcos Rañón, Bachir, Daniel, Adrián Torviso, Diego, Adrián Barrera e Jorge. Tamén xogaron Jónatan, Ángel e David.
Goles: Adrián Barrera (penalti) para o Iberia.
MUIMENTA 1 - 0 CASTRO B
CD Castro B: Fernando, Joel, Miguel A, Pablo, Mateo, Adrián, Alejandro, Alberto, Iván, Raúl e Borja. Tamén xogaron Adrián Fernández, Raúl Cendán, Iago e Francisco.
Goles: Samuel para o Muimenta.
ROUPAR 0 - 1 CANDELARIA
SD Candelaria: Jacobo, Jorge, Pablo, Raúl Lara, Raúl Reigosa, Hugo, Miguel, Eric, José Carlos, Rafael e Evandro. Tamén xogaron Adrián e Xesús.
Goles: Miguel para o Candelaria.
FOLGUEIRO 3 - 5 COSPEITO
CD Cospeito: Alberto, José Carlos, Álex, Diego, David, Xesús, Martín, Alejandro, Adrián, Daniel e Xoán. Tamén xogaron Jesús Anido, José, Christian, Jesús Ferreiro e Gabriel.
Goles: Folgueiro: Marcos, Aarón e Ángel. Cabreiros: Xoán (2), David, Martín e José.
COMERCIAL 3 - 1 BARREIROS
Celta Barreiros: René, David, André, Rubén, Ismael, Jhoseba, Alexis, Alejandro López, Germán, Gustavo e Adrián. Tamén xogaron Youssef e Alejandro Goyos.
Goles: Brandán e Brais (2) para os locais e Germán para os visitantes.
CABREIROS 2 - 2 MEIRA
Meira CF: Xabier, Diego, Marcos Folgueira, Mateo, Javier, Kevin, Rubén, Gabriel, Iván, Alberte e Santiago. Tamén xogaron José Luis, Xosé Xesús e Marcos Salgado.
Goles: Cabreiros: Francisco e Marcos Novo. Meira: Alberte e Marcos Folgueira.
GOIRIZ 0 - 1 GUITIRIZ
Guitiriz SD: Jesús Pérez, Óscar, Iván Ansede, Mauro, Javier, Iván Morado, Antón, Jesús Lorenzo, Diego Ferreiro, Erik e José M. Tamén xogaron Miguel Ángel, Diego Castro, Yordi, Martín e Yani.
Goles: Antón para o Guitiriz.
SEGUNDA GALICIA NORTE |
---|
Xermade | 2-0 | Fonsagrada |
Alfoz | 0-1 | Iberia |
Muimenta | 1-0 | Castro B |
Roupar | 0-1 | Candelaria |
Folgueiro | 3-5 | Cospeito |
Comercial | 3-1 | Barreiros |
Cabreiros | 2-2 | Meira |
Goiriz | 0-1 | Guitiriz |
Próxima xornada
Guitiriz | - | Xermade |
Fonsagrada | - | Alfoz |
Iberia | - | Muimenta |
Castro B | - | Roupar |
Candelaria | - | Folgueiro |
Cospeito | - | Comercial |
Barreiros | - | Cabreiros |
Meira | - | Goiriz |