Logo da vitoria da semana pasada ante o Meira, o Folgueiro a piques estivo de tirar pola borda ese traballo esta fin de semana. Os do Vicedo visitaron o campo do Cascabeiro, en Barreiros, onde o Celta, penúltimo na táboa empatado a puntos co Goiriz, a piques estivo de dar a sorpresa da xornada. O equipo que adestra José Manuel Méndez Piñeirua adiantouse no marcador por medio de Ismael cinco minutos antes do descanso e tratou de aguantar o resultado na segunda metade, obrigando aos de Manuel Vicente López a empregarse a fondo. A igualada chegaría a falta dun cuarto de hora para o final, por medio de Iago, e o tanto da vitoria, obra de Pedro, cando restaban 5 minutos para o remate.
O Meira venceu con comodidade á Comercial na Lomba. Kevin abriu o marcador para os locais á media hora e, xa na segunda metade, dous goles de Rubén Vidal sentenciaban o encontro. Aínda habería tempo para o 4-0 definitivo, obra de Alberte.
Un gol de Alejandro no ecuador do primeiro tempo deulle a vitoria ao Cospeito, que é terceiro, fronte ao Roupar.
Dos equipos que se atopan en postos de play off para xogar a promoción de ascenso só perdeu o Muimenta, que foi derrotado pola mínima polo Candelaria no campo da Granda grazas a un único gol de Eric de penalti.
Tamén pola mínima gañou o Guitiriz fronte ao Fonsagrada, nun partido moi nivelado e sen un dominador claro na primeira metade. Un par de chegadas dos locais bloqueadas pola defensa visitante e un remate dende a distancia ao longueiro visitante foron os achegamentos máis perigosos. Na segunda parte o encontro foise decantando cara o Guitiriz, que tivo nos pes de Erik e Labrada adiantarse no marcador.
Cando máis cerca parecía o gol local, un erro defensivo deulle aos visitantes a súa mellor ocasión. Antón anotou finalmente o tanto da victoria do Guitiriz a 3 minutos do final do partido. .
GUITIRIZ 1 - 0 FONSAGRADA
Fonsagrada Balompé: Jorge, Gabriel, Martín, Diego, Carlos, Kevin, Javier, Carlos Fernández, Yago, Iván e David. Tamén xogaron Víctor, Igor, Ian e Manuel.
Goles: Antón para o Guitiriz.
Árbitro: Javier Pérez Prado.
IBERIA 3 - 0 XERMADE
ACD Xermade: Juan, Antonio, Oliverio, Francisco, Iván, Joan, Brais, Pedro, Diego, Nahum e Esteban. Tamén xogaron Eyob, David e Alfonso.
Goles: Arón, Jordane e Adrián para o Iberia.
CASTRO B 2 - 2 ALFOZ
CD Alfoz: Jacobo, Borja, Rubén, Ángel, Pablo, Luis M, Adrián, Augusto, Ayoub, David e Aderito. Tamén xogaron Javier, Álvaro, Juan e Julián.
Goles: Iván Navia e Miguel A para os locais e Adrián e Ángel para os visitantes.
CANDELARIA 1 - 0 MUIMENTA
CSD Muimenta: Javier, Alejandro, Manuel, Rubén, Julio, Eduardo, Jorge, Matías, Samuel, Jairo e Miguel. Tamén xogaron Javier Morán e Yeray.
Goles: Eric (de penalti) para o Candelaria.
Árbitro: José Vale Ferreira.
COSPEITO 1 - 0 ROUPAR
SDC Roupar: Francisco Javier, Carlos, David, Xosé, Esteban, Fernando, Diego, Alejandro, Diego Seco, Marcos e Andrés. Tamén xogaron Eloy, Xoán Pablo e Borja.
Goles: Alejandro para os locais.
Árbitro: Raúl López Martínez.
BARREIROS 1 - 2 FOLGUEIRO
UD Folgueiro: Jónathan, Álvaro, Iago, Marcos, Iván, Lisvaldi, Pedro, Zeus, Javier, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Manuel E, Marcos, Ángel e Pablo.
Goles: Ismael para os locais e Iago e Pedro para os visitantes.
MEIRA 4 - 0 COMERCIAL
SG Comercial: Pablo, Marcos, Francesc, Jónathan, Carlos, José Antonio, Javier Botana, Francisco, Gairson, Arturo e Juan J. Tamén xogaron Iván, Brandán, Martín, Brais e Javier Villamor.
Goles: Kevin, Rubén (2) e Alberte.
GOIRIZ 3 - 3 CABREIROS
SDC Cabreiros: Paulino, Alejandro, José Adega, Francisco, Cristian, Alberto, José Gato, Marco, Marcos, José M e Daniel. Tamén xogaron Sergio e Saúl
Goles: Borja (2) e Nicolás para os locais e Daniel Silva (2) e Sergio para o Cabreiros.
SEGUNDA GALICIA NORTE |
---|
Guitiriz | 1-0 | Fonsagrada |
Iberia | 3-0 | Xermade |
Castro B | 2-2 | Alfoz |
Candelaria | 1-0 | Muimenta |
Cospeito | 1-0 | Roupar |
Barreiros | 1-2 | Folgueiro |
Meira | 4-0 | Comercial |
Goiriz | 3-3 | Cabreiros |
Próxima xornada
Xermade | - | Fonsagrada |
Alfoz | - | Iberia |
Muimenta | - | Castro B |
Roupar | - | Candelaria |
Folgueiro | - | Cospeito |
Comercial | - | Barreiros |
Cabreiros | - | Meira |
Goiriz | - | Guitiriz |