Á espera da segunda volta

O Meira chega ao ecuador da competición como líder destacado e Muimenta e Cospeito enfrontaranse no derbi local a fin de semana

Non houbo sorpresas na última xornada da primeira volta no grupo norte, onde os tres primeiros clasificados, Meira, Folgueiro e Muimenta, saldaron os seus encontros con vitorias. 

O Meira remata a primeira volta como líder tras gañarlle ao Roupar e quitarse o mal sabor de boca da derrota ante o Muimenta no último partido antes do parón de Nadal. O encontro, disputado o sábado no Novo, foi de claro dominio visitante, xa que os de Ramón Labrada xa gañaban 0-4 ao descanso. A derrota, terceira consecutiva, prolonga a mala xeira de resultados do Roupar, que non gaña desde o 5 de novembro. 

Tamén veceu con comodidade o Folgueiro ao pechacancelas, o Goiriz, no partido xogado este sábado no Boa Vista. Os do Vicedo mantéñense en segunda posición a catro puntos da cabeza agardando un novo tropezo do líder, posto que non lles chegaría con impoñerse no enfrontamento directo da segunda volta para facerse co posto de ascenso directo.

Terceiro na táboa é o Muimenta, que esta fin de semana gañou pola mínima ao Barreiros no campo do Pichón. Os da Mariña non llo puxeron nada doado aos chairegos, que lograron a vitoria grazas a un gol de Samuel a punto de cumprirse o tempo regulamentario dun partido no que os mariñaos foron en todo momento por diante no marcador. 

A dous puntos do Muimenta vai o Cospeito, que só foi quen de sacar un punto na súa visita ao campo do Alfoz cun gol de Martin Lis xa no tempo de desconto e co partido a piques de rematar. A vindeira fin de semana o Cospeito, sen embargo, terá a oportunidade de adiantarlle na clasificación ao Muimenta se gaña o derbi. 

Tamén empatou o Iberia nas Valgas fronte ao Guitiriz, que se adiantou no marcador nada máis arrincar o choque. Os de San Miguel de Reinante, que levan 5 partidos sen gañar, lograron remontar de penalti. 

Consulte a clasificación aquí

COMERCIAL 1 - 1 CABREIROS

SG Comercial: Joshua, Marcos, Javier, Jónathan, Carlos, José Antonio, Brandán, Manuel, Javier, Arturo e Juan J. Tamén xogaron Villamor, Francesc, Francisco, Pablo e Martín.  
SDC Cabreiros: Andrés, Alejandro, José, Francisco, Cristian, Alberto, Saúl, Daniel, Marcos, José M e Sergio. Tamén xogaron Fraga, Brais e José Gato.  
Goles: Javier Botana para os locais e Sergio Cazás (de penalti) para os visitantes.  

FOLGUEIRO 3 - 0 GOIRIZ

UD Folgueiro: Jónathan, Álvaro, Sergi, Marcos, Manuel, Lisvaldi, Pablo, Javier, Aarón, Ismael e Alejandro. Tamén xogaron Marcos, Zeus, Iago e Ángel.  
CD Goiriz: Marcos, Alejandro, José Manuel, Miguel, Iván, Nicolás, Xoel, Borja, Eladio, Fidel e David. Tamén xogaron Rus, Francisco, Santiago, Adrián e Andrés.  
Goles: Álvaro, Aarón e Lisvaldi para os locais.  

ROUPAR 1 - 5 MEIRA

SDC Roupar: Francisco Javier, Ramos, Carlos, Esteban, Fernando, Santiago, Paredes, Fresco, Seco, Marcos e Andrés. Tamén xogaron Manuel, David, Eloy e Xosé.  
Meira CF: Xabier, Marcos, Mateo, Javier, José Luis, Cortón, Rubén, Gabriel, Iván, Santiago e Kevin. Tamén xogaron Alberte, Marcos, Iago, David e Sergio.  
Goles:
Santiago para os locais e Rubén (2), José Luis (2) e Javier para os visitantes.  

 MUIMENTA 4 - 3 BARREIROS

CSD Muimenta:  Javier, Álex, Manuel, Jorge, Julio, Eduardo, Morán, Muñiz, Samuel, Jairo e Miguel. Tamén xogaron Rubén, Matías e Rico. 
Celta Barreiros: René, David, Rubén Ismael, Anxo, Jhoseba, Manuel, Alejandro, Sergio, Gustavo e Adrián. Tamén xogaron Alexis, Álex, André, Domínguez e Germán. 
Goles: Jorge, Jairo e Samuel (2) para o Muimenta e Gustavo, Jhoseba e Ismael para o Barreiros. 

ALFOZ 2 - 2 COSPEITO

CD Alfoz: Jacobo, David, Rubén, Borja, Augusto, Julián, Méndez, Ayoub, Daniel, Aderito e Javier. Tamén xogaron Miguel, Juan e Daniel Jiménez.  
CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Xesús, Jesús, Alejandro, José, Adrián, Daniel e Xoán. Tamén xogaron Francisco, Martín, Paulo, José Carlos e Yoseph.  
Goles: Ayoub (2) para os locais e José e Martín para os visitantes.  

XERMADE 0 - 3 CANDELARIA

ACD Xermade: Juan, Antonio, Oliverio, Francisco, Iván, Esteban, Brais, Pedro, Hugo, Joan e Mario. Tamén xogaron Alfonso, Nahum, David e Dan.  
SD Candelaria: Jacobo, Lavilson, Jorge, Raúl, Hugo, Miguel, Eric, José Carlos, Daniel, Evandro e Pablo. Tamén xogaron Alexandre, Adrián, Roberto e Iván.  
Goles: Lavilson, Miguel e Adrián para o Candelaria.  

FONSAGRADA 0 - 0 CASTRO B

Fonsagrada Balompé: Jorge, Javier, Gabriel, Maciñeiras, Javier Fernández, Igor, Silbán, David, Kevin, Diego e Iván. Tamén xogaron Martín e Carlos Fernández.  
CD Castro B: Fernando, Ignacio, Miguel, Pablo, Mateo, Adrián, Francisco Javier, Adrián Pérez, Iván, Alberto e Borja. Tamén xogaron Iago, Corbelle, Cumbraos e Raúl.  
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.  
Campo: Municipal Gómez Besteiro. 

IBERIA 2 - 2 GUITIRIZ

Iberia CF: Prieto, Fernández, Pernas, Arón, Rañón, Bachir, Daniel, David, Adrián, Torviso e Jorge. Tamén xogaron Ángel, Diego, Miguel e Antón.  
SD Guitiriz: Jesús, Óscar, Iván Ansede, Erik, Antón, Lorenzo, Miguel Ángel, Diego, Antonio, Martín e José M. Tamén xogaron David, Diego, Yordi, Miguel e Brais.  
Goles: Adrián (2, de penalti) para os locais e Erik e Iván Ansede para os visitantes.  

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 15

Comercial 1-1 Cabreiros
Folgueiro 3-0 Goiriz
Roupar 1-5 Meira
Muimenta 4-3 Barreiros
Alfoz 2-2 Cospeito
Xermade 0-3 Candelaria
Fonsagrada 0-0 Castro B
Iberia 2-2 Guitiriz

Próxima xornada

Fonsagrada - Iberia
Xermade - Castro B
Alfoz - Candelaria
Muimenta - Cospeito
Roupar - Barreiros
Folgueiro - Meira
Comercial - Goiriz
Cabreiros - Guitiriz