O grupo norte de Segunda ten nesta primeira volta un claro dominador, o Meira, que aínda non perdeu ningún partido e camiña con paso firme cara o ascenso de categoría. Esta fin de semana o equipo que adestra Ramón Labrada gañoulle na Lomba ao Xermade con goles de Iago, Alberte e Rubén, un triunfo que permite ao Meira afianzar o liderado e distanciarse dos seus perseguidores, xa que nin o Folgueiro nin o Iberia lograron gañar os seus partidos.
O Folgueiro non pasou do empate a ceros no seu campo ante o Guitiriz, mentres que o Iberia perdeu ante o Cospeito, que adianta na táboa aos de San Miguel de Reinante e colócase terceiro.
Tampouco logrou os tres puntos o Roupar, que empatou a uns coa Comercial nas Gándaras.
A vindeira fin de semana o Roupar mídese no derbi ao Cabreiros, que nesta xornada gañoulle pola mínima ao Muimenta grazas ao acerto de Sergio Cazás, que marcou os tres goles do equipo que adestra Francisco López Rivera.
Máis cómodo foi o partido do Fonsagrada, que gañou a domicilio ao Celta Barreiros malia viaxar con bastantes baixas. Foron os ma Mariña os que se adiantaron no marcador nada máis comezar o partido por medio de Gustavo, pero pouco lle durou a vantaxe aos locais, xa que na seguinte xogada xa empatou David para devolver a igualdade ao encontro. Co 1-1 chegouse ao descanso, pero xusto antes de marchar aos vestiarios producíase a expulsión de André, que deixaba ao Celta Barreiros con inferioridade numérica para o todo segundo tempo. Cun máis sobre o campo, máis aínda nun terreo de xogo das dimensións do Cascabeiro, a segunda metade foi claramente visitante, cun acertado Pedro, autor de tres goles.
Na zona baixa, segunda vitoria consecutiva do Alfoz, que onte gañoulle ao Goiriz no Ventiño grazas a un gol de Pablo no tempo de desconto. Os de Nicolás Veiga xogaron case toda a segunda parte cun menos.
FOLGUEIRO 0 - 0 GUITIRIZ
Guitiriz SD: Martiño, Iván Ansede, Mauro, IVán Morado, Antón, Jesús, Antonio, José M, Erik e Adrián. Tamén xogaron Miguel Ángel, Óscar, Diego e Martín.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.
Campo: Boa Vista.
COMERCIAL 1 - 1 ROUPAR
SDC Roupar: Édgar, Alejandro Ramos, Carlos, David, Esteban, Fernando, Diego Paredes, Alejandro Fresco, Diego Sego, Marcos e Andrés. Tamén xogaron Víctor e Xosé.
Goles: Comercial: Brandán; Roupar: Esteban.
CABREIROS 3 - 2 MUIMENTA
CSD Muimenta: Javier, Alejandro, Manuel, Rubén, Sunday, Jorge, Julio, Eduardo, Miguel, Diego e Jairo. Tamén xogaron Jorge e Samuel.
Goles: Sergio (3) para o Cabreiros e Sunday e Sanuel para o Muimenta.
GOIRIZ 0 - 1 ALFOZ
CD Alfoz: Flavio, Borja, Rubén, Ángel, Pablo, Luis M, Álvaro, Augusto, Ayoub, Daniel e David. Tamén xogaron Adrián e Javier.
Goles: Pablo para o Alfoz.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate, que expulsou a David, do Alfoz, no minuto 57.
MEIRA 3 - 1 XERMADE
ACD Xermade: Juan, Hugo, Oliverio, Francisco, Iván, Joan, Brais, Pedro, Diego, Nahum e Antonio. Tamén xogaron Dan, David e Marcos.
Goles: Iago, Alberte e Rubén para o Meira.
Árbitro: Óscar Cabañas López.
BARREIROS 1 - 5 FONSAGRADA
Fonsagrada Balompé: Igor, Gabriel, Carlos Maciñeiras, Pedro, Javier, Kevin, Silbán, David, Martín, IVán e Yago. Tamén xogou Carlos Fernández.
Goles: Gustavo para os locais e David, Kevin e Pedro (3) para os visitantes.
COSPEITO 2 - 0 IBERIA
Iberia CF: Javier Prieto, Javier Fernández, Miguel, Arón, Marcos Pernas, Bachir, Diego, Adrián Torviso, Adrián Barrera, Ángel e Jorge. Tamén xogaron David, Daniel, Marcos Rañón, Iván e Rubén.
Goles: Francisco e Xoán para o Cospeito.
CANDELARIA 3 - 3 CASTRO B
CD Castro B: Fernando, Joel, Miguel, Pablo, Mateo, Adrián, Alejandro, Iván Corbelle, Iván Navia, Borja e Iago. Tamén xogaron Noé, Ignacio, Adrián e Raúl.
Goles: Hugo (2) e Miguel para os locais e Iago, Iván Navia e Noé para os visitantes.
SEGUNDA GALICIA NORTE |
---|
Folgueiro | 0-0 | Guitiriz |
Comercial | 1-1 | Roupar |
Cabreiros | 3-2 | Muimenta |
Goiriz | 0-1 | Alfoz |
Meira | 3-1 | Xermade |
Barreiros | 1-5 | Fonsagrada |
Cospeito | 2-0 | Iberia |
Candelaria | 3-3 | Castro B |
Próxima xornada
Folgueiro | - | Comercial |
Roupar | - | Cabreiros |
Muimenta | - | Goiriz |
Alfoz | - | Meira |
Xermade | - | Barreiros |
Fonsagrada | - | Cospeito |
Iberia | - | Candelaria |
Guitiriz | - | Castro B |