O Folgueiro sobe posicións ao gañarlle ao Muimenta, mentres Meira e Iberia empataron

O Goiriz acabou con 10 pola expulsión de Rubeb

O Meira continúa como líder do grupo norte de Segunda malia non pasar o empate na casa no partido contra o Iberia. Ningún dos dous equipos foi quen de anotar e o partido acabou co 0-0 inicial. Son os dous primeiros puntos que deixa escapar da Lomba o equipo que adestra Ramón Labrada, que a vindeira fin de semana visita o campo do Fonsagrada. 

O Folgueiro ascende posicións na táboa e pasa a ser segundo, a tres puntos do líder. O equipo do Vicedo impúxose con claridade ao Muimenta en Boa Vista. Os locais  adiantáronse no marcador cun gol de Aurelio ao cuarto de hora de xogo. Á media hora empataba Samuel Seijas para os de Cospeito, pero xusto antes de marchar ao descanso un penalti transformado por Aarón devolvía a vantaxe ao Folgueiro. A expulsión de Alejandro Barja deixaba aos visitantes cun home menos para a disputa de toda a segunda metade, na que o Folgueiro foi engrandando a diferenza até o 5-1 definitivo. 

O Roupar pasa a ser cuarto despois de empatar a ceros na casa co Guitiriz. A vindeira xornada o equipo que adestra Diego Dopico mídese a un rival directo, o Folgueiro, no Novo, mentres que o conxunto que adestra Marcos Pereiro recibe ao Candelaria no Suso Cruz.  

O Cospeito adianta ao Candelaria e colócase sexto na táboa clasificatoria, a tres puntos do Muimenta, que pecha o grupo de promoción de ascenso. O conxunto que adestra Luis Romay venceu ao equipo de Cervo grazas a un único gol marcado por David Permuy a falta de 20 minutos para o final do partido disputado na Fonte. 

O derbi entre o Cabreiros e o Xermade, disputado no campo da Cea, acabou en empate, logo dunha remonta do equipo que adestra Carlos Alberto Pena nos minutos finais. O Cabreiros chegou con vantaxe ao descanso (3-1), pero os goles de Joan no minuto 88 e de Pedro, na no tempo de desconto, levaban ao reparto de puntos.
 

Consulte a clasificación aquí

ROUPAR 0 - 0 GUITIRIZ

SDC Roupar:  Francisco, Borja, Carlos, Esteban, Fernando, Ramos, Manuel, Fresco, Santiago, Diego e Marcos. Tamén xogaron Víctor e Eloy. 
Guitiriz SD: Jesús, Yordi, Mauro, Javier, Diego, Iván, Jesús, Miguel Ángel, Ferreiro, Erik e Adrián. Tamén xogaron Óscar, David, Miguel e Yani.  
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira. 
Campo:  O Novo.

FOLGUEIRO 5 - 1 MUIMENTA

UD Folgueiro: Javier, Álvaro, Ángel, Sergi, Iago, Iván, Pedro, Pablo, Aurelio, Aarón e Ismael. Tamén xogaron Alejandro, Marcos, Zeus e Lisvaldi.  
CSD Muimenta:
Javier, Alejandro, Manuel, Cristian, Rubén, Sunday, Jorge, Eduardo, Matías, Samuel e Jairo. Tamén xogaron Julio e Javier. 
Goles:  Folgueiro: Aurelio, Aarón (de penalti), Iago e Zeus (2). Muimenta: Samuel. 

COMERCIAL 1 - 0 ALFOZ

SG Comercial: Joshua, Lucas, Iván, Brais, Carlos, José Antonio, Manuel, Javier, Francisco, Arturo e Juan J. Tamén xogaron Javier, Jónathan, Martín e Marcos.  
CD Alfoz: Flavio, Borja, Damián, Ángel, Pablo, Luis M, Álvaro, Ayoub, Rubén, Palmeiro e Méndez. Tamén xogaron Daniel, Javier e Miguel.  
Goles: Arturo para os locais.  
Árbitro: Johann Sebastian Cediel. 

CABREIROS 3 - 3 XERMADE 

SDC Cabreiros: Andrés, Saúl, Manuel, Francisco, Alejandro, Alberto, José, Marco, Marcos, José M e Sergio. Tamén xogaron Daniel, Mateo e José L.  
ACD Xermade:
Juan, Antonio, Oliverio, Alfonso, Iván, Esteban, Brais, Pedro, Joan, Nahum e Mario. Tamén xogaron Diego e Dan Ionut.  
Goles: José (de penalti) e Sergio (2) para os locais e Pedro (2) e Joan para os visitantes. 

GOIRIZ 1 - 3 FONSAGRADA

CD Goiriz:  Marcos, Alejandro Pardo, Miguel, Iván, Nicolás, Adrián, Eladio, Rubeb, Cristian, Fidel e David. Tamén xogaron Ricardo, Santiago e Alejandro Rus. 
Fonsagrada Balompé:  Jorge, Gabriel, Javier, Carlos Macilñeiras, Pedro, Javier Freijo, Igor, Silbán, David, Iván e Yago. Tamén xogaron Martín, Kevin e Carlos Freijo
Goles:
Alejandro Rus para os locais e Igor (2) e Pedro para os visitantes. 

MEIRA 0 - 0 IBERIA

Meira CF: Juan Miguel, Marcos, Mateo, Javier, José Luis, Salgado, Iago, Rubén, Gabriel, Iván e Kevin. Tamén xogaron Julián, Miguel, Jesús María e Javier Cortón.  
Iberia CF: Prieto, Javier, Miguel, Arón, Pernas, Bachir, Daniel Prieto, Daniel García, Torviso, Jordane e Barrera. Tamén xogaron Jorge, Rañón, David, Daniel Vidal e Carlos.  
Árbitro:
Alejandro Luna Méndez. 
Campo:
A Lomba. 

BARREIROS 1 - 5 CASTRO B

Celta Barreiros:  Iago, Youssef, David, André, Ismael, Manuel, Álex, Germán, Iván, Joao e Alejandro. Tamén xogaron Henry, Javier, Sergio e Roberto. 
CD Castro B: Fernando, Joel, Miguel A, Pablo, Mateo, Adrián, Gascón, Adrián, Iván Navia, Borja e Raúl. Tamén xogaron Alberto, Francisco, Diego e Álvaro.  
Goles: Youssef par aos locais e Gascón, Iván Navia (3) e Miguel A para os visitantes.  

COSPEITO 1- 0 CANDELARIA

CD Cospeito: Alberto, Álex, Diego, David, Xesús, José, Adrián, Daniel, Rui, Francisco e Xoán. Tamén xogaron Alejandro, Manuel, Martín e Paulo.  
SD Candelaria:
Xesús, Lavilson, Adrián, Raúl, Hugo, Eric, IVán, Roberto, José Carlos, Alexandre e Daniel. Tamén xogaron Simón e Silverio.  
Goles: David Permuy para os locais. 
Campo: A Fonte.  

 

SEGUNDA GALICIA NORTE

Resultados xornada 10

Roupar 0-0 Guitiriz
Folgueiro 5-1 Muimenta
Comercial 1-0 Alfoz
Cabreiros 3-3 Xermade
Goiriz 1-3 Fonsagrada
Meira 0-0 Iberia
Barreiros 1-5 Castro B
Cospeito 1-0 Candelaria

Próxima xornada

Roupar - Folgueiro
Muimenta - Comercial
Alfoz - Cabreiros
Xermade - Goiriz
Fonsagrada - Meira
Iberia - Barreiros
Castro B - Cospeito
Guitiriz - Candelaria