Sen duelo no Luis Pallín

O Oural-Friol suspendeuse pola choiva e o resto dos de arriba gañaron pola mínima

O duelo da xornada, entre Oural e Friol, no que ámbolos dous se xogaban moito, no puido celebrarse finalmente este domingo na localidade sarriá debido ao anegado que se atopaba o Luis Pallín, no que quedou claro que era imposible xogar. Tanto o líder como o equipo friolés manteñen posicións, o segundo como último clasificado na promoción.

Si xogaron o Brollón e o Paradela, con vitoria dos locais pola mínima, polo que seguirán encabezando a clasificación para os play off, agora a un punto do líder, unha semana máis. Partido de contacto con pouco fútbol debido ao mal estado no que se atopaba o campo despois das choivas. Podería ter caído a vitoria para calquera pero na segunda parte foron mellor os locais ante un Paradela que chegou con moitas baixas. O gol foi no rexeite dun córner.

O San Lázaro salvou a cuarta praza ante o Ferreira cun único gol, que chegou preto do final do duelo por medio de Yelko nunha falta directa. Para o equipo de Pantón, que fallou un penalti na primeira parte, a derrota supón que o Antas lle supera na táboa e o afasta da promoción. Os locais puideron adiantarse antes pero fallaron un penalti.

O equipo celeste recuperou o domingo a súa praza pegado á promoción facendo valer un único gol, na primeira xogada, un centro lateral de Méndez, ante o San Roque. O duelo estivo moi igualado o resto da sesión e esa primeira xogada foi a que lle valeu.

Na parte media o Incio venceu comodamente ao colista, o Spórting Lucense, por 3-0. O partido púxose de cara para os locais cun gol de Eduardo no rexeite do porteiro logo dun tiro de Michael, que foi o máis sinalado da primeira metade. A segunda parte tivo a entrada ao campo de Samuel e Weimar, que impulsaron ao equipo para xerar máis ocasións, así chegou o segundo por medio de Michael no remate dun córner e o terceiro, de Weimar, en xogada individual por banda dereita.

Na parte baixa, o Chantada B sumou a segunda vitoria consecutiva e logra saír dos postos de descenso logo de vencer ao Lemos B.  Vitoria merecida para os visitantes que empezaron tendo o dominio de balón mentres o local xogaba á contra. Foi precisamente nunha desas na que se adiantou o Lemos B na primeira parte. Na segunda, o Chantada B seguiu tendo máis posesión e o seu porteiro foi o responsable de parar unha bóla perigosa nun man a man. Despois diso, o equipo vermello deulle a volta ao marcador con dous goles, un de córner e outro logo dun centro lateral.

Consecuencia da vitoria do Chantada B foi a caída do Carballedo á zona de descenso despois de perder co Quiroga, que necesitaba esta vitoria para manterse fóra da zona de perigo. Partido moi competido o que disputaron os dous equipos cun campo rápido debido á choiva e o vento. Foi  o Carballedo o que se adiantou aproveitando unha falta, o que serviu de revulsivo para o Quiroga, que xogou ata o intermedio os mellores minutos con varias ocasións. O gol do empate chegou nunha xogada combinatoria, antes do descanso. Na segunda, puxéronse por diante nun remate despois dun saque de esquina. Foi crucial para o local a lesión do seu porteiro, que foi substituído por un xogador de campo, ao que o Quiroga intentou bater en varias ocasións antes de logralo co terceiro gol. O Carballedo foise arriba nos últimos dez minutos e achegouse cun gol no desconto.

Consulta a clasificación aquí

BROLLÓN 1 - 0 PARADELA

CD Brollón: Daniel, Iván, Óscar, David R, Miguel, Samuel, Ismael, David A, Alberto, Damián e Adrián. Tamén xogaron Nicolás, Pablo e Iago.
SD Paradela: José, Carlos, Hugo, Efrén, Diego, David, José Alberto, Alejandro, Luis, Adrián e Andrés. Tamén xogou Francisco.
Gol: Miguel no minuto 78.
Árbitro: Pedro Castro Gómez.

O INCIO 3 - 0 SP LUCENSE

O Incio Terra Brava CF: Emilio, David, Pedro, Darwin, Raúl, Marcos, Héctor, Juan David, Eduardo, Javier e Michael. Tamén xogaron Weimar, Samuel, Miguel e Abel.
Spórting Lucense: Pablo, Raúl, Jesús C, Jesús P, Daniel, Sergio, Cristian, Tomás, Zoumana, Miguel Ángel e Roi. Tamén xogaron Kevin e Noel.
Goles: Eduardo, Michael e Weimar.
Árbitro: Borja López Bran.

SAN ROQUE 0 - 1 ANTAS

SDC San Roque: Borja, Nicolás, Raúl, Emilio, Alejandro H, Elian, Luis Alberto, Manule, Anxo, Lucas e Miguel. Tamén xogaron Rubén, Alejandro F, Daniel e Luca.
SD Antas: Jesús, Félix, Iván, José, Martín R, Luís, Alejandro, Marcos, José A, José Ángel e Juan. Tamén xogaron Nicolás, Martín V, Sergio e Kevin.
Gol: José A no minuto 1.
Árbitro: José Luis Fraga Torres.

LEMOS B 1 - 2 CHANTADA B

Club Lemos B: Daniel, Carlos, Martín, Gabriel, Samuel, Iago, Brais, Anthony, José Miguel, Alejandro e César. Tamén xogaron Yeray, Jairo e Jorge.
SD Chantada B: Adrián, Iñaki, Aitor, Diego, Efrén, Antón, Pablo, David, Artai, José A e Celso. Tamén xogaron Cristian, Alejandro, Martín de A, José Raúl e Iker.
Goles: José Miguel polos locais e Diego e Celso polos visitantes.
Árbitro: Fernando Fernández López.

SAN LÁZARO 1 - 0 FERREIRA

SD San Lázaro: Borja, Juan, Mariano, Alejandro Picatto, Gabriel, Carlos, Samuel, Luis, Iván, Yelko e José. Tamén xogaron David e Alejandro G.
Ferreira CF: Álex, David, Carlos, Rafael, Jorge, Hugo, Daniel, Jorge, Luis, Miguel e Adrián. Tamén xogou Edgar.
Gol: Yelko no minuto 84. 
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

CARBALLEDO 2 - 3 QUIROGA

Carballedo CF: Víctor, Diego, Adrián, Roberto, Ramón, Antonio, Javier L, Daniel, José Luis, Víctor Manuel e Álex. Tamén xogaron Darío, Miguel, Javier R e Elías.
Quiroga FC: Marcelino, Manuel R, Brian, Luis, Iván, Manuel A, Ignacio, Álex, Javier, Leonardo e Sergio. Tamén xogaron Adrián e Andrés.
Goles: Álex (2) e Sergio (2) e Luis polo visitante.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

PALAS 0 - 1 BECERREÁ

Palas CD: Javier, Adrián V, Julio, Samuel, Martín, Julián, Lucas, Álvaro, Brais, Noel e Martín. Tamén xogaron Adrián M, Samuel, Adrián B, Ignacio e Adrián L.
SD Becerreá: Daniel, Héctor, Christian, David, Iago, Borja, Álvaro, Damián, Javier, Higinio e Jesús. Tamén xogaron Alejandro, Javier e Mario.
Gol: Higinio no minuto 56.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 

Resultados xornada 20

Oural S Friol
Brollón 1 0 Paradela
O Incio 3 0 SP Lucense
San Roque 0 1 Antas
Lemos B 1 2 Chantada B
San Lázaro 1 0 Ferreira
Carballedo 2 3 Quiroga
Palas 0 1 Becerreá
Próxima xornada
Becerreá - - Oural
Friol - - Brollón
Paradela - - O Incio
SP Lucense - - San Roque
Antas - - Lemos B
Chantada B - - San Lázaro
Ferreira - - Carballedo
Quiroga - - Palas