O Calasancio con vitoria e o Monforte con empate comezan a segunda fase polo título puntuando

O SD Chantada supera ao Calasancio B no primeiro enfrontamento da tempada mentres o Quiroga e o Chantada Atlético caen derrotados

GRUPO A1

Bo comezo para os dous equipos da provincia, que puntuaron nesta primeira xornada da segunda fase no grupo que pelexará polo título.

O Calasancio fíxose coa vitoria comodamente por 3-0 axudado pola expulsión do porteiro do Antela. O equipo marcou o primeiro tanto antes da pausa e sería na segunda cando o árbitro sacou vermella directa ao gardamallas visitante o que sen dúbida propiciou os dous goles que marcaron no segundo tempo.

Consulta a clasificación aquí

Pola súa banda, o Monforte logrou un empate na casa ante o Bosco. Foron os visitantes os primeiros en abrir a conta no minuto 35 da primeira metade. Na segunda, os monfortinos non quixeron deixar escapar a ocasión e marcaron por medio de Joel no 62 para acoller un punto para abrir o reconto.

Tiveron tamén ocasión de romper o empate xusto no tramo final cando o xogador do Bosco Alejandro Suárez foi expulsado por dobre amarela deixando ao equipo en inferioridade numérica.

CALASANCIO 3 - 0 ANTELA

CP Calasancio: Álex, Juan, David, Javier, César, Jorge, Brais M, Adrián C, Yeray, Adrián A e Youness. Tamén xogaron Eric, Brais L e Brais
Antela FC:  Andrés, Adam, Borja, Diego, Alexandre, Raúl, Izan, Breogán, Cristian, Hugo P e Hugo V. Tamén xogaron Amine, Breixo, Arón, José Ángel e Hugo R.
Goles: Adrián A (30'), Youness (61') e David (69').
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos.

MONFORTE 1 - 1 BOSCO

CF Monforte: Saúl, Héctor, David, Joel, Hugo, Daniel, Manuel D, Nicolás, Jorge, Denis e Óscar. Tamén xogou Pablo.
AD Bosco: Noel, Pablo, José Luis, Martín, Juan, Javier, Alberto, Jacobo, Anselmo, Roi e Yeray. Tamén xogaron Guillermo, Enrique, Hugo, Antonio e Alejandro.
Goles: 0-1 (35'): Jacobo. 1-1 (62'): Joel. 
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO A1

Resultados xornada 1 

Calasancio 3-0 Antela
Monforte 1-1 Bosco
A Purísima 4-1 Santa Teresiña
Ourense CF B 4-0 Cented Academy B

Próxima xornada 

Antela - Ourense CF B
Bosco - Calasancio
Santa Teresiña - Monforte
Cented Academy B - A Purísima

 

GRUPO A2

O Chantada foi o encargado de traer para a provincia de Lugo os tres puntos da xornada e fíxoo ante o Calasancio B, equipo co que se enfronta por primeira vez este ano xa que estaban en grupos diferentes na primeira fase.

Primeira parte máis equilibrada na que o primeiro tanto chegou no minuto 27 para o Chantada. Un gol en propia do Calasancio B puxo as cousas máis difíciles para os visitantes malia que marcarían para eles mesmos antes da pausa. Coa reanudación o Chantada colleu o camiño do gol e puxo distancia ata o 4-1 e malia que reaccionaron os dos Escolapios, nada puideron facer, sobre todo cando entraron dous tantos máis no tramo final.

Consulta a clasificación aquí

O Quiroga comezou esta segunda quenda da competición con derrota ante o UD Ourense. Aguantaron os locais ao rival sen problema durante a primeira metade pero na segunda, a expulsión do defensa quirogués Manuel cambiou o conto. Un minuto despois entraba o primeiro tanto dos visitantes, que completarían a conta no tempo de desconto.

Derrota cuantiosa tamén para o Chantada Atlético ante o Bosco B a domicilio, malia que no intermedio non apuntaba un final cun marcador tan diferenciado. De feito, o local abriu o marcador na media hora de partido e antes da pausa empatou o equipo chantadino, que aínda así marchou ao descanso 2-1 tras un gol na seguinte xogada.

Á volta mantivéronse parellos no marcador co Bosco marcando e o Chantada Atlético contestando do mesmo xeito. A partir do 4-3 a situación mudou e o local ampliou o marcador ante un Chantada Atlético que acudiu á cita unicamente co once inicial.

BOSCO B 8 - 3 CHANTADA ATL.

AD Bosco B: Joel, Aarón, Nikolas, Joel, Ignacio, Pablo Enzo, Adrián, Pablo, Santiago, Brian e Samuel. Tamén xogaron Unai, Jacobo, Mario, Diego e Jaider.
Chantada Atlético: Marco, Mateo, David, Iago, Bryan, Diego, Noel, Marcos, Alejandro, Martín e André.
Goles: Ignacio (2), Adrián, Joel, Unai, Jacobo e Mario (2) polo Bosco B e Diego, André e Marcos polo Chantada Atlético.
Árbitro: Renny Mazaira Rodríguez.

QUIROGA 0 - 2 UD OURENSE B

Quiroga FC: Ethan, Erik, Diego, Ignacio, Manuel, David, Brais, Sergio, Alejandro, Jesús e Mario. Tamén xogaron Pablo, Mateo, Juan e Manuel Antonio.
UD Ourense B: Xoel, Hugo, Joel, Yago, Marcos, Lucas, Izan, Adrián I, Bruno, Adrián P e Aarón. Tamén xogaron Alberto e Jaime.
Goles: Izan no minuto 50 e Bruno no 90'.
Árbitro: Óscar Cabañas López.

CHANTADA 6 - 2 CALASANCIO B

SD Chantada: Manuel, Iago, Álvaro, Pau, Alejandro, Martín, Miguel, Nicolás, Brais, Adán e Pablo. Tamén xogaron Isaac, Jonathan, Arman, Álex e Martín.
CP Calasancio B: Diego, Imad, Amadeo, Gabriel, Nevin, Issame, Álvaro, Hugo G, Gutiérrez, Isaac e Hugo L. Tamén xogaron Guillermo e Jaziel.
Goles: Nicolás, Miguel, Pablo, Pau e Álex polo Chantada, ademais dun en propia porta do rival. Imad e Isaac polo Casalancio B.
Árbitro: Iván Blanco Alonso.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO A2

Resultados xornada 1

Barco 0-0 Celanova
Pol. San Ciprián 3-6 Arenteiro B
Bosco B 8-3 Chantada Atl.
Quiroga 0-2 UD Ourense B
SD Chantada 6-2 Calasancio B

Próxima xornada 

Celanova - SD Chantada
Arenteiro B - Barco
Chantada Atl. - Pol. San Ciprián
UD Ourense B - Bosco B
Calasancio B - Quiroga