O Calasancio non decepciona cun único gol sobre o pitido final

O Monforte tamén venceu e o Chantada Atlético sumou tres puntos á custa do Quiroga, ao que superou cun 5-2

GRUPO A1

O Calasancio segue imparable no seu liderado en solitario tras vencer novamente a un dos rivais cos que compite directamente pola primeira praza, o Bosco. Só un gol foi necesario para que o Calasancio sumase unha nova vitoria, a oitava consecutiva nestas nove xornadas.

Adrián Álvarez foi o responsable do único tanto do encontro, que facilitan as cousas de cara ao ascenso cando xa leva pasado o ecuador desta segunda fase.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte tamén sumou vitoria esta fin de semana ante o Santa Teresiña nun partido no que houbo moita igualdade e tamén moitos goles concentrados no segundo tempo.

Foi o equipo local o encargado de inaugurar o marcador cun único gol aos 15 minutos de xogo. Non habería cambios importantes ata que faltaban cinco minutos para a pausa e foi expulsado o adestrador visitante por vermella directa da colexiada.

Á volta de vestiarios o Monforte abriu fenda pero non tardaría o rival en poñer o empate a dous no marcador. O local refíxose e volveu adiantarse para sobre a bucina ampliar a vantaxe a 4-2 grazas a un penalti.

MONFORTE 4 - 2 SANTA TERESIÑA

CF Monforte: Saúl, Yago, Hugo, Daniel, Joel, Nicolás, Óscar, Manuel, Adrián, Denis e Jorge. Tamén xogaron Yahya, Héctor, Alejandro e Yeray.
CDC Santa Teresiña: José, Kevin, Nicolás R, Camilo, Sergio, Marcos, Borja, Hiar, Rubén, Nico,ás H e Íker. Tamén xogaron Abraham, Ismael, Michael, Óscar e Francisco.
Goles: Joel, Jorge, Óscar e Nicolás de penalti polo local e Sergio e Rubén polo visitante.
Árbitro: Laura Correas Martínez.

CALASANCIO 1 - 0 BOSCO

CP Calasancio: Álex, Brais, César, Luis, David, Javier, Brais, Adrián C, Yeray, Adrián A e Youness. Tamén xogaron Mohamed, Oliver, Brais e Juan.
AD Bosco: Guillermo, Pablo, Martín, Javier, Jacobo, Lucas, Hugo P, Enrique, Roi, Alejandro e Enzo. Tamén xogaron Noel, José Luis, Hugo V, Yeray e Juan.
Goles: Adrián A no minuto 34.
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO A1

Resultados xornada 9

Ourense CF B 1-1 Antela
Calasancio 1-0 Bosco
Monforte 4-2 Santa Teresiña
A Purísima 1-0 Cented Academy B

 Próxima xornada

Bosco - Antela
Santa Teresiña - Calasancio
Cented Academy B - Monforte
A Purísima - Ourense CF B

 

 

GRUPO A2

O Chantada Atlético levouse os únicos tres puntos para a provincia e fíxoo á custa do Quiroga, ao que venceu por 5-2 nun partido no que foi o quirogués o que abriu o marcador no minuto 8. Pouco lle durou a ledicia, xa que André López marcou un hat trick antes do descanso que deixaba clara a tendencia de cara ao final.

Tralos vestiarios, tempo de tranquilidade ata o ecuador deste período, cando dous goles máis puxeron ao Chantada Atlético nunha cómoda posición. Finalmente o Quiroga achegaría distancias pero sen tempo para refacerse.

Consulta a clasificación aquí

Derrota para o Calasancio B, que caeu ante o líder, o UD Ourense B, por un clarísimo e contundente 5-0. Aos locais costoulles cercar aos monfortinos ao principio, pero lograron sumar o 2-0 antes da pausa. No segundo tempo non tardaron en poñer terra de por medio con dous tantos máis deixando o quinto e último para os minutos finais.

Tamén foi contundente o Barco co SD Chantada, ao que venceu por 3-0. O local marcou ao descanso cun gol de vantaxe, que dobraría aos poucos da pausa. Finalmente, a 12 minutos do final o Barco marcou o terceiro e último.

Cuarta e quinta posición, respecticamente, para os dous equipos da provincia, que están separados no taboleiro por dous puntos.

BARCO 3 - 0 CHANTADA

CD Barco: Martín Gil, Alejandro V, Martín F, David, Íker, Ignacio, Joel, Alejandro O, Richard, Rubén e Izan.
SD Chantada: Manuel, Iago, Álvaro, Pau, Alejandro, Martín G, Miguel, Nicolás, Damián, Adán e Jonathan. Tamén xogaron Álex G, Álex L, Arman, Abel e Isaac.
Goles: Joel (13'), Rubén (52') e Pablo (73').
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

UD OURENSE B 5 - 0 CALASANCIO B

UD Ourense B: Xoel, Pablo, Joel, Yago, Lucas, Bruno U, Bruno M, Adrián I, Raúl, Adrián P e Izan. Tamén xogaron Aarón, Hugo e Jaime.
CP Calasancio B: Diego R, Álvaro, Nevin, Sergio, Issame, Diego P, Amadeo, Imad, Gutiérrez, Hugo G e Hugo L. Tamén xogaron Isaac, Gabriel, Jaziel, Guillermo e Cristian.
Goles: Raúl (2), Izan (2) 3 Bruno.
Árbitro: Hugo Alcázar González.

CHANTADA ATL 5 - 0 QUIROGA

Chantada Atlético: Carlos F, Mateo, Iago, André E, Diego, Noel, Marcos, Alejandro R, Ismael, Martín e André L. Tamén xogaron Carlos L e Marco.
Quiroga FC: Ethan, Érik, Pablo, Diego, Ignacio, David, Jesús, Mateo, Manuel, Alejandro e Brais. Tamén xogaron Mario, Xoel, Manuel, Laurentino e Rafael.
Goles: André L (3), Diego e Noel polo local e Manuel e David polo Quiroga.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO A2

Resultados xornada 9

UD Ourense B 5-0 Calasancio B
Chantada Atl. 5-2 Quiroga
Arenteiro B 3-1 Bosco B
Celanova 2-0 Pol. San Ciprián
Barco 3-0 SD Chantada

Próxima xornada

Celanova - Barco
Arenteiro B - Pol. San Ciprián
Chantada Atl. - Bosco B
UD Ourense B - Quiroga
Calasancio B - SD Chantada