GRUPO A1
Dura segunda sesión para os equipos da provincia que perderon no seu segundo partido na procura do ascenso. O Calancio fíxoo no tempo de desconto mentres que ao Monforte atoróuselle moito antes.
O Calasancio visitou o feudo do Bosco e a igualdade impediu abrir o marcador para ningunha das dúas partes no primeiro tempo. O equipo dos Escolapios foi o primeiro en marcar, xa moi avanzado o partido, no minuto 69, grazas a un penalti que converteu David Castro. A 5' do final o local logrou o empate e, cando parecía que os monfortinos volverían á casa cun punto, o Bosco marcou o segundo e definitivo sobre a bucina.
Moitas máis dificultades tivo o Monforte ante o Santa Teresiña. O equipo local foi contundente no primeiro tempo, que solventou con dous goles ao seu favor. Non caeu na desidia o Monforte, que na segunda loitou para facerse cun gol que achegaba posicións, mediado o tempo regulamentario. Sen embargo, o rival subiu o definitivo 3-1 a dez minutos do final..
BOSCO 2 - 1 CALASANCIO
CP Calasancio: Álex, Brais L, Juan, Luis, César, Jorge, Youness, Javier, Éric, Adrián C e David D. Tamén xogaron Brais M, Adrián A e David R.
Goles: 0-1 (69'): David D de penalti. 1-1 e 2-1 (85' e 90'): Juan.
Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador.
SANTA TERESIÑA 3 - 1 MONFORTE
CF Monforte: Saúl, Héctor, David, Joel, Hugo, Daniel, Manuel D, Nicolás, Jorge, Adrián e Óscar. Tamén xogaron José Luis e Yahya.
Goles: 1-0 e 2-0 (22' e 33'): Rubén. 2-1 (60'): Nicolás R. 3-1 (70'): Camilo.
Árbitro: Gabriel Márquez Pérez.
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO A1 |
---|
Antela | 3-0 | Ourense CF B |
Bosco | 2-1 | Calasancio |
Santa Teresiña | 3-1 | Monforte |
Cented Academy B | 0-5 | A Purísima |
Próxima xornada
Antela | - | Bosco |
Calasancio | - | Santa Teresiña |
Monforte | - | Cented Academy B |
Ourense CF B | - | A Purísima |
GRUPO A2
No grupo da permanencia, o Calasancio B venceu ao Quiroga no primeiro enfrontamento dos equipos este ano, xa que viñan de grupos diferentes. 2-1 foi o resultado co que o equipo dos Escolapios fíxose cos tres puntos ás costas dun equipo que está pagando caro o seu debut na categoría.
Primeira parte na que os rivais mediron forzas para coñecerse. Xusto trala pausa, o Calasancio B rompeu a igualdade no marcador e non sería ata 9 minutos do final cando entrou o segundo. O Quiroga acurtou distancias cando faltaban 5 para o final.
O Chantada Atlético goleou ao Polígono San Ciprián por 6-2. Dous goles levaba de vantaxe aos dez minutos, que eran catro no intermedio, o equipo local que xa aseguraba a primeira vitoria desta segunda fase.
Xusto á volta metía o equipo chantadino o quinto antes de deixar ao rival estrearse no marcador. Tivo tempo mediada esta segunda metade de marcar o sexto nun partido que dominou.
Derrota, pola contra, do outro equipo chantadino, que caeu co Celanova pola mínima a domicilio. O único gol do encontro marcouse á volta de vestiarios tras moita igualde no verde. O SD Chantada queda polo tanto situado no medio da táboa, xunto a Chantada Atlético. Pola súa banda, Calasancio B e Quiroga están na parte baixa.
CHANTADA ATL. 6 - 2 POL. SAN CIPRIÁN
ACD Polígono San Ciprián: Anxo C, Hugo, Xián, David, Íker, Juan José, Yago, Rubén N, Rubén P, Aldo e Anxo F. Tamén xogaron Hugo, Lucas, Álex e Marcos.
Goles: Marcos (2), Diego (2), Noel e André L polo local e Juan José e Hugo polo visitante.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.
CALASANCIO B 2 - 1 QUIROGA
Quiroga FC: Ethan, Erik, Pablo, Diego, Ignacio, David, Jesús, Sergio, Mario, Alejandro e Brais. Tamén xogaron Xoel, Mateo e Manuel Antonio.
Goles: 1-0 (47'): Diego. 2-0 (71'): Imad. 2-1 (75'): Jesús.
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos.
CELANOVA 1 - 0 CHANTADA
SD Chantada: Manuel, Iago, Álvaro, Pau, Alejandro, Martín, Isaac, Miguel, Nicolás, Adán e Brais. Tamén xogaron Álex, Jonathan, Abel, Arman e Martín.
Goles: Mikael no minuto 51.
Árbitro: Juan Francisco Queija Domínguez.
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO A2 |
---|
Celanova | 1-0 | SD Chantada |
Arenteiro B | 0-4 | Barco |
Chantada Atl. | 6-2 | Pol. San Ciprián |
UD Ourense B | 8-1 | Bosco B |
Calasancio B | 2-1 | Quiroga |
Próxima xornada
Celanova | - | Arenteiro B |
Barco | - | Chantada Atl. |
Pol. San Ciprián | - | UD Ourense B |
Bosco B | - | Calasancio B |
SD Chantada | - | Quiroga |