O Calasancio xa é líder en solitario mentres o Quiroga firma a primeira vitoria da tempada

O Monforte vence de novo para poñerse nun cuádruple empate co resto dos equipos do grupo de cabeza e o Chantada Atlético lévase un punto do duelo co Barco
LPX CALASANCIO-VELLE4
photo_camera LPX CALASANCIO-VELLE4

GRUPO 1A

O Calasancio xa é líder en solitario do segu grupo tras vencer con contundencia ao Chantada por 4-0. O dobrete de Adrián, que vai tercero na listaxe de pichichis, e a intervención de Yeray e Youness incluinaron a balanza ante o equipo dos Escolapios, que reopartiu os goles en cada tempo.

O Monforte mantense no grupo de catro que pelexa pola tres prazas que restan para entrar no grupo que pelexará polo ascenso. Unha vitoria de 0-2 foi a responsable do ascenso ao quinto posto tras superar deste modo ao rúa no campo e na táboa.

Os dous goles do equipo monfortino entraron na primeira media hora do duelo.

Consulta a clasificación aquí

Primeira vitoria para o Quiroga, que venceu por 2-1 ao Ribadavia nun partido que deu comezo co primeiro tanto do equipo local e que rematou con reparto de tarxetas. Boa xornada para o equipo quirogués, que suma os primeiros tres puntos da tempada e abandona a última posición. Ao primeiro gol madrugador (3'), seguiu o segundo, no 22', e tres minutos máis tarde acurtaba distancias o rival.

Malia o cedo do partido, rematou aí a parte goleadora e o marcador manteuse estable ata que nos últimos minutos a tensión trouxo numerosas tarxetas amarelas, catro para os locais e dous para os visitantes.

O Chantada Atlético rabuñou un punto do partido co Barco tras lograr empatar nos últimos minutos un duelo no que a sorte non estivo do seu lado. Aguantaron as dúas porterías a cero ata o minuto 43, cando o Barco abriu o marcador, logrando o empate sobre o intermedio.

Na reanudación, os chantadinos meteron en propia e tardarían en lograr o empate de novo, que só lles durou dous minutos. Finalmente, a cinco do final, lograron da novo a igualdade no marcador.

 CHANTADA ATL. 3 - 3 BARCO

Chantada Atlético: Carlos F, David, Iago, André, Diego, Noel, Marcos, Alejandro, Hugo, Ismael e André. Tamén xogaron Bryan e Martín.
CD Barco: Martín, Alejandro V, Martín, David, Íker, Rubén, Alejandro O, Richard, Álex, Izan e Ignacio. Tamén xogou Manuel.
Goles: 0-1 (43'): Ignacio. 1-1 (45'): Diego. 1-2 (49'). en propia porta. 2-2 (62'): Diego. 2-3 (64'): Álex. 3-3 (85'): Bryan.
Árbitro: Abdelouadoud Butzakate.

RÚA 0 - 2 MONFORTE

CD Rúa: Elías, Ángel, Román, Pablo, Eric, Hugo, Breto, Aimar, Azael, Marcos e Iago. Tamén xogaron Brais, Guillermo, Enzo, Antonio e Álex.
CF Monforte: Saúl, Manuel, Joel, David, Hugo, Ángel, Daniel, Manuel, Nicolás, Óscar, Denis e Jorge. Tamén xogaron José Luis e Alberto.
Goles: 0-1 (10'): Óscar. 0-2 (25'): Denis.
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos

CALASANCIO 4 - 0 CHANTADA

CP Calasancio: Álex, Brais L, Juan, Luis, César, Jorge, Brais A, Brais M, Yeray, Adrián e Eric. Tamén xogaron David D, Youness e Javier.
SD Chantada: Manuel, Iago, Álvaro, Pau, Abel, Alejandro, Isaac, Miguel, Damián, Brais e Arman. Tamén xogaron Pablo, Jonathan e Martín.
Goles: Yeray (19'), Adrián (28' e 60') e Youness (71'). 
Árbitro: Óscar Cabañas López.

QUIROGA 2 - 1 RIBADAVIA

Quiroga FC: Ethan, Érik, Diego, Fernando, Manuel R, Ignacio, Brais, Sergio, Alejandro, Jesús e David. Tamén xogaron Pablo, Mario, Mateo, Manuel Antonio e Laurentino.
Ribadavia Atlético: Oier, Álex, Rodrigo, Brais F, Brais S, Adrián, Daniel, Ismael, Iago, Julio e Mateo. Tamén xogaron Víctor Manuel, Daniel, Ismael e Borja.
Goles: 1-0 (3'): Alejandro. 2-0 (22'): Érik. 2-1 (25'): Rodrigo.
Árbitro: Óscar Cabañas López.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1A

Resultados xornada 10     

Chantada Atlético 3-3 Barco
Rúa 0-2 Monforte
UD Ourense B 1-3 Bosco
Quiroga 2-1 Ribadavia
Velle 2-0 Arenteiro
Pabellón ED Ourense 1-11 A Purísima
Calasancio 4-0 Chantada  

Próxima xornada    

Chantada Atlético  - Rúa
Monforte - UD Ourense B
Bosco - Quiroga
Ribadavia - Velle
Arenteiro - Pabellón ED Ourense
A Purísima - Calasancio
Barco - Chantada

 

GRUPO 1B

Derrota contundente do Calasancio B ante o líder da competición, o Antela, por 4-0 a domicilio. Aguantaron ben os vermellos, que encaixaron o primeiro tanto no minuto 15 deixando os outros tres para a segunda, o primeiro deles no reinicio do duelo.

Con este resultado o Calasancio B cae un posto na táboa, quedando situado no 10.

Consulta a clasificación aquí

ANTELA 4 - 0 CALASANCIO B

Anela FC: Andrés, Adam, Adrián, Borja, Diego, Alexadnre, Raúl, Felipe, Izan, Breogán e Hugo P. Tamén xogaron Xavier, Hugo V, Cristian, Amine e Hugo R.
CP Calasancio B: Diego R, Diego P, Amadeo, Nevin, Sergio, Hugo G, Hugo L, Issame, Imad, Isaac e Álvaro. Tamén xogaron Gutiérrez, Mohamed, Guillermo, Jaziel e Paulo.
Goles: Adam (15'), Alexandre (47'), Cristian (65') e Alexandre (70').
Árbitro: Juan Ramón Dapia Francisco.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1B

Resultados xornada 10

A Peroxa 2-2 Celanova
Antela 4-0 Calasancio B
A Purísima B 2-1 Polígono San Ciprián
Arenteiro B 5-1 Allariz 
Ourense CF B 2-0 Bosco B
Maceda 2-2 Barbadás   
Santa Teresiña 5-2 Cented Academy B

  Próxima xornada                   

A Peroxa  - Antela
Calasancio B - A Purísima B
Polígono San Ciprián - Arenteiro B
Allariz - Ourense CF B
Bosco B - Maceda
Barbadás - Santa Teresiña
Celanova - Cented Academy B