O Monforte supera ao Chantada Atlético con comodidade e tamén suman Calasancio e a SD

O Quiroga segue sen poder sumar os tres puntos e acumula xa oito derrotas como pechacancelas do grupo
LPX CALASANCIO-VELLE3
photo_camera LPX CALASANCIO-VELLE3

GRUPO 1A

O Calasancio mantén o seu lugar de privilexio cunha goleada sobre o Barco, equipo da zona media. Os monfortinos malia o resultado non foron os encargados de abrir a conta, xa que o Barco marcou aos dous minutos do inicio. Reaccionaron rápido os vermellos, que lle deron a volta ao marcador ata o 1-3. Xusto á volta o local volveu meter pero na seguinte xogada o Calasancio volveu tomar a dianteira con dous tantos seguidos para seguir sumando ata o 2-7 do final.

Vitoria tamén para o SD Chantada no Sangoñedo ante o Pabellón ED, o que lle permite seguir escalando na táboa. Os chantadinos comezaron dando a sorpresa a un minuto do descanso, tras unha primeira parte anodina.

Á volta, xusto no reinicio, o rival logrou igualarse e mesmo poñerse por diante pero o Chantada non os deixou ir e empatou de seguido. Tempo de tranquilidade ata o tramo final, cando entraron os dous tantos que lle deron a vitoria aos vermellos.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte non perde a esperanza de meterse no grupo de promoción e esta fin de semana deu un paso máis no seu obxectivo coa vitoria sobre o Chantada Atlético por 6-1.

Dous goles madrugadores (no 1' e no 5') sentaron as bases para o resto do duelo, no que no descanso o marcador tiña xa un 5-1 que deixaba claro o dominio local. Tras unha segunda parte sen sobresaltos, a 9 minutos do final, pechouse a conta dando os tres puntos ao local.

Derrota do Quiroga a domicilio co Arenteiro por 6-2. Primeira parte máis igualada na que o local levouse de renda dous goles.

Á volta, de seguido marcou o terceiro e o cuarto de penalti. A partir de aí, o Quiroga aproveitou para meter dous tantos seguidos, pero no tramo final, o Arenteiro recuperou terreo de novo para aumentar dous goles máis.

MONFORTE 6 - 1 CHANTADA ATL. 

CF Monforte: Pablo, Joel, David, Hugo, Ángel, Nicolás, Óscar, Daniel, Alberto, Manuel e Denis. Tamén xogaron Pablo, Yahya, Anxo, Yago e Jorge.
Chantada Atlético: Carlos F, Hugo, Iago, André, Diego, Noel, Alejandro, Ismael, Carlos, Martín e Alejandro L. Tamén xogou Marco.
Goles: Manuel (2), Óscar, Denis, Nicolás e Jorge polo Monforte e Alejandro polo Chantada Atlético.
Árbitro: Óscar Cabañas López.

CHANTADA 4 - 2 PABELLÓN

SD Chantada: Manuel, Álex, Pau, Alejandro, Martín G, Isaac, Miguel, Nicolás, Damián, Brais e Arman. Tamén xogaron Iago, Álvaro, Abel, Martín A e Pablo.
Pabellón ED Ourense: Guillermo, Dayron, Johnny, Pablo, Gabriel, Martín P, Daniel, Luis, Martín G, Iñaki e Noé. Tamén xogaron Iván, Marcos, Martín L e Alejandro.
Goles: 1-0 (44'): Damián. 1-1 (47'): Gabriel. 1-2 (51'): Daniel. 2-2 (52'): Martín G. 3-2 (76'): Abel. 4-2 (81'): Isaac.
Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador.

BARCO 2 - 7 CALASANCIO

CD Barco: Denis, Alejandro V, Martín, David, Ignacio, Joel, Alejandro O, Álex, Rubén, Izan e Gorka. Tamén xogaron Pablo, Enzo, Íker e Richard.
CP Calasancio: Álex, Brais L, Juan, Noé, César, David R, Éric, Brais M, Yeray, Adrián e David D. Tamén xogaron Youness, Brais A, Luis e Miguel.
Goles: Izan e Martín polo local e David D, Yeray (3), Brais M, Éric e Adrián polo Calasancio. 
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos.

ARENTEIRO 6 - 2 QUIROGA

CD Arenteiro: Íker, Fabrizio, Cristina, Hugo, Isaac, Daniel A, Mateo M, Javier, Íker, Daniel G e Iván. Tamén xogaron Yago, Martín, Javier e Mateo B.
Quiroga FC: Rafael, Érik, Diego, Manuel R, David, Jesús, Brais, Mateo, Mario, Xoel e Pablo. Tamén xogou Laurentino.
Goles: Javier (2), Íker, Cristian de penalti, Mateo B e Martín polo local e Manuel e Jesús polo Quiroga.
Árbitro: Javier Vázquez Álvarez.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1A

Resultados xornada 9        

Monforte 6-1 Chantada Atlético 
Bosco 5-4 Rúa
Ribadavia 0-3 UD Ourense B
Arenteiro 6-2 Quiroga
A Purísima 8-1 Velle
Chantada 4-2 Pabellón ED Ourense
Barco 2-7 Calasancio

Próxima xornada  

Chantada Atlético - Barco
Rúa - Monforte
UD Ourense B - Bosco
Quiroga - Ribadavia
Velle - Arenteiro
Pabellón ED Ourense - A Purísima
Calasancio - Chantada  

 

GRUPO 1B

Derrota do Calasancio B na casa ante A Peroxa, co que competía por posición na táboa, polo que perdeu un posto. O partido desestabilizouse no minuto 5 cando o Calasancio abriu o marcador pero este no se movería máis ata o tramo final no duelo, cun gol en propia dos locais que subiu o empate ao marcador.

Sete minutos despois aproveitaban para sumar o segundo e con iso levarse os tres puntos. Segunda derrota consecutiva para o equipo dos Escolapios que antes levaba 4 vitorias consecutivas.

Consulta a clasificación aquí

CALASANCIO B 1 - 2 A PEROXA

CP Calasancio B: Diego R, Amadeo, Álvaro, Nevin, Sergio, Hugo G, Hugo L, Issame, Imad, Gutiérrez e Isaac. Tamén xogaron Diego, Jaziel, Paulo, Gabriel e Guillermo.
A Peroxa CF: Miguel, Joel, Breogán, José Luis, Iago N, Noé, Hugo, Iago S, Iago R, Alejandro e Brais. Tamén xogaron Xián, Miguel Ángel, Francisco e Sinuhe.
Goles: 1-0 (5'): Imad. 1-1 (72'): en propia porta. 1-2 (79'): Iago N.
Árbitro: David Pérez Rodríguez.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1B

Resultados xornada 9                      

Calasancio B 1-2 A Peroxa 
Polígono San Ciprián 1-6 Antela
Allariz 5-1 A Purísima B
Bosco B 1-2 Arenteiro B
Barbadás 1-1 Ourense CF B
Cented Academy B 8-4 Maceda
Celanova 1-5 Santa Teresiña

 Próxima xornada  

A Peroxa - Celanova
Antela - Calasancio B
A Purísima B - Polígono San Ciprián
Arenteiro B - Allariz 
Ourense CF B - Bosco B
Maceda - Barbadás   
Santa Teresiña - Cented Academy B