Vitorias de Calasancio e Monforte, o que lles permite manterse preto do ascenso

Puntuou tamén o equipo B dos Escolapios, que suma o segundo triunfo e non pasa do medio da táboa. Os dous de Chantada perderon, o Atlético por goleada e a SD ante o líder
LPX CALASANCIO-BARBADÁS3
photo_camera LPX CALASANCIO-BARBADÁS3

GRUPO 1A

Nova vitoria de Calasancio e Monforte na súa carreira ao ascenso. O Monforte, pola súa conta, venceu ao Arenteiro a domicilio e fíxoo co marcador do seu lado e co primeiro gol aos cinco minutos do primeiro tempo. Aguantarían os locais o arreón ata a segunda metade, cando á vota de vestiarios encaixaron dous máis seguidos. Co 0-3 no marcador, relaxou o Monforte e foi así como o rival se achegou ata o 2-3 co que finalizou.

O Calasancio tamén xogou un partido condicionado por un gol madrugador para os monfortinos, que xa contaron con empate antes do descanso. Finalmente o gol da vitoria entraría no minuto 62. 

Con estes resultados, o Calasancio ocupa a última praza que dá dereito a loitar polo ascenso mentres que o Monforte, cos mesmos puntos, queda un lugar por baixo.

Consulta a clasificación aquí

No capítulo de derrotas, destacan a do SD Chantada na casa contra o Rúa, líder da competición invicto.  Os chantadinos aguantaron a súa portería a cero ata dous minutos antes da pausa. Pero cun gol en contra e medio partido por diante, había aínda moitas oportunidades que ao final non se producían xa que o Rúa volveu marcar de seguido da pausa e seguiu acosando a portería dos vermellos con dous tantos máis, un deles sobre a bucina.

Resultado similar para o Quiroga, que tamén encaixou 4 goles do rival, o Pabellón ED, pero a domicilio. Neste caso os lugueses foron ao descanso con dous tantos en contra e xusto á volta da pausa entrou o terceiro. Non pasarían nin dez minutos antes de que entrase o cuarto e último.

Tamén caeu derrotado amplamente o Chantada Atlético a domicilio ante A Purísima. Aguantaron os visitantes o envite dos líderes da clasificación pero marcharon ao descanso con tres en contra. Xa na segunda parte descontrolouse a conta  ata o 11-0 co que rematou. Os quirogueses seguen pechando a táboa neste ano de debut, mentres que os dous conxuntos de Chantada sobreviven na zona de abaixo.

ARENTEIRO 2 - 3 MONFORTE

CD Arenteiro: Íker R, Fabrizio, Mateo, Isaac, Hugo, Daniel A, Martín, Javier P, Alejandro, Daniel G e Iván. Tamén xogaron Alfonso, Javier F, Íker F, Borja e César.
CF Monforte: Yeray, Yago, Daniel, David, Joel, Nicolás, Óscar, Manuel, José Luis, Adrián e Manuel A. Tamén xogaron Alberto e Hugo.
Goles: 0-1 (5'): Nicolás. 0-2 (49'): Alberto. 0-3 (55'): Manuel. 1-3 (69'): Alejandro. 2-3 (86'): Íker F.
Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador.

A PURÍSIMA 11 - 0 CHANTADA ATL. 

A Purísima: Darío, Diego, Aday, Nicolás, Raúl, David, Aitor, Antón, Eugenio, Hugo e Pablo. Tamén xogaron Amadou, Nahuel, Rubén, Yelko e Yago.
SD Chantada: Carlos F, Iago, Bryan, André, Diego, Noel, Marcos, Hugo, Ismael, Carlos L e Alejandro L. Tamén xogaron Alejandro R, Martín V e Marco.
Goles: Aitor, Antón, Raúl (4), Rubén (3), Yago e Hugo.
Árbitro: Rubén Castro Fernández.

CHANTADA 0 - 4 RÚA

SD Chantada: Manuel, Iago, Álvaro, Pau, Alejandro, Martín G, Miguel, Nicolás, Damián, Brais e Adán. Tamén xogaron Álex, Isaac, Arman, Daniel e David.
CD Rúa: Brais, Román, Pablo, Antonio, Hugo, Berto, Aimar, Azael, Enzo, Ángel e Iago. Tamén xogaron Elías, Lucas, Álex, Aitor e Alexandre.
Goles: Berto (43'), Pablo (53'), Hugo (72'). Alexandre (89').
Árbitro: Pablo Cid Menor.

CALASANCIO 2 - 1 UD OURENSE B

CP Calasancio: Álex, Brais L, Juan, Juan, Javier, César, Jorge, Brais A, Brais M, Adrián A, David D e Miguel. Tamén xogaron David R, Yeray e Adrián C.
UD Ourense B: Modesto, Alberto, Joel, Pablo, Yago, Lucas, Martín, Adrián I, Diego, Izan e Bruno M. Tamén xogaron Adrián P, Raúl, Nicolás e Bruno U.
Goles: 1-0 (6'): David D. 1-1 (34'): Diego. 2-1 (62'): Adrián A. 
Árbitro: Aitor Freán Campo.

PABELLÓN ED 4 - 0 QUIROGA

Pabellón ED Ourense: Antón, Pablo, Marcos, Alejandro, Gabriel, Víctor, Martín P, Martín L, Carlos, Iñaki e Noé. Tamén xogaron Martín, Luis, Iván, Raúl e Daniel.
Quiroga FC: Ethan, Érik, Diego, Ignacio, Manuel, David, Jesús, Sergio, Mario, Alejandro e Brais. Tamén xogaron Pablo, Mateo, Xoel e Juan.
Goles: Martín (16'), Gabriel (17'), Pablo (46') e Víctor (55').
Árbitro: Javier Vázquez Álvarez.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1A

Resultados xornada 5                       

Ribadavia 0-7 Bosco
Arenteiro 2-3 Monforte
A Purísima 11-0 Chantada Atlético    
Chantada 0-4 Rúa
Calasancio 2-1 UD Ourense B
Pabellón ED Ourense 4-0 Quiroga
Barco 5-2 Velle

Próxima xornada 

Bosco - Barco
Monforte - Ribadavia
Chantada Atlético - Arenteiro
Rúa - A Purísima
UD Ourense B - Chantada  
Quiroga - Calasancio 
Velle - Pabellón ED Ourense

 

GRUPO 1B

Segunda vitoria do Calasancio B na competición ligueira sobre o Bosco B, co que comparte posición na táboa. O equipo dos Escolapios levantou un partido que se puxo en contra no minuto 1, cando encaixou o primeiro tanto. Non así, xogaron unha primeira metade na que non se atopou o oco entre os tres paus.

Empataron os monfortinos no minuto 55 aínda que o Bosco volveu coller dianteira na seguinte xogada. Os do Calasancio B volveron empatar antes de que Imad co seu dobrete da xornada dese a volta ao marcador e Gutiérrez asentase a vitoria co 2-4 final no tempo de desconto.

Consulta a clasificación aquí

BOSCO B 2 - 4 CALASANCIO B

AD Bosco B: Íker, Mario, Ignacio, Marco, Jaider, Aarón, Pablo Enzo, Unai, Pablo, Brian e Luis. Tamén xogaron Jacobo, José Ángel, Joel, Diego e Joel.
CP Calasancio B: Diego, Hugo, Mohamed, Amadeo, Sergio, Hugo G, Diego, Issame, Paulo, Gutiérrez e Isaac. Tamén xogaron Imad, Jaziel, Guillermo e Gabriel.
Goles: 1-0 (1'): Mario. 1-1 (55'): Imad. 2-1 (56'): Luis. 2-2 (63'): Isaac. 2-3 (64'): Imad. 2-4 (90'): Gutiérrez.
Árbitro: Xoel Pintos Fernández.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1B

Resultados xornada 5                                            

Allariz 0-0 Polígono San Ciprián 
Bosco B 2-4 Calasancio B
Barbadás 1-1 A Peroxa
Cented Academy B 2-3 Antela
Santa Teresiña 6-0 A Purísima B
Maceda 3-1 Arenteiro B
Celanova 1-4 Ourense CF B

 Próxima xornada                                                   

Polígono San Ciprián - Celanova
Calasancio B - Allariz
A Peroxa - Bosco B
Antela - Barbadás    
A Purísima B - Cented Academy B
Arenteiro B - Santa Teresiña
Ourense CF B - Maceda