O Calasancio perde o liderado do seu grupo xuvenil tras caer derrotado ante o Rúa

Derbi chantadino con vitoria da SD e novo triunfo do Monforte, que segue tocando os postos de clasificación, e primeiro punto do Quiroga

GRUPO 1A

O Calasancio perdeu o liderado do grupo tras caer esta fin de semana ante o Rúa por 4-1 a domicilio. Esta derrota, a primeira dos monfortinos, rompe a imbatibilidade do equipo e o deixa en terceira posición, aínda situado en postos de clasificación para o ascenso.

O conxunto dos Escolapios pagou caro os dous goles que entraron no tramo inicial do partido, que se convertiron en 4 xa antes da pausa. Baixou o pistón o Rúa e aínda que o Calasancio o intentou só puido marcar sobre o pitido final de penalti. 

Tamén houbo derbi entre os dous equipos de Chantada, con vitoria da SD por 1-4, o que lle permite a este ascender na táboa ata o posto 9. O local aguantou o arreón ata a metade do primeiro tempo pero logo tiveron que encaixar os tres primeiros goles antes da pausa. Malia que acurtaron distancias no 52', a SD tiña aínda algo máis que dicir.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte, que toca os postos de clasificación cos dedos, venceu este sábado á Purísima por 3-2 e queda en quinta posición, empatado co Calasancio a puntos pero por debaixo en goles. Difícil partido para os monfortinos, que volcaron todo o seu acerto no tramo final. O partido fixo a pausa co 0-1 no marcador  e aínda se puxo peor para os locais no minuto 70, cando encaixaron o segundo. A partir de aí reaccionaron para empatar, e sobre o pitido final marcar o gol da vitoria, que lle valeu os tres puntos.

O Quiroga sacou este domingo o primeiro punto do curso cun empate ante o Velle na casa, o que lle permite subir un posto na lista. Os debutantes na categoría fixeron unha mellor segunda parte na que as protagonistas foron as tarxetas amarelas (5 para cada equipo) e levantaron o 0-1 co que foron ao descanso. Aínda así tiveron que chegar ao minuto 78 para empatar. Dez minutos máis tarde daríanlle a volta ao marcador.

Cando os do Quiroga xa pensaban que asinaban a primeira vitoria o Velle empatou sobre o asubío final. Aínda así, supón un punto para levantar o ánimo ao equipo, que xa viu como melloraba o seu xogo. Moitas tarxetas para os xogadores, especialmente no tramo final.

MONFORTE 3 - 2 A PURÍSIMA

CF Monforte: Saúl, Yago, Daniel, David, Joel, Nicolás, Óscar, Manuel, José Luis, Adrián e Anxo. Tamén xogaron Henry e Héctor.
A Purísima: Martín, Nahuel, Raúl, Diego, Fernando, Nicolás, Raúl, David, Yelko, Yago e Rubén. Tamén xogaron Daniel, Antón, Pablo, Aday e Iago.
Goles: 0-1 (29'): Diego- 0-2 (70'): Raúl. 1-2 (78'): Davdi. 2-2 (83'): Nicolás. 3-2 (89'): David.
Árbitro: Alberto López Álvarez.

CHANTADA ATL. 1 - 4 CHANTADA

Chantada Atlético: Carlos, David, Iago, Bryan, André, Noel, Marcos, Hugo, Ismael, Carlos e Alejandro L. Tamén xogaron Diego, Martín e Alejandro R.
SD Chantada: Adrián, Iago, Brais, Álvaro, Pau, Abel, Alejandro, Martín G, Damián, Miguel e Nicolás. Tamén xogaron Álex, Adán, Arman e Martín A.
Goles: 0-1 e 0-2 (17' e 23' de penalti): Nicolás. 0-3 (28'): Alejandro. 1-3 (52'): David. 1-4 (81'): Martín.

RÚA 4 - 1 CALASANCIO

CD Rúa: Brais, Román, Pablo, Antonio, Hugo, Berto, Aimar, Azael, Enzo, Ángel e Iago. Tamén xogaron Elías, Rodrigo, Álex, Aitor e Alexandre.
CP Calasancio: Álex, Brais L, Juan, David, César, Jorge, Youness, Javier, Adrián A, Adrián C e Éric. Tamén xogaron Brais M, David, Yeray e Brais A.
Goles: 1-0 e 2-0 (6' e 9'): Hugo. 3-0 (25'): Berto. 4-0 (30'): Aimar. 4-1 (90' de penalti): David. 
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

QUIROGA 2 - 2 VELLE

Quiroga FC: Ethan, Érik, Diego, Fernando, Manuel, Ignacio, Jesús, Sergio, Alejandro, David e Brais. Tamén xogaron Mario, Pablo, Mateo e Laurentino.
CD Velle: Ángel, Mario; Cristian, Marcos, Pablo, José, Joel, Noel, David, Arturo e Diego. Tamén xogaron Joao, Brian, Hugo G e Hugo R.
Goles: 0-1 (18'): Joel. 1-1 (78'): Manuel. 2-1 (86'): Mario. 2-2 (90'): Mario.
Árbitro: Yhosep Alejandro Jorge Lagos.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1A

Resultados xornada 4             

Ribadavia 0-9 Barco 
Bosco 4-0 Arenteiro
Monforte 3-2 A Purísima
Chantada Atlético 1-4 Chantada  
Rúa 4-1 Calasancio 
UD Ourense B 13-0 Pabellón ED Ourense
Quiroga 2-2 Velle

Próxima xornada                        

Ribadavia - Bosco
Arenteiro - Monforte
A Purísima - Chantada Atlético    
Chantada - Rúa
Calasancio - UD Ourense B
Pabellón ED Ourense - Quiroga
Barco - Velle

 

GRUPO 1B

Primeira vitoria para o Calasancio B, que pola mínima fíxose cos tres puntos ante o Barbadás. Un gol de Hugo Gutiérrez foi o encargado de sacar ao equipo da parte baixa da clasificación para poñerse por riba de cinco equipos, lonxe aínda da zona de promoción.

Consulta a clasificación aquí

CALASANCIO B 1 - 0 BARBADÁS

CP Calasancio B: Diego, Amadeo, Álvaro, Nevin, Javier, Hugo G, Diego, Issame, Hugo L, Gutiérrez e Isaac. Tamén xogaron Imad, Mohamed e Gabriel.
EDC Barbadás: Marcos, Adrián, Gabriel, Pablo, Julio, Hugo, Iago, Manuel, Damián, Mauro e Andrés. Tamén xogaron Aitor, Brayan, Saúl e Diego.
Goles: Hugo Gutiérrez no 72'.
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1B

Resultados xornada 4                                                        

Allariz 3-3 Celanova
Polígono San Ciprián 1-2 Bosco B
Calasancio B 1-0 Barbadás    
A Peroxa 2-3 Cented Academy B
Antela 3-2 Santa Teresiña
A Purísima B 1-4 Maceda
Arenteiro B 1-5 Ourense CF B

 Próxima xornada                                            

Allariz - Polígono San Ciprián 
Bosco B - Calasancio B
Barbadás - A Peroxa
Cented Academy B - Antela
Santa Teresiña - A Purísima B
Maceda - Arenteiro B
Celanova - Ourense CF B