O Monforte estreouse na liga cunha goleada e suma os tres puntos, igual que o Calasancio

Desafortunado debut na competición de Quiroga e Chantada Atlético, que perderon por marcadores avultados 
chantada atletico xuvenil
photo_camera chantada atletico xuvenil

GRUPO 1A

O Monforte comezou a competición con moi bo pé xa que venceu con rotundidade ao Pabellón Ourense a domicilio por 0-6, o que os coloca no máis alto da táboa xunto ao Purísima. Destacou no duelo o labor de Adrián, que fixo un hat trick que o pon segundo na listaxe de goleadores, tras Raúl do Purísima.

Foi este o primeiro en marcar cun dobrete no primeiro tempo, resultado co que foron ao descanso. Na segunda parte o equipo veuse arriba e seguiu marcando ata o 0-6 final. Óscar tamén fixo dobrete de goles para clausurar o duelo. 

A outra vitoria da xornada foi para o Calasancio, descendido da categoría Galega, que pechou a xornada cun 3-0 ao Bosco. O Calasancio non foi quen de marcar durante o primeiro tempo e chegou ata o minuto 68 para facerse un camiño de cara á portería do rival. Tralo primeiro tanto, de Javier, Youness fixo un dobrete nos últimos dez minutos que deron tranquilidade aos de Monforte neste debut na tempada.

Desafortunado debut na categoría do Chantada Atlético, que caeu ante o Velle a domicilio. Os chantadinos fixeron un gran partido e aguantaron ao rival ata o minuto 69, cando conseguiron marcar os locais. O momento crucial dun partido que o Chantada Alético tiña controlado foi a expulsión do porteiro, Carlos Fernández, con vermella directa. Un gol de penalti a falta de dous minutos e sen porteiro non apuntaba un final fácil e de feito neses minutos finais encaixaron un póker de tantos.

O SD Chantada tampouco tivo fortuna na xornada inicial, na que caeu ante o Ribadavia por 1-2. O equipo chantadino foi por detrás todo o partido encaixando o primeiro tanto antes do descanso. Xusto á volta recibiu o segundo e aos dous minutos o Chantada acurtou distancias pero non foi quen de subir o empate ao marcador no resto da segunda metade. 

O Quiroga tamén pagou cara a inexperiencia e no seu primeiro partido oficial da tempada trala súa formación, os xuvenís caeron derrotados polo Rúa, que foi superior. O equipo visitante marcou xa o ritmo do partido nos dez primeiros minutos, nos que fixo dous goles. Malia que Alejandro acortou distancias no ecuador da primeira metade, o Rúa volveu poñer terra de por medio xusto antes do descanso. No segundo tempo, aínda encaixaron dous tantos máis.

Consulta a clasificación aquí

CALASANCIO 3 - 0 BOSCO

CP Calasancio: Álex, Brais, Juan, David, César, Javier, Brais, Jorge Antonio, Éric, Adrián C e Youness. Tamén xogaron Adrián A, David e Yeray.
AD Bosco: Guillermo, Juan, Lucas, Pablo, Jacobo, Beltrán, Javier, Hugo, Roi, Enrique e Alejandro. Tamén xogaron Noel, Antonio, Yeray, José Luis e Alberto.
Goles: Javier (68'), Youness (80' e 86').
Árbitro: Alberto López Álvarez.

 PABELLÓN ED 0 - 6 MONFORTE

Pabellón ED Ourense: Bruno, Esteban, Alejandro, Iván, Gabriel, Daniel, Víctor, Martín P, Martín L, Iñaki e Noé. Tamén xogaron Luis, Marcos, Isaic, Guillermo e Raúl.
CF Monforte: Saúl, Joel, Manuel, David, Nicolás, Óscar, Daniel, Alberto, Adrián, Anxo e Manuel. Tamén xogaron Yago, Yeray, José Luis, Hector e Alejandro.
Goles: Adrián (18, 37' e 54'), Alberto (47') e Óscar (66' e 78'). 
Árbitro: Jonathan Diéguez Novoa.

CHANTADA 1 - 2 RIBADAVIA

SD Chantada: Manuel, Iago, Brais, Álvaro, Pau, Martín, Álex, Damián, Adán, Miguel e Nicolás. Tamén xogaron Alejandro, Abel, Eloi e Isaac.
Ribadavia Atlético: Xián, Álex, Juan, Brais F, Brais S, Oier, Miguel, Iago, Julio, Carlos e Mateo. Tamén xogaron Daniel D, Daniel R, Martín, Ismael e Rodrigo.
Goles: 0-1 (36'): Julio. 0-2 (47'): Carlos. 1-2 (49'): Nicolás. 
Árbitro: Diego Otero Varela.

VELLE 4 - 0 CHANTADA ATL.

CD Velle: Miguel Ángel, Mario, Cristian, Ander, Marcos, Moisés, Hugo, Ignacio R, Noel, Joel e Diego. Tamén xogaron David, Ignacio A, Brian, Marcos e Joao.
Chantada Atlético: Carlos, Hugo, Iago, Bryan, Andre, Diego, Noel, Marcos, Ismael, Martín e Alejandro L. Tamén xogaron Alejandro R e Marco.
Goles: David (69'), Noel (83' de penalti), Cristian (85') e David (89').
Árbitro: Diego Otero Varela.

  QUIROGA 1 - 5 RÚA

Quiroga FC: Ethan, Érik, Diego, Fernando, Ignacio, Sergio, Brais, Manuel, Alejandro, Jesús e David. Tamén xogaron Pablo, Xoel, Rafael, Manuel e Laurentino.
CD Rúa: Aimar, Guillermo, Román, Hugo, Éric, Álex, Berto, Pablo, Azael, Ángel e Antonio. Tamén xogaron Brais, Iago e Alexandre.
Goles: 0-1 (3'): Éric. 0-2 (7'): Hugo. 1-2 (24'): Alejandro. 1-3 (47'): Éric. 1-4 (57'): Hugo. 1-5 (80'): Pablo.
Árbitro: Jonathan Diéguez Novoa.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1A

Resultados xornada 1                                           

A Purísima 8-1 Arenteiro
Chantada 1-2 Ribadavia
Calasancio 3-0 Bosco
Pabellón ED Ourense 0-6 Monforte
Velle 4-0 Chantada Atlético
Quiroga 1-5 Rúa
Barco 2-3 UD Ourense B

                   Próxima xornada                                                                           

Arenteiro - Barco 
Ribadavia - A Purísima
Bosco - Chantada
Monforte - Calasancio    
Chantada Atlético - Pabellón ED Ourense
Rúa - Velle
UD Ourense B - Quiroga

 

GRUPO 1B

Derrota sen paliativos do Calasancio B, que caeu na casa do Maceda por 4-0. Os monfortinos levaban dous minutos de partido cando encaixaron o primeiro tanto. Malia esta precocidade, o segundo non chegaría ata case o intermedio. Na segunda parte, o rival meteu dous tantos máis ante un Calasancio B que se presentou no partido cos xogadores xustos

Consulta a clasificación aquí

MACEDA 4 - 0 CALASANCIO B

CD Maceda: Nico, Rubén, Mario, Yago, David, Jorge, Marcos, Carlos, Hugo, Alejandro G e Jorge. Tamén xogaron Alberto, Anxo, Mario, Rubén e Alejandro P.
CP Calasancio: Diego, Issame, Nevin, Manuel, Javier, Hugo G, Diego, Jaziel, Gabriel, Isaac e Paulo. Tamén xogaou Hugo L.
Goles: Carlos (2'), Mario (39'), Carlos (59') e Marcos (83').
Árbitro: Uxía Boimorto Blanco.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL XUVENIL SUR GRUPO 1B

Resultados xornada 1                                           

Barbadás 3-1 Bosco B
Cented Academy B 2-1 Allariz
Santa Teresita 7-1 Polígono San Ciprián 
Maceda 4-0 Calasancio B
Ourense CF B 6-0 A Peroxa
Arenteiro B 0-5 Antela
Celanova 2-1 A Purísima B

                   Próxima xornada                                                                           

Bosco B - Celanova
Allariz - Barbadás
Polígono San Ciprián - Cented Academy B
Calasancio B - Santa Teresita    
A Peroxa - Maceda
Antela - Ourense CF B
A Purísima B - Arenteiro B