Sesión aciaga para os tres equipos da provincia, que volven a casa sen puntos

O Chantada mantense en postos altos da táboa malia ser derrotado mentres que o Monforte descansou nesta segunda sesión

Moi mala xornada para os equipos da provincia, que non lograron ningún punto logo de tres derrotas e o descanso do Monforte.  

Non estivo afortunado o Quiroga, que perdeu a domicilio contra o Ourense B, colocándose nos últimos postos da táboa logo de non ter puntuado aínda. 

Entre os últimos postos da táboa tamén se atopa o Calasancio B tras perder na casa contra o Arenteiro e axudar ao rival cun gol en propia porta, minutos antes do asubío final, cando xa a derrota era inevitable.

Outra mala xornada foi para o Chantada, que tamén perdeu a domiclio contra o Barbadás, o cal dominou o marcador desde os primeiros minutos.

O Chantada só logrou marcar no minuto 58 cun gol de penalti, aínda así, atópase entre os postos altos da táboa.

Consulta a clasificación aquí

QUIROGA 0 - 4 OURENSE CF B

Quiroga FC: Gonzalo, Erik M, Pablo, Diego, David A, Brais, David D, Erik L, Mario, Jesús e Xoel L. Tamén xogaron Xoel C, Manuel Antonio, Alejandro e Laurentino.
Ourense CF B: Iker, Gabriel T, Bruno, Beltrán, Gabriel R, Johnny, Román, Dayron, Iñaki, Samuel e Óscar. Tamén xogaron Alejandro, Iván, Joel, Eugenio e Pablo. 
Goles: 4 de Bruno polo Ourense.
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

BARBADÁS 4 - 1 CHANTADA

UD Barbadás: Martín, Xurxo V, Mauro, Pablo, Michael, Xurxo F, Miguel, Brais, Daniel, Edgar e Diego. Tamén xogaron Efrén, Pablo, Sau, Daniel e Alejandro.
SD Chantada:  Manuel, Álvaro, Pau Roque, Brais, Daniel, Nicolás, Damián, Ada, Álex, Iago e Hugo. Tamén xogaron David C, Isaac, Carlos, Jonathan e david R.
Goles: 2 de Daniel e 2 de Brais polo local, un deles de penalti. 1 de Nicolás polo Chantada de penalti.
Árbitro: Alejandro Alonso Sánchez.

CALASANCIO B 0 - 4 ARENTEIRO

CP Calasancio B: Francisco José, Gabriel Alexander, Nevin, Sergio, Izan, Javier, Mohamed, Mateo, Manuel, Hugo G e Hugo L. Tamén xogaron Manuel A, Álvaro, Alejandro, Issame e Gabriel A. 
CD Arenteiro:  Pablo, Fabrizio, Cristian, Hugo, Mateo, Daniel A, Iker, Diego, Iván, Alejandro e Iago. Tamén xogaron Daniel G, Martín C, Martín B e Isaac. 
Goles: Iker, Alejandro, Iván e 1 en propia porta do Calasancio. 
Árbitro: Alberto López Álvarez.

 

Resultados xornada 2

Quiroga  0 4 Ourense  CF B
A Purísima 3 0 Rúa
Barbadás 4 1 Chantada
Calasancio B 0 4 Arenteiro
Vilamartín 4 0 Cented Academy B
Monforte D Rivadabia
  D Barco

Próxima xornada 

Quiroga - - A Purísima
Rúa  - - Barbadás
Monforte - - Calasancio B
Barco - - Vilamartín
Ourense  CF B - - Cented Academy B
Ribadavia D Chantada
  D Arenteiro