Os tres equipos da provincia de Primeira debutan cunha vitoria e dous empates

En Segunda, derrotas para Calasancio B, a domicilio, e Monforte B, na casa, con marcadores avultados
infantis calasancio
photo_camera infantis calasancio

PRIMEIRA

Bo comezo de liga para os equipos infantís da provincia de Lugo que xogan na liga de Ourense. O Chantada venceu ao Purísima mentres que os dous conxuntos monfortinos empataron.

O Chantada colleitou o maior número de puntos ao sumar os tres que outorga esta primeira vitoria na casa. Foron os locais os que se puxeron por diante primeiros a través dun penalti de Mateo. Antes do descanso o Purísima empatou pero xusto á volta de vestiarios Gael fixo un dobrete que puxo ao seu equipo cunha cómoda vantaxe que se acortou nos últimos intres, cando marcou o equipo visitante.

A domicilio xogou o Monforte este sábado sumando un punto do seu empate co UD Ourense B. Trátase dun punto que soubo a pouco xa que boa parte do partido os monfortinos foron co marcador a favor, chegando a gañar 0-2, os dous goles obra de Érik. Mediada a segunda parte, o equipo local recuperouse e logrou o empate no tempo de desconto. 

Empate tamén para o Calasancio e tamén na casa pero nesta ocasión 1-1. Foi o Maceda o que abriu o marcador xa na segunda metade e os dos Escolapios sumaron o empate no tempo de desconto, grazas ao tanto de Adrián Rodríguez.

Consulta a clasificación aquí

CALASANCIO 1 - 1 MACEDA

CP Calasancio: Matías, Germán, Adrián, Roi, Carlos, Fabián, Efrén, Iván, Samuel, Martiño e Luca. Tamén xogaron Marcos, Marco, Tiago, Alejandro e Diego.
CEDC Maceda: Xurxo, Jacobo, Breogán, Manuel, Miguel, Teo, Mario, Gabriel, Pablo e Rodrigo. Tamén xogaron Xián, Éric, Lucas e Mateo.
Goles: 0-1 (42'): Jacobo. 1-1 (73'): Adrián.
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

 UD OURENSE B 2 - 2 MONFORTE

UD Ourense B: Mario, Luis, Daniel, David, Rubén, Íker, Daniel, Mateo, Hugo, Adrián, Pablo G e Pablo D. Tamén xogaron Xurxo, Martín, Anxo e Lucas.
CF Monforte: Asier, Yatlem, Alexandre, Aldara, Hugo, Uxío, Sharon, Izhar, Diego, Érik L e Lucas L. Tamén xogaron Carlos, Lucas R, Brais e Érik F.
Goles: 0-1 (22'): Érik L. 0-2 (46'): Érik L. 1-2 (51'): Mateo. 2-2 (70'): Mateo. 
Árbitro: Adrián Rodríguez Fernández.

CHANTADA 3 - 2 A PURÍSIMA

ED Chantada: Lucas, Martín, Gabriel, Adrián G, Mateo, Gael, Mario, Pablo, Piero, Yago e Adrián V. Tamén xogaron Xabier, Óscar, Isaac, André e Francisco.
CD A Purísima: Gabriel, Hugo, Lucas C, Diego, Yago, Rodrigo, Pablo, Luis, Hugo, Adrián e Fernando. Tamén xogaron Anxo, Teo, David, Juan e Lucas B.
Goles: 1-0 (17'): Mateo de penalti. 1-1 (23'): Pablo, 2-1 e 3-1 (36' e 45'): Gael. 3-2 (70'): Pablo.
Árbitro: Pablo Graña Rodríguez.
 
PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 1                                           

Pabellón ED Ourense 3-1 Rúa
UD Ourense B 2-2 Monforte
Ribadavia 1-8 Xinzo
Santa Teresita 1-7 Celanova
Arenteiro 10-2 Allariz
Bosco 7-1 Ourense CF B
Calasancio 1-1 Maceda
Chantada 3-2 A Purísima

                   Próxima xornada                                                                           

Rúa - Chantada 
Monforte - Pabellón ED Ourense
Xinzo - UD Ourense B
Celanova - Ribadavia    
Allariz - Santa Teresita
Ourense CF B - Arenteiro
Maceda - Bosco
A Purísima - Calasancio

 

SEGUNDA

O Monforte B debutou na tempada esta fin de semana na Segunda División e fíxoo con derrota na casa ante o Bosco por 0-4. O conxunto monfortino non puido xogar tampouco a semana pasada a primeira rolda da Copa por falta de xogadores e quedou eliminado.

O Bosco estivo superior dende o principio metendo o primeiro tanto aos 5 minutos de empezar. Aínda así, o equipo do Cabe mantivo posicións e aguantou sen goles ata pouco antes da pausa. Xa de volta e malia a expulsión dun xogador visitante, o equipo de Monforte non puido conter ao equipo visitante.

Consulta a clasificación aquí

O Calasancio B caeu ante o Purísima por 5-2 a domicilio nun partido no que o local foi por diante claramente e chegou ao 3-0 aos 16 minutos de xogo. Os de Monforte meteron o primeiro tanto no minuto 18, dous despois do terceiro dos locais. O segundo chegou á volta de vestiarios de penalti, que foi contestado por dous tantos máis dos locais. 

MONFORTE B 0 - 4 BOSCO

CF Monforte B: Santiago, Mateo, Hugo, Angie, Pepe, Álex G, Héctor, Pau, Álex P, Fabrizio e Raya. Tamén xogaron Adrián, Noa, Garreth, Denis e Manuel.
AD Bosco: Alejandro, Álvaro, Luis, Xabier, Rafael, Lucas, Pedro, Paulo, Jaime, Mnauel P e Javier- Tamén xogaron Alexandru, César, Manuel R e Oliver.
Goles: Oliver (5'), Rafael (31') e Alexandru (40' e 59'). 
Árbitro: Óscar Cabañas. Sacou vermella ao visitante Alejandro.

A PURÍSIMA 5 - 2 CALASANCIO B

CD A Purísima: Leonel, Liang, Martín, Pablo, Mauro, Hugo, Alexandre, Daniel M, Álex, Mateo e Daniel R. Tamén xogaron Teo, Aridane, Álvaro, Ian e José Ignacio.
CP Calasancio: Gorka, Pau, Miguel, Roi, Alejandro, Hugo, Aymen, Samuel, Markus, Jorge e Hugo. Tamén xogaron Fernando, Arnau, Marcos, Paula e Mateo.
Goles: 1-0 (9'): Daniel R. 2-0 (14'): Daniel M. 3-0 (16'). Álex. 3-1 (18'): Hugo. 3-2 (40'): Marcos de penalti. 4-2 (40'): José. 5-2 (40'): Daniel R.
Árbitro: Noa González Martínez.
 
SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 1                                           

A Purísima B 5-2 Calasacio B
Monforte B 0-4 Bosco B
Polígono San Ciprián 2-0 Arenteiro B
Pereiro Aguiar 0-1 Cented Academy
A Peroxa 1-3 Verín B
Xinzo B 5-0 Amencer
Velle 3-0 Barbadás B
Rúa B 8-2 Terras de Maside
Pabellón Ourense CF B 0-2 Pabellón ED Ourense B

                   Próxima xornada                                                                           

Calasancio B - Pabellón Ourense CF B 
Bosco B - A Purísima B
Arenteiro B - Monforte B
Cented Academy - Polígono San Ciprián    
Verín B - Pereiro Aguiar
Amencer - A Peroxa
Barbadás B - Xinzo B
Terras de Maside - Velle
Pabellón ED Ourense B - Rúa B