Só se xogou un partido a fin de semana, pendente da pasada sesión

Os dous Calasancio lideran as súas categorías dentro dos grupos que xogarán polo ascenso a segunda fase
LPI MONFORTE-CALASANCIO4
photo_camera LPI MONFORTE-CALASANCIO4

Primeira División Ourense

Sen competición na categoría nesta sesión de descanso xa que non houbo partidos pendentes. O Calasancio segue liderando o grupo invicto e cun único empate, seguido de preto por Rúa e Arenteiro. O equipo dos Escolapios busca o ascenso á Liga Galega, onde están os seus compañeiros das categorías cadete e xuvenil. O próximo rival será un equipo da zona morna, o Ourense CF.

Os outros dous lugueses están na parte baixa, o Chantada pecha a lista e o Monforte está dous puntos por riba cunha única vitoria no que vai de curso.

Consulta a clasificación aquí

 

 

Próxima xornada

Blanco Amor - - Celanova
Verín - - ED Chantada
UD Ourense B - - Monforte
Pabellón B  - - Ribadavia
Arenteiro - - Santa Teresiña
Calasancio - - Ourense CF B
Rúa - - Velle
A Purísima - - Bosco

Segunda División Ourense

Só un partido se disputou esta fin de semana, concretamente o duelo pendente da sesión anterior entre o Amencer e o Pereiro. O resultado, goleada do visitante, non afecta aos equipos da provincia, que seguen liderados polo Calasancio B, aínda invicto pero con dous empates. Terá un difícil duelo para pechar o ano, contra o Arenteiro B, un dos equipos que pelexa por manterse no grupo de ascenso dous puntos por debaixo. 

Na parte morna da táboa está o ED Calasancio, que se enfrontará un rival directo, o Barco mentres que o Monforte B, colista do grupo, recibirá ao Terras de Maside, principal rival do Calasancio B.

Consulta a clasificación aquí

 

Resultado pendente xornada 9

Amencer 0 7 Pereiro Aguiar
 
 Próxima xornada
Cented Academy - - Amencer
Monforte B - - Terras de Maside
Barco - - ED Calasancio
Velle B - - Rúa B
Arenteiro B - - Calasancio B
  D Pereiro Aguiar