Chantada e Monforte golean na Primeira para manterse xuntos no medio da táboa

Un hat trick de Érik Lugilde, do equipo monfortino, permítelle colocarse como pichichi do grupo
LPI MONFORTE-OURENSE CF B8
photo_camera LPI MONFORTE-OURENSE CF B8

Primeira

O mellor equipo da provincia segue a ser o Chantada, que goleou ao UD Ourense B a domicilio este sábado. 0-7 foi o resultado co que volveron a casa logo de iniciar o duelo un gol de Mateo, que fixo un triplete, ao igual que Gael, máximo goleador do equipo.

Non tiveron problemas os chantadinos, que dominaron o marcaron de forma abrumadora. No descanso xa estaban 0-3 e á volta xa marcaron outros dous para sentenciar, aínda que non remataron ata que faltaban 4 minutos para o asubío final.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte tamén sumou unha vitoria, 1-4 sobre o Arenteiro, e o hat trick de Érik Lugilde permítelle ao xogador poñerse no primeiro posto dos goleadores do grupo.

O Monforte marcou o primeiro gol e con el as intencións no minuto 10 e malia que empatou o rivla antes do desaccnso na segunda metade o equipo monfortino dominou o xogo. O 1-2 foi rápido e non deixou pasar moito tempo para marcar dous máis. Érik Lugilde foi o responsable de dar a vitoria ao equipo monfortino para facerse co posto de pichichi a falta de dúas xornadas para a finalización, pero Sharon rematou o resultado. Aínda que quedaba partido, o marcador non se moveu máis.

Pola contra, derrota do Calasancio ante o Celanova, un dos equipos clasificados para loitar polo ascenso. 0-3 foi o resultado, que dicía ás claras que o equipo dos Escolapios non tivo moitas opcións. Marcou distancias o visitante no minuto 5 e cinco minutos despois xa tiña o 0-2 no peto. O equipo dos Escolapios loitou pero non superou ao seu rival, que completou a conta no ecuador do segundo tempo.

ARENTEIRO 1 - 4 MONFORTE

CD Arenteiro: Brais, Bruno, Hugo, Lucas, Gerardo, Anxo, Alfonso, Diego, Enzo, Xoel e Álex. Tamén xogaron Joel, Matías, Sergio, Alexandre e Cristian.
CF Monforte: Asier, Carlos, Aldara, Hugo, Enmanuel, Uxío, Diego, Érik L, Sharon, Izhar e Brais. Tamén xogaron Álex, Lucas L e Érik F.
Goles: Cristian no minuto 38 para o local e Érik L (10', 44' e 51') e Sharon (58') para o visitante.
Árbitro: Samuel Rodríguez Rodríguez.

CALASANCIO 0 - 3 CELANOVA

CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Yoel, Roi, Germán, Luca, Fabián, Efrén, Martiño e Marco. Tamén xogaron Diego, Francisco, Mateo, Marcos e Ignacio.
EDC Celanova: Samuel, Emilio, Hugo, Pablo, Raúl D, Iago, Raúl G, Nuria, Anthony, Marcos e Yerik. Tamén xogaron Manuel A, Kevin, Gabriel, Víctor e Diego.
Goles: Yerik (5') e Raúl G (10' e 67').
Árbitro: Alberto López Álvarez.

UD OURENSE B 0 - 7 CHANTADA

UD Ourense B:  Xurxo, Luis, Mateo, Íker, Rubén, Pablo, Anxo, Gael, Marcos, Martín e Mateo. Tamén xogaron Mario, Lucas e Miguel.
ED Chantada: Xabier, Martín, Óscar, Adrián González, Mateo, Gael, Mario L, Pablo, Yago, Francisco e Adrián Gómez. Tamén xogaron Lucas, Mario, Piero, Adrián V e André.
Goles: Mateo (3), Gael (3) e Mario
Árbitro: Lucas Rial Fernández.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 28

Maceda 3-4 Ourense CF B
A Purísima 10-0 Allariz
Calasancio 0-3 Celanova
Bosco 3-1 Xinzo
Arenteiro 1-4 Monforte
Santa Teresita 1-1 Rúa
Ribadavia 0-2 Pabellón ED Ourense 
UD Ourense B 0-7 Chantada

Próxima xornada

Maceda - Chantada
Ourense CF B - A Purísima
Allariz - Calasancio
Celanova - Bosco
Xinzo - Arenteiro
Monforte - Santa Teresita
Rúa - Ribadavia
Pabellón ED Ourense - UD Ourense B

 

 

Segunda

Derrota do Monforte B nunha nova sesión. Nesta ocasión foi ante o Xinzo B, co que caeu por 3-0 grazas a un hat trick do xogador local Brais Barrios. O local marcou terreo antes da pausa e pouco despois desta o segundo tanto poñía distancia no marcador. O Monforte B seguiuno intentando pero non puido abrir oco en ningún momento.

Consulta a clasificación aquí

Goleada avultada do Calasancio B a domicilio ante o terceiro clasificado, o Rúa B. Aguantaron os monfortinos despois do primeiro gol, no minuto 6, e foron ao descanso 3-0 pero á volta de vestiarios o local apertou intensamente ata chegar a 9-0, a cinco minutos do final.

RÚA B 9 - 0 CALASANCIO B

CS Rúa B: Pablo, Guillermo, Jairo, Isabel, Adrián, Mauro, Noé, Adrián, Lucas, José e Marcos.
CP Calasancio B: Fernando, Marcos, Arnau, Mateo, Alejandro, Hugo, Aymen, Wilmer, Jorge, Samuel e Hugo B. Tamén xogaron Gorka, Miguel, Pelayo, Erea e Jorge.
Goles: Adrián (2), Paulo, José, Mauro, Guillermo (2), Marcos e Noé.
Árbitro: Yhosep Alejandro M Jorge Lagos.

XINZO B 3 - 0 MONFORTE B

EDC Xinzo B: Hugo, Aitor, Dylan, Álex, Brais, Tania, Aimar, David, Xosé, Mohamed e Xoel. Tamén xogaron Brais C, Gabriel, Isaac, Eloy e Brais B.
CF Monforte B: Clay, Hugo, Rayan, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Héctor, Fabrizio, Raúl e William. Tamén xogaron Andy, Martín, Adrián, Santiago e Rubén.
Goles: Brais B (30', 48' e 75').
Árbitro: Alba Pérez Iglesias.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 28

Amencer 1-6 Verín B
Barbadás B 2-1 Cented Academy
Terras de Maside 1-1 Arenteiro B
Pabellón ED Ourense B 3-1 Bosco B
Rúa B 9-0 Calasancio B
Velle   2-2 A Purísima B
Xinzo B 3-0 Monforte B
A Peroxa 1-4 Polígono San Ciprián
Pereiro Aguiar 0-9 Pabellón Ourense CF B

Próxima xornada

Pabellón Ourense CF B - Amencer
Verín B - Barbadás B
Cented Academy - Terras de Maside
Arenteiro B - Pabellón ED Ourense B
Bosco B - Rúa B
Calasancio B - Velle
A Purísima B - Xinzo B
Monforte B - A Peroxa
Polígono San Ciprián - Pereiro Aguiar