O ED Chantada súmase ao carro das vitorias da provincia xunto ao Calasancio

A falta de dúas xornadas, o equipo monfortino mantén a distancia dun punto á única praza que dá dereito ao ascenso á Galega

Primeira División Ourense

O Calasancio segue esperando a un punto de distancia o fallo do Arenteiro, que non se produce, para facerse co liderado. Mentres tanto, non falla e esta fin de semana, cando aínda faltan dúas sesións de Liga, venceu por 1-3 ao Bosco. Foron claros e contundentes os monfortinos, que cun dobrete de Pelayo e outro tanto de Hugo B dominaron o marcador. Encargáronse de abrir a caixa dos goles no primeiro tempo e así chegaron ao ecuador do segundo tempo, cando marcaron o segundo. Reaccionou o rival pero non tardou o Calasancio en volver a recuperar a vantaxe coa que rematou o partido.

Vitoria para o ED Chantada, que derrotou 3-2 ao Celanova na xornada do sábado. O equipo, situado na zona morna da táboa, abriu o marcador na primeira parte, e non foi ata a segunda que o rival logrou o empate. Pouco lle durou a ledicia ao equipo visitante, xa que os locais volveron adiantarse aos dous minutos.

Despois foi un penalti o que puxo as táboas de novo pero André trouxo co seu dobrete a vitoria para o equipo chantadino, que está na parte baixa e que non entrará na nova categoría autonómica.

Tampouco entrará na nova categoría o Monforte, que caeu 2-3 ante o Blanco Amor no Luis Bodegas. Os locais foron os primeiros en poñerse por diante, cando só levaban 8 minutos de partido pero antes do intermedio, xa lle dera a volta ao marcador o rival.

Na segunda parte, marcaron o terceiro e o Monforte achegouse cun segundo gol, obra de Gareth, pero non foi suficiente para levarse puntos.

Consulta a clasificación aquí

ED CHANTADA 3 - 2 CELANOVA

ED Chantada: Pablo R, Óscar, Gabriel, Lois, Eric, André, Mario, Pablo G, Iván, Xabier e Javier. Tamén xogaron Marcos, Brais, Xosé e Mateo.
EDC Celanova: Nicolás, Napoleón, Anxo, Aarón, Iago, Unai, Eduardo, Mateo, Sebastián, Raúl e Brais. Tamén xogaron Edgar, Juan José, Xoel, Rodrigo e Iván.
Goles: André (2) e Éric polos locais. Sebastiá e Aarón (de penalti) polos visitantes.
Árbitro: José Carlos Losada Gutiérrez.

MONFORTE 2 - 3 BLANCO AMOR

CF Monforte: Clay, Angie, Hugo, Jesús, Pepe, Héctor, Lucas, Martín, Fabrizio, Gareth e Leo. Tamén xogaron William, Mohamed, Pau, Alfredo e Brais.
EDO Blanco Amor: Miguel, Pablo C, Hugo N, Álvaro, Hugo G, Javier, Leo G, Lego T, Hugo A, Jorge e Pablo M. Tamén xogaron Mateo, Alejandro e Mario.
Goles: Fabrizio e Gareth polos locais. Pablo N (2) e Lego G polos visitantes.
Árbitro: Daniela Johana Lamus López.

BOSCO 1 - 3 CALASANCIO

AD Bosco: Gabriel, Alexandre, Enol, Xabier, Nuno, Álvaro, Manuel, Duarte, Oliver G, Sergio e Iker. Tamén xogaron Mateo, Mauro, Oliver L e Nicolás.
CP Calasancio: Adrián, Mateo R, Roi, Fabián, Alejandro, Hugo B, Daniel, Márkel, Hugo R, Pelayo e Aymen. Tamén xogaron Anxo, Marco, Mateo e Gael.
Goles: Álvaro polos locais. Pelayo (2) e Hugo B polos visitantes.
Árbitro: Gabriel Márquez Pérez.

Resultados xornada 28

ED Chantada 3 2 Celanova
Monforte 2 3 Blanco Amor
Ribadavia 3 1 Verín
Santa Teresiña 3 0 UD Ourense B
Ourense CF B A Pabellón B
Velle 1 2 Arenteiro
Bosco 1 3 Calasancio
Rúa 5 1 A Purísima
Próxima xornada
ED Chantada - - A Purísima
Celanova - - Monforte
Blanco Amor - - Ribadavia
Verín - - Santa Teresiña
UD Ourense B - - Ourense CF B
Pabellón B - - Velle
Arenteiro - - Bosco
Calasancio - - Rúa

 

 

 

Copa Deputación Primeira

O Calasancio xa está clasificado para disputar a final da Copa Deputación, que terá lugar a fin de semana do 15 de xuño. Farano ante o Ribadavia.

Final (15/06)

Ribadavia - - Calasancio

 

 

Copa Deputación Segunda

Do grupo de cuartos xogouse un partido adiantado e o Calasancio B buscará o seu pase a semifinais a próxima fin de semana.

 

Próxima xornada: Cuartos

Terras de Maside - - Cented Academy
Bosco B - - Allariz
A Peroxa 4 1 Xinzo B
Pol. San Ciprián - - Calasancio B