Segunda
O Calasancio B logrou un punto este sábado ante o Pereiro Aguiar a domicilio. Enfrontouse o equipo dos Escolapios ante un rival situado na penúltima praza, pero foi o que abriu o marcador na primeira parte. Xogo moi igualado entre os dous equipos. Ao Calasancio B costoulle remontar e só foi quen de chegar ao empate cun tanto de Jorge a falta de 6 minutos para o final.
O Monforte B caeu á praza 16 da táboa logo de ser goleado polo líder do grupo, o Pabellón Ourense B, por 0-7. O equipo local encaixou 7 tantos no Luis Bodegas e non foi quen de abrir a súa conta.
O conxunto local non esperou á metade da primeira parte para abrir a conta e con dous goles rápidos púxose comodamente por diante. Dous tantos máis deixaron o marcador en 0-4 antes da pausa. Xusto á volta o Pabellón abriu aínda máis fenda, e marcou o último, o sétimo, xa sobre o asubío final.
PEREIRO AGUIAR 1 - 1 CALASANCIO B
CP Calasancio B: Gorka, Pau, Arnau, Roi, Junjie, Hugo R, Erea, Wilmer, Jorge, Miguel e Marcos. Tamén xogaron Héctor e Samuel.
Goles: 1-0 (21'): Brais. 1-1 (74'): Jorge.
Árbitro: Alba Pérez Iglesias.
MONFORTE B 0 - 7 PABELLÓN OURENSE B
Pabellón Ourense CF B: Daniel, Anxo, Damián, Simón, Hugo, Matías, Brais, Álex, Aarón, Marcos R e Martiño. Tamén xogaron Roi, Breogán, Marcos L e Hugo.
Goles: Simón (2), Damián, Brais, Hugo, Anxo e Marco L.
Árbitro: Noé Gegunde Rodríguez.
SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR |
---|
Terras de Maside | 1-1 | Barbadás B |
Pabellón ED Ourense B | 6-0 | Amencer |
Rúa B | 1-0 | Verín B |
Velle | 3-1 | Cented Academy |
Xinzo B | 4-0 | Arenteiro B |
A Peroxa | 3-3 | Bosco B |
Pereiro Aguiar | 1-1 | Calasancio B |
Polígono San Ciprián | 2-1 | A Purísima B |
Monforte B | 0-7 | Pabellón Ourense CF B |
Próxima xornada
Pabellón Ourense CF B | 2-2 | Barbadás B |
Amencer | 0-6 | Terras de Maside |
Verín B | 3-0 | Pabellón ED Ourense B |
Cented Academy | 2-2 | Rúa B |
Arenteiro B | 0-3 | Velle |
Bosco B | 3-0 | Xinzo B |
Calasancio B | 1-3 | A Peroxa |
A Purísima B | 2-0 | Pereiro Aguiar |
Monforte B | 5-6 | Polígono San Ciprián |