Puntos para os tres equipos da provincia na penúltima xornada de liga

Derrotas avultadas dos equipos B, que aínda teñen liga por diante pero están sen opcións

Primeira

O Chantada sumou tres puntos ante o Maceda na penúltima xornada de liga e fíxoo cun marcador avultado, de 5-0 e sendo superior.

O conxunto chantadino, que está sétimo, o mellor clasificado da provincia, foi contundente para facer nos primeiros 40 minutos un parcial de 0-2. Na segunda catro minutos moi bos trouxeron outros dous tantos e rematou Gael o dobrete cun tanto a tres do final.

Consulta a clasificación aquí

O Calasancio tamén venceu esta fin de semana. Superou ao colista, o Allariz, que non foi quen de sacar ningún punto esta tempada.

Os monfortinos leváronse dous goles no peto, o primeiro no ecuador da primeira parte e o segundo a dez minutos do final.

O Monforte tamén puntuou, pero tivo que conformarse cun empate ante o Santa Teresiña, cun 2-2 que aportou o punto que lle axuda a manter posición.

 O equipo local foi o primeiro en abrir o marcador antes do descanso, pero non sería ese o resultado co que farían a pausa, xa que o Santa Teresiña igualou o marcador.

Na segunda parte volveu adiantarse o Monforte pero pouco antes do final, o rival subiu o empate e impediu sumar dous puntos.

MONFORTE 2 - 2 SANTA TERESIÑA

CF Monforte: Asier, Carlos, Aldara, Hugo, Enmanuel, Uxío, Érik L, Sharon, Lucas, Izhar e Brais. Tamén xogaron Alexandre, Lucas L e Érik F.
CDC Santa Teresiña: Rubén, Yaser, Thiago, Diego, David, Pablo G, Pablo C, Nuno, Froylan, David e Lucas. Tamén xogaron Manuel, Daniel, Adrián, Matías e Xoel.
Goles: 1-0 (29'): Érik L. 1-1 (36'): Froylan. 2-1 (54'): Enmanuel. 2-2 (74'): Matías.
Árbitro: María Josefa Fernández Rodríguez.

ALLARIZ 0 - 2 CALASANCIO

CD Allariz: Adrián, NIcolás V, Iván, Nicolás R, Lucas, Rafael, Carlos, Xacobe, Yihan, Hugo e Martín. Tamén xogaron Anxo P, Simón, Lucas e Anxo C.
CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Germán, Carlos, Fabián, Alejandro, Efrén, Martiño e Marco. Tamén xogaron Diego, Francisco, Mateo, Marcos e Ignacio.
Goles: Y').
Árbitro: Samuel Rodríguez Rodríguez.

MACEDA 0 - 5 CHANTADA

CEDC Maceda:  Xurxo, Manuel S, Pablo, Jacobo, Teo, Gabriel, Breogán, Mateo, Mario, Lucas e Éric. Tamén xogou Manuel B.
ED Chantada: Xabier, Martín, Gabriel, Adrián González, Mateo, Gael, Mario L, Piero, Yago, Adrián V e Adrián Gómez. Tamén xogaron Óscar, Isaac, André, Francisco e David.
Goles: Mario (12'), Gael, (19'), Martín B (54'). David (58'). Gael (77'). 
Árbitro: Jaimies Mosquera Páez.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 29

Maceda 0-5 Chantada
Ourense CF B 3-2 A Purísima
Allariz 0-2 Calasancio
Celanova 3-3 Bosco
Xinzo 2-1 Arenteiro
Monforte 2-2 Santa Teresita
Rúa ND Ribadavia
Pabellón ED Ourense 6-1 UD Ourense B

Próxima xornada

A Purísima - Maceda
Calasancio - Ourense CF B
Bosco - Allariz
Arenteiro - Celanova
Santa Teresita - Xinzo
Ribadavia - Monforte
UD Ourense B - Rúa
Chantada - Pabellón ED Ourense 

 

 

 

Segunda

Marcadores avultados en contra para os dous equipos da provincia con 5 xornadas aínda por disputarse. O Calasancio B caeu por 1-10 contra o Velle na casa.

O equipo dos Escolapios mantivo a súa portería a cero ata que pasado o ecuador da primeira parte o Velle atopou o oco. Deste modo conseguiu en 20 minutos un parcial de 1-5, sendo o gol dos vermellos de penalti.

Na segunda tamén aguantaron os primeiros minutos pero finalmente o xogador visitante Jon completou un póker de goles para chegar ao avultado resultado do final.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte B tamén caeu por un marcador avultado tras unha primeira parte máis equilibrada que finalizou 0-0. Despois, tres goles en dez minutos no reinicio xa deixaron sentenciado un partido que rematou co último tanto do rival no último minuto.

CALASANCIO B 1 - 10 VELLE

CP Calasancio B: Héctor, Marcos, Arnau, Jorge, Alejandro, Hugo R, Aymen, Wilmer, Hugo B, Jorge e Samuel. Tamén xogaron Gorka, Miguel, Roi, Erea e Pau.
CD Velle: Lucas, Xandre, Brais, Adrián, Jon, Íker, Alexandre, Martín, Mario, Isaac e Fabio. Tamén xogaron Nerea, Xavi, David, Iván e Pedro.
Goles: Marcos de penalti para o local e Isaac, Brais, Jon (4), Martín, Pedro, Adrián e Xandre polo Velle.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

MONFORTE B 0 - 4 A PEROXA

CF Monforte B: Clay, Angie, Hugo, Rayan, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Héctor, Fabrizio e William. Tamén xogaron Andy, Martín, Sara, Adrián e Santiago.
A Peroxa CF: Gael G, María, Sara, Lucas, Brais, Adrián, Gael H, Manuel, África, Alejandro e Pedro. Tamén xogaron Pablo, Saúl, Basilio e Violeta.
Goles: Adrián (51'), Brais (59'), Adrián (61') e Lucas (79').
Árbitro: Alberto López Álvarez.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 29

Pabellón Ourense CF B 13-0 Amencer
Verín B 0-3 Barbadás B
Cented Academy 3-1 Terras de Maside
Arenteiro B 2-6 Pabellón ED Ourense B
Bosco B 5-3 Rúa B
Calasancio B 1-10 Velle
A Purísima B 3-0 Xinzo B
Monforte B 0-4 A Peroxa
Polígono San Ciprián 1-0 Pereiro Aguiar

Próxima xornada

Barbadás B - Amencer
Terras de Maside - Verín B
Pabellón ED Ourense B - Cented Academy
Rúa B - Arenteiro B
Velle   - Bosco B
Xinzo B - Calasancio B
A Peroxa - A Purísima B
Pereiro Aguiar - Monforte B
Polígono San Ciprián - Pabellón Ourense CF B