Derbi en Primeira, con vitoria contundente do Calasancio cun póker de Samuel

O equipo dos Escolapios de Segunda acabou empatando un partido no que se puxo nos dez primeiros minutos con tres goles de vantanxe
LPI_Calasancio B-Arenteiro__Noe-15
photo_camera LPI_Calasancio B-Arenteiro__Noe-15

Primeira

O derbi local monfortino saldouse esta fin de semana coa vitoria do Calasancio por 4-1 polo que as distancias redúcense e os tres equipos da provincia quedan situados en tres puntos no medio da táboa xeral.

Samuel foi o responsable en gran medida da vitoria do equipo dos Escolapios, xa que marcou os catro goles do seu equipo, o primeiro nos minutos iniciais.

A primeira parte mantívose igualada e estable pero á volta de vestiarios Samuel marcou os tres tantos restantes seguidos o que poñía a vitoria máis favorable para os locais. O Monforte logrou marcar por medio de Érik Lugilde de penalti no minuto 60 pero a partir de aí o marcador non se moveu máis.

Consulta a clasificación aquí

O Chantada sumou tres puntos máis ás costas do Ribadavia, ao que venceu 2-4. O chantadino marcou os dous primeiros tantos antes do decanso e o local inaugurou o marcador pola súa banda antes tamén de ir a vestiarios. Á volta, o Chantada volveu marcar ata que un penalti achegou de novo ao rival. Preto do final Gael puxo o definitivo 2-4 no marcador.

CALASANCIO 4 - 1 MONFORTE

CP Calasancio: Matías, Diego, Alejandro, Yoel, Roi, Germán, Luca, Fabián, Samuel, Martiño e Noé. Tamén xogaron Mateo, Iván, Carlos, Tiago e Márkel.
CF Monforte: Asier, Alexandre, Hugo, Enmanuel, Uxío, Yatlem, Diego, Érik L, Sharon, Lucas L e Lucas R. Tamén xogaron Carlos, Aldara, Érik F, Izhar e Brais.
Goles: Samuel (3', 41', 45' e 51') polo Calasancio e Érik K de penalti no 60'.
Árbitro: Saúl López Parga.

RIBADAVIA 2 - 4 CHANTADA

Ribadavia Atlético:  Selena, Alejandro Manuel, Hugo, Lucas, Daniel, Iago, Erika, Mateo, Raúl, David e Kevin. Tamén xogaron Izan, Yago, Saúl, Alejandro e Sergio.
ED Chantada: Lucas, Martín, Óscar, Adrián González, Mateo, Gael, Mario L, Pablo, Yago, Adrián V e Adrián Gómez. Tamén xogaron Gabriel, Isaac, André, Davie e Mario D.
Goles: Daniel (o segundo de penalti) polo local e Mateo, Martín, Mario e Gael polo Chantada.
Árbitro: Mateo Shery Díaz.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 26

Ourense CF B 4-0 Allariz
Maceda 0-7 Celanova
A Purísima 0-4 Xinzo
Calasancio 4-1 Monforte
Bosco 4-1 Rúa
Arenteiro 0-1 Pabellón ED Ourense 
Santa Teresita 1-2 UD Ourense B
Ribadavia 2-4 Chantada

Próxima xornada 

Chantada - Ourense CF B
Allariz - Maceda
Celanova - A Purísima
Xinzo - Calasancio
Monforte - Bosco
Rúa - Arenteiro
Pabellón ED Ourense - Santa Teresita
UD Ourense B - Ribadavia

 

 

Segunda

Os puntos en Segunda para os equipos da provincia quedaron reducidos a 1 tralo empate do Calasancio B co Terras de Maside por 3-3. Malia o volumen de goles, foron dous hatricks os que marcaron o resultado.

O Calasancio fixo un parcial de 0-3 por medio de Hugo B, que marcou os tres tantos en 8 minutos no inicio do xogo. O local reaccionou e co seu xogador Ismael, que fixo o mesmo para o seu equipo, co primeiro tanto antes do descanso e os outros dous seguidos á volta de vestiarios. Tras firmar o empate o marcador non se moveu máis.

Consulta a clasificación aquí

Con goleada en contra rematou a xornada o Monforte B, que encaixou un 7-0 contundente a domicilio. Malia o resultado, tardouse en abrir a conta dos goles, pero no último tramo da primeira metade o local púxose 3-0, o último deles de penalti.

Á volta de vestiarios, o Rúa B, que situado no alto da táboa pelexa polos postos de ascenso, completou a súa xeira ata o 7-0.

TERRAS DE MASIDE 3 - 3 CALASANCIO B

ED Terras de Maside: Mauro A, Lucas, Xabi, Xairo, Ismael, Íker, Hugo, Mauro F, Marc, Anxo e Brayan. Tamén xogaron Andrés, Daniel e Scarlett.
CP Calasancio B: Gorka, Marcos, Arnau, Mateo, Erea, Hugo, Aymen, Wilmer, Markus, Jorge V e Hugo B. Tamén xogaron Fernnado, Xacobe, Miguel, Antonio e Jorge G.
Goles: Hugo (3', 7' e 11') polo Caslancio B e Ismael (33', 57' e 58') polo local.
Árbitro: Freyman José Álvarez Maya.

RÚA B 7 - 0 MONFORTE B

CD Rúa B: Pablo, Aitor G, Guillermo, Bruno, Manuel, Mauro, Noé, Xoel, Adrián, Marcos e Mauro. Tamén xogaron Aitor T, Óscar, Lucas, Aitor R e Paulo.
CF Monforte B: Clay, Santiago, Hugo, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Héctor, Fabrizio e Raúl. Tamén xogaron Martín, Noa, Sara, William e Mateo.
Goles: Bruno, Xoel (2), Noé de penalti, Lucas, Marcos e Paulo.
Árbitro: Pedro Fernández Parada.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 26

Verín B 1-0 Cented Academy
Amencer 0-3 Arenteiro B
Barbadás B 2-1 Bosco B
Terras de Maside 3-3 Calasancio B
Pabellón ED Ourense B 5-1 A Purísima B
Rúa B 7-0 Monforte B
Velle   1-4 Polígono San Ciprián
Xinzo B 3-2 Pereiro Aguiar
A Peroxa 2-5 Pabellón Ourense CF B

Próxima xornada

Pabellón Ourense CF B - Verín B
Cented Academy - Amencer
Arenteiro B - Barbadás B
Bosco B - Terras de Maside
Calasancio B - Pabellón ED Ourense B
A Purísima B - Rúa B
Monforte B - Velle
Polígono San Ciprián - Xinzo B
Pereiro Aguiar -  Peroxa