Goleada do Chantada ante o pechacancelas e derrota dous outros dous equipos da provincia

Sen puntos para os equipos B do Calasancio e o Monforte, que caeron derrotados

Primeira

O Chantada solventou a fin de semana cun avultado marcador ante o colista, o Allariz, por 7-2. Foron dominadores os chantadinos, que xogaron nesta ocasión a domicilio. De feito, entraron moi fortes para sumar o primeiro tanto na primeira xogada. A partir de aí meteron dous goles máis para chegar ao 3-0 aos 8 minutos de xogo.

Antes da pausa reacionou o Allariz, que se achegou ata o 3-2 con dous tantos seguidos. Xa na volta, o Chantada marcou tamén outros dous goles consecutivos nada máis reiniciarse o duelo e a partir de aí foi claro dominador. Pechou a conta cun penalti no útlimo minuto.

Consulta a clasificación aquí

Derrota para os outros dous equipos da provincia. O Monforte caeu na casa ante a Purísima. Un gol do equipo visitante no minuto 3 xa marcou o devenir do partido e malia que empataron no minuto 12 só lles durou aos locais a ledicia un minuto, xa que a Purísima volveu adiantarse antes do descanso. Así seguiron cun marcador con vitoria visitante, ata que mediado o segundo tempo, completaron o resultado co 1-3.

O Calasancio caeu a domicilio co Rúa por 3-0. Tamén encaixou un gol madrugador, no minuto 6, pero mantivo estable o marcador ata avanzado o segundo tempo. Dous goles completaron o trío co que o Rúa quedou cos tres puntos.

RÚA 3 - 0 CALASANCIO

CD Rúa: Alberto, Pablo, Santiago, Lola, Íker, Ánxela, Cristian, Suso, Asier, Diego e Xoel. Tamén xogaron Íker, Bruno e Mateo.
CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Yoel, Mateo, Germán, Luca, Fabián, Samuel, Martiño e Noé. Tamén xogaron Alejandro, Marcos, Márkel e Ignacio.
Goles: Diego (6'), Íker (37') e Suso (69').
Árbitro: Alberto López Álvarez.

MONFORTE 1 - 3 A PURÍSIMA

CF Monforte: Asier, Alexandre, Aldara, Enmanuel, Uxío, Yatlem, Álex, Érik L, Sharon, Lucas L e Lucas R. Tamén xogaron Hugo F, Érik F, Izhar e Brais.
CD A Purísima: Anxo, Hugo L, Diego, Yago, Rodrigo, Luis, Daniel, Efrén, Alan, Adrián e Fernando. Tamén xogaron Lucas, Pablo, Juan, Hugo C e Lucas.
Goles: 0-1 (3'): Adrián. 1-1 (12'): Érik L. 1-2 (13'): Adrián. 1-3 (56'): Pablo.
Árbitro: Alberto López Álvarez.

CHANTADA 7 - 2 ALLARIZ

ED Chantada: Xabier, Martín, Óscar, Adrián González, Gael, Mario L, Pablo, Yago, Adrián V, Francisco e Adrián Gómez. Tamén xogaron Gabriel, Mario D, Piero, Isaac e David.
CD Allariz:  Adrián, Ilan, Lucas, Iván, Xacobe, Hugo, Carlos, Lucas, Simón, Anxo e Martín. Tamén xogaron Ángel, Anxo e Nicolás.
Goles: Martín, Isaac, Gael, Mario, Piero, martín e Pablo de penalti polo local e Iván e Simón polo visitante.
Árbitro: Alba Pérez Iglesias.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 25

Chantada 7-2 Allariz
Celanova 8-0 Ourense CF B
Xinzo 6-0 Maceda
Monforte 1-3 A Purísima
Rúa 3-0 Calasancio
Pabellón ED Ourense 4-2 Bosco
UD Ourense B 4-5 Arenteiro
Ribadavia 2-4 Santa Teresita

Próxima xornada 

Ourense CF B - Allariz
Maceda - Celanova
A Purísima - Xinzo
Calasancio - Monforte
Bosco - Rúa
Arenteiro - Pabellón ED Ourense 
Santa Teresita - UD Ourense B
Ribadavia - Chantada

 

 

Segunda

Dobre derrota para os lugueses esta xornada, a última antes da pausa de Semana Santa. O Calasancio B abriu o marcador no primeiro minuto pero foi unha ilusión que rompeu o Barbadás B ao empatar antes do intermedio. Se a primeira foi máis igualada, a segunda parte foi de dominio visitante. O Barbadás afastouse ata o 1-5 nun prazo de 15 minutos deixando marcar o último tanto ao Calasancio B a dous minutos do final.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte B foi derrotado polo Pabellón ED Ourense B, que vai segundo en postos de ascenso. 0-3 foi o resultado do duelo, no que o rival xa deixou, con dous goles na primeira parte, bastante claro que tiña intención de gañar. O Monforte B loitou pero acabou encaixando un tanto máis xusto antes do final.

CALASANCIO B 2 - 5 BARBADÁS B

CP Calasancio B: Fernando, Marcos, Arnau, Mateo, Roi, Alejandro, Aymen, Jorge V, Markus, Hugo R e Hugo B. Tamén xogaron Gorka, Wilmer, Miguel, Samuel e Pau.
EDC Barbadás B: Roi, Daniel, Izan, Ángel, Aitor, Martín D, Matías, Adrián, Joel, Pablo e Martín O. Tamén xogaron Gabriel, Tiago, Brais, Ismael e Izan.
Goles: Markus (2) polo local e Ángel, Joel, Pablo e Ismael (2) polo visitante.
Árbitro: Pedro Fernández Parada.

MONFORTE B 0 - 3 PABELLÓN ED OURENSE B

CF Monforte B: Clay, Andy, Angie, Rayan, Martín, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Héctor e Fabrizio. Tamén xogaron Noa, Sara, William, Mateo e Rubén.
Pabellón ED Ourense B: Guillerme, Lois, Raico, Joel, Lalo, Gael, Uxío, Daniel, JOsé, Tamirat e Íker. Tamén xogaron Javier, Alejandro, Martín, Álvaro e Pablo.
Goles: Pablo (29'), Lois (31' e 79').
Árbitro: Alberto López Álvarez.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 25

Pabellón Ourense CF B 8-0 Cented Academy
Arenteiro B 0-4 Verín B
Bosco B A Amencer
Calasancio B 2-5 Barbadás B
A Purísima B 2-1 Terras de Maside
Monforte B 0-3 Pabellón ED Ourense B
Polígono San Ciprián 3-6 Rúa B
Pereiro Aguiar 0-6 Velle
A Peroxa 0-1 Xinzo B

Próxima xornada

Verín B - Cented Academy
Amencer - Arenteiro B
Barbadás B - Bosco B
Terras de Maside - Calasancio B
Pabellón ED Ourense B - A Purísima B
Rúa B - Monforte B
Velle   - Polígono San Ciprián
Xinzo B - Pereiro Aguiar
A Peroxa - Pabellón Ourense CF B