Primeira
O Monforte sumou esta fin de semana unha nova vitoria, ante o Ourense CF B, o que lle permite poñer algo de distancia na táboa, aínda que seguen os tres xuntos na zona morna.
O conxunto monfortino goleou, cun 6-2, malia perder a Yatlem por dobre amarela no ecuador do segundo tempo.
O equipo local abriu cedo a conta a través de Érik Lugilde, que fixo un póker de goles, co segundo de penalti pero xa no segundo tempo porque foron ao descanso empatados a 1.
Volveron igualar marcadores na segunda parte pero a partir do 2-2 o Monforte mandou no electrónico subindo a vantaxe ata o 6-2, os dous últimos tantos cun xogador menos no campo.
O Calasancio caeu ante o UD Ourense B pola mínima, un tanto que entrou no minuto 57. Partido tranquilo e sen grandes alteracións, no que o equipo monfortino non logrou superar ao rival malia ter practicamente todo o segundo tempo para levara o 1-0.
O Chantada pola súa conta perdeu ante un dos aspirantes ao ascenso, o Celanova, por 2-4. O conxunto chantadino abriu o marcador antes dos dez minutos de xogo e liderou o mesmo ata avanzada a segunda metade, cando o rival marcou o empate. Ata o minuto 70, a dez do final, mantívose a situación estable pero en seis minutos cambiou o conto pasando en rápida sucesióndo 1-1 ao 2-3. Xa no tempo de desconto o rival ampliou a fenda ata o 2-4.
UD OURENSE B 1 - 0 CALASANCIO
CP Calasancio: Matías, Luis, Alejandro, Carlos, Roi, Germán, Márkel, Marco, Luca, Martiño e Noé. Tamén xogaron Mateo, Iván, Diego, Efrén e Tiago.
Goles: Rubén no minuto 57.
Árbitro: Tabare Alejandro Mazac Blanco.
MONFORTE 6 - 2 OURENSE CF B
Ourense CF B: Edwin, Rubén, Daniel, Miguel, Edgar, Xacobe, Ismael, Adrián, David, Mateo e Añel.
Goles: Éirk L (4, un de penalti) e Diego (2) polo Monforte e Miguel (2) polo Ourense B.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.
CHANTADA 2 - 4 CELANOVA
EDC Celanova: Samuel, Emilio, Pablo, Iago, Raúl, Nuria, Anthony, Marcos, Diego S, Víctor e Diego R. Tamén xogaron Manuel, Hugo e Aleksey.
Goles: 1-0 (9'): Gael. 1-1 (50'): Raúl. 1-2 (71'): Anthony. 2-2 (71'): Gael. 2-3 (77'): Nuria. 2-4 (81'): Víctor.
Árbitro: Carlos Gustavo Huttner Sánchez.
PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR |
---|
Chantada | 2-4 | Celanova |
Xinzo | 12-0 | Allariz |
Monforte | 6-2 | Ourense CF B |
Rúa | 3-0 | Maceda |
Pabellón ED Ourense | 4-2 | A Purísima |
UD Ourense B | 1-0 | Calasancio |
Ribadavia | 2-6 | Bosco |
Santa Teresita | 3-3 | Arenteiro |
Próxima xornada
Allariz | - | Celanova |
Ourense CF B | - | Xinzo |
Maceda | - | Monforte |
A Purísima | - | Rúa |
Calasancio | - | Pabellón ED Ourense |
Bosco | - | UD Ourense B |
Arenteiro | - | Ribadavia |
Santa Teresita | - | Chantada |
Segunda
O Calasancio sacou tres puntos máis esta fin de semana vencendo ao Verín B na casa por 2-0. O equipo monfortino marcou postura no minuto 1, cando logrou meter o primeiro gol mantendo esta ventaxe ata o segundo tempo, cando aos seis minutos meteu o segundo e último.
Adianta deste modo ao seu veciño na táboa, que empatou e queda un punto por riba.
O Monforte empatou co Barbadás B con dous goles e deixando todo o traballo feito nos primeiros tramos da segunda metade. O local foi o primeiro en adiantarse pero antes do descanso xa estaban empatados de novo. Na segunda tamén foi o Monforte o que marcou de inicio, a través dun penalti, pero o rival volveu empatar e o marcador non se moveu máis.
CALASANCIO B 2 - 0 VERÍN B
EDC Verín B: Hugo, Íker V, Yeray, Miguel, Íker B, Unai, Anxo, Alejandro, Álex, Víctor e Yayha. Tamén xogaron Miguel Ángel, Ayman, Íker F, Izan e Daniel.
Goles: Hugo B no minuto 1 e Aymen no 46'.
Árbitro: Omar López Parga.
MONFORTE B 2 - 2 BARBADÁS B
EDC Barbadás B: Roi, Mateo, Daniel, Aitor, Lucas, Matías, Adrián, Joel, Samuel, Pablo e Martín. Tamén xogaron Efrén, Sebastián, Gabriel, Tiago e Izan.
Goles: 1-0 (9'): Héctor. 1-1 (25'): Lucas. 2-1 (45'): Álex P de penalti. 2-2 (56'): Samuel.
Árbitro: Daniela Johana Lamus López.
SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR |
---|
Pabellón Ourense CF B | 10-1 | Arenteiro B |
Bosco B | 4-1 | Cented Academy |
Calasancio B | 2-0 | Verín B |
A Purísima B | 1-0 | Amencer |
Monforte B | 2-2 | Barbadás B |
Polígono San Ciprián | 7-1 | Terras de Maside |
Pereiro Aguiar | 0-3 | Pabellón ED Ourense B |
A Peroxa | 4-5 | Rúa B |
Xinzo B | 4-1 | Velle |
Próxima xornada
Cented Academy | - | Arenteiro B |
Verín B | - | Bosco B |
Amencer | - | Calasancio B |
Barbadás B | - | A Purísima B |
Terras de Maside | - | Monforte B |
Pabellón ED Ourense B | - | Polígono San Ciprián |
Rúa B | - | Pereiro Aguiar |
Velle | - | A Peroxa |
Xinzo B | - | Pabellón Ourense CF B |