O Calasancio trae os puntos para a provincia na Primeira avultando o resultado na parte final

Na Segunda, o Calasancio B apaña un punto tras empatar co Arenteiro B e o Monforte cae derrotado ao ser arrasado en 12 minutos fatais

Primeira

Continúan os equipos da provincia agrupados na parte media da táboa tras unha sesión con resultados dispares.

O Calasancio logrou unha clara vitoria ante o Santa Teresiña malia que foron estes os primeiros en marcar, xa no minuto 6. Non foi ata xusto o intermedio cando o equipo dos Escolapios conseguiu o gol do empate a través dun penalti que converteu Martiño.

Na segunda, o Calasancio asentouse no campo contrario e, a través de Carlos, Samuel e Luca, logrou completar un marcador vitorioso.

Consulta a clasificación aquí

Derrota do Chantada ante o Xinzo, líder do grupo, no Sangoñedo. Fixo un gran papel o equipo local ante un rival duro e que marcou posicións con dobrete inicial de Miguel na primeira metade. Remontou o local por medio de Gael antes da media hora de xogo, resultado que se mativo ate dous minutos antes do final, cando Miguel rematou o triplete e acabou coas esperanzas do Chantada de chegar ao empate.

Derrota tamén do Monforte ante o Celanova, nesta ocasión pola mínima diferenza (1-2). Abriu o Celanova o marcador aos dez minutos do inicio e non tardaría máis de cinco en contestar o Monforte co gol do empate, situación que se mantivo ata a mediada a segunda parte.

O gol que rompía a igualdade foi un xarro de auga fría para o Monforte, que non foi quen de recuperarse.

SANTA TERESIÑA 1 - 4 CALASANCIO

CDC Santa Teresiña: Rubén, Daniel, Pablo G, Diego, David G, Nuno, Pablo C, David O, Froylan, Adrián e Matías. Tamén xogaron Manuel, Thiago, Lucas, Xoel e Luis. 
CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Carlos, Yoel, Germán, Luca, Fabián, Samuel, Martiño e Alejandro. Tamén xogaron Iván, Márkel, Marcos, Efrén e Tiago.
Goles: 1-0 (6'): David. 1-1 (40'): Martiño de penalti. 1-2 (50'): Carlos. 1-3 (70'): Samuel. 1-4 (77'): Luca.
Árbitro: David Guzmán Falcón.

MONFORTE 1 - 2 CELANOVA

CF Monforte: Asier, Carlos, Álex, Aldara, Enmanuel, Uxío, Yatlem, Diego, Érik, Sharon e Lucas R. Tamén xogaron Hugo, Lucas L, Érik, Izhar e Brais.
EDC Celanova: Samuel, Emilio, Hugo, Pablo, Raúl, Iago, Raúl González, Nuria, Anthony, Marcos e Diego R. Tamén xogaron Manuel, Diego S, Kevin, Gabriel e Víctor.
Goles: 1-0 (10'): Érik. 1-1 (15'): Raúl. 1-2 (67'): Anthoy.
Árbitro: Alberto López Álvarez.

CHANTADA 1 - 3 XINZO

ED Chantada: Lucas, Martín, Óscar, Adrián González, Mateo, Gael, Pablo, Yago, Adrián V, André e Francisco. Tamén xogaron Xabier, Gabriel, Mario, Isaac e Adrián Gómez.
EDC Xinzo:  Hugo O, Hugo C, Álvaro, Carlos, Lucas, Rodrigo B, Miguel, Sebastián, Hugo Camino, Hugo Pérez e Hugo Pazos. Tamén xogaron Anxo, Kilian, Izan, Xurxo e Mohamed.
Goles: 0-1 e 0-2 (6' e 16'): Miguel. 1-2 (28'): Gael. 1-3 (78'): Miguel.
Árbitro: Marco Ricigliano Carballo.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 21

Chantada 1-3 Xinzo
Monforte 1-2 Celanova
Rúa 6-0 Allariz
Pabellón ED Ourense 2-1 Ourense CF B
UD Ourense B 4-3 Maceda
Ribadavia 1-3 A Purísima
Santa Teresita 1-4 Calasancio
Arenteiro 2-6 Bosco

Próxima xornada 

Celanova - Xinzo
Allariz - Monforte
Ourense CF B - Rúa
Maceda - Pabellón ED Ourense 
A Purísima - UD Ourense B
Calasancio - Ribadavia
Bosco - Santa Teresita
Arenteiro - Chantada

 

 

Segunda

Un punto apañou o Calasancio B ante o Arenteiro B, equipo da mesma zona morna da táboa. Os locais, que xogaron no Álex Blanco, non comezaron ben, xa que aos sete minutos de xogo xa levaban dous goles en contra. Non dando nada por perdido, recuperaron terreo antes da pausa, á que chegaron co 2-2 no marcador.

Na segunda, moita igualdade no duelo, no que novamente o Arenteiro B logrou adiantarse pero ao minuto seguinte (67'), xa figuraba de novo o empate, resultado que non se moveu máis. Rematou o partido coa expulsión de tres xogadores visitantes por vermella directa, un deles o porteiro.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte B quedou na casa cunha nova derrota, por 0-4 ante o Verín B. Axudaron os locais a impulsar a conta do rival cun primeiro tanto en propia porta. Os doce minutos finais do primeiro tempo foron terribles, xa que o Monforte encaixou tres goles, resultado co que foron ao descanso e co que terminaron o duelo. Ao final, expulsión dun xogador monfortino por vermella directa.

CALASANCIO B 3 - 3 ARENTEIRO B

CP Calasancio B: Héctor, Arnau, Erea, Alejandro, Mateo, Roi, Hugo R, Jorge V, Markus, Aymen e Hugo B. Tamén xogaron Gorka, Marcos, Pau, Miguel e Jorge G.
CD Arenteiro B: Marco, Miguel A, Pedro, Arthur, Alejandro, Cristian, Leo, Mario, Braian, Daniel e Rafael. Tamén xogaron Héctor, Cristian, Álex, Juan e Xabi.
Goles: 0-1 (3'): Alejandro. 0-2 (7'): Mario. 1-2 (14'): Jorge V. 2-2 (29'): Aymen. 2-3 (66'): Rafael. 3-3 (67'): Hugo B.
Árbitro: Alberto López Álvarez.

 MONFORTE B 0 - 4 VERÍN B

CF Monforte B: Clay, Angie, Hugo, Rayan, Pau, Álex P, Fabrizio, Santiago, Martín, Raúl e Adrián. Tamén xogaron Andy, Álex G, Pepe, Rubén e William.
EDC Verín B: Hugo De Dios, Íker V, Miguel, Íker B, Anxo, Ossama, Alejandro, Unai, Hugo R, Nicolás e Víctor. Tamén xogaron Miguel A, Xabier, Yeray e Brais.
Goles: O primeiro en propia do Monforte (10'), Alejandro (27'), Hugo R (33') e Yeray (39').
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 21

Pabellón Ourense CF B 2-1 Bosco B
Calasancio B 3-3 Arenteiro B
A Purísima B 0-0 Cented Academy
Monforte B 0-4 Verín B
Polígono San Ciprián 8-0 Amencer
Pereiro Aguiar 0-3 Barbadás B
A Peroxa 8-3 Terras de Maside
Xinzo B 1-3 Pabellón ED Ourense B
Velle 2-4 Rúa B

Próxima xornada

Arenteiro B - Bosco B
Cented Academy - Calasancio B
Verín B - A Purísima B
Amencer - Monforte B
Barbadás B - Polígono San Ciprián
Terras de Maside - Pereiro Aguiar
Pabellón ED Ourense B - A Peroxa
Rúa B - Xinzo B
Velle   - Pabellón Ourense CF B