O Calasancio sacou un punto do enfrontamento co Arenteiro e foi o único da provincia en sumar

Na Segunda, derrota contundente dos dous equipos da provincia, que non saen da zona baixa da táboa

Primeira

Difícil xornada para os equipos da provincia, que tiveron que enfrontarse aos equipos situados na zona de promoción.

O Calasancio obtivo un empate este sábado ante un dos equipos de arriba, o Arenteiro, nun duelo moi disputado e igualado que acabou en táboas grazas a un gol no tempo de desconto.

O Arenteiro comezou gañando rápido e parecía que se ía quedar co partido pero o Calasancio foi quen de empatar antes do intermedio. Na segunda seguiu a presión do visitante pola vitoria pero os goles negáronse a chegar. Finalmente, a tres minutos do final, o Arenteiro marcou o que parecía o gol da vitoria pero no desconto o Calasancio empatou tras unha xogada de tensión entre ambos equipos. 

Este novo tanto acabou coa expulsión do adestrador visitante por dobre amarela cando xa non quedaba nada por engadir.

Consulta a clasificación aquí

Non tivo sorte o Chantada como visitante ante o Bosco, xa que caeu por 6-2 cos goles concentrados no primeiro tempo. Foron claramente superiores os locais que anunciaron intencións no minuto 9 co primeiro tanto. O dominio foi máis claro a partir desde momento e o Chantada tivo que encaixar tres tantos seguidos ata que Gael marcou o primeiro para poñer o 4-1 no marcador. Antes da pausa aínda volveu marcar o Bosco.

Á volta do descanso o Chantada meteu o segundo mantendo unha ilusión por chegar ao empate que non se produciu, xa que aínda tiveron tempo de marcar o sexto os locais a cinco minutos do final.

Tampouco tivo fortuna o Monforte, que caeu o luns ante o Xinzo por 3-1. Madrugaron os locais para marcar o primeiro tanto (6') e malia que empatou o Monforte antes do descanso a estabilidade non continuou e xusto á volta de vestiarios o Xinzo marcou o gol que lle poñía por diante. O marcador seguiu así ata que no desconto o local marcou o terceiro e definitivo.

CALASANCIO 2 - 2 ARENTEIRO

CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Carlos, Roi, Germán, Márkel, Iván, Samuel, Martiño e Noé. Tamén xogaron Mateo, Marco, Alejandro, Efrén e Tiago.
CD Arenteiro: Joel, Matías, Álex, Sergio, Hugo, Alexandre, Justin, Xoel, Enzo, Diego e Paulo. Tamén xogaron Brais, Anxo, Ian, Santiago e Bruno.
Goles: 0-1 (4'): Paulo. 1-1 (22'): Roi. 1-2 (77'): Enzo. 2-2 (80'): Martiño.
Árbitro: Alberto López Álvarez.

XINZO 3 - 1 MONFORTE

EDC Xinzo: Carlos, Álvaro, Mauro, Lucas, Rodrigo B, Miguel, Iván, Sebastián, Xabier, Xurxo e Rodrigo O. Tamén xogaron Aarón, Hugo C, Hugo P e Mohamed.
CF Monforte: Asier, Alexandre, Aldara, Hugo, Uxío, Diego, Enmanuel, Lucas L, Lucas R, Álex e Izhar. Tamén xogaron Carlos, Érik, Brais e Sharon.
Goles: 1-0 (6'): Iván. 1-1 (25'): Enmanuel. 2-1 (41'): Hugo P. 3-1 (80'): Iván.
Árbitro: Juan Ramón Dapia Francisco.

BOSCO 6 - 2 CHANTADA

AD Bosco: Salvador, Enol, Mateo C, Xabier, Nicolás, David, Marc, Mateo G, Alexandru, Álvaro e Martín. Tamén xogaron Hugo, Lucas, Mateo S, Mauro e Peter.
ED Chantada: Lucas, Martín, Óscar, Adrián González, Mateo, Gael, Pablo, Yago, Adrián V, André e Francisco. Tamén xogaron Xabier, Gabriel, David, Isaac e Adrián Gómez.
Goles: Mateo G (3), Marc, Martín e Mateo C polo local e Gael e Mateo polo Chantada.
Árbitro: Manuel Jiménez Domínguez.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 20

Xinzo 3-1 Monforte
Celanova 2-1 Rúa
Allariz S Pabellón ED Ourense 
Ourense CF B 1-1 UD Ourense B
Maceda S Ribadavia
A Purísima 0-0 Santa Teresita
Calasancio 2-2 Arenteiro
Bosco 6-2 Chantada

Próxima xornada 

Chantada - Xinzo
Monforte - Celanova
Rúa - Allariz
Pabellón ED Ourense - Ourense CF B
UD Ourense B - Maceda
Ribadavia - A Purísima
Santa Teresita - Calasancio
Arenteiro - Bosco

 

 

Segunda

Dobre derrota para os equipos de Segunda que ademais tiveron marcadores contundentes. O Calasancio B caeu ante o Bosco B nun partido no que o comezo foi moi movido con dous goles en cinco minutos,  un para cada equipo. No intermedio o Bosco B púxose de novo por diante e despois todo foi seguir marcando ata o 4-1 do final.

Consulta a clasificación aquí

O Monforte caeu ente o Cented Academy por 3-0 nun partido sen moito que discutir. O local foi claro aínda que os monfortinos defenderon o seu feudo. Entrou o primeiro tanto antes do intermedio e non sería ata o tramo final cando o Cented engrosou o resultado co terceiro tanto no tempo de desconto. 

BOSCO B 4 - 1 CALASANCIO B

AD Bosco B: Alejandro, Raúl, Manuel P, Manuel R, Luis, Pedro, Rafael, Lucca, Paulo, Alexandru e Javier. Tamén xogaron Hugo, Nuno, César, Mateo e Lucas.
CP Calasancio B: Fernando, Arnau, Erea, Alejandro, Roi, Hugo R, Aymen, Pau, Markus, Jorge e Hugo B. Tamén xogaron Gorka, Marcos, Paula e Wilmer.
Goles: Lucca (2), Luis e Alexandru polo local e Hugo B polo visitante.
Árbitro: Noa González Martínez.

 CENTED ACADEMY 3 - 0 MONFORTE B

Cented Academy: Rubén, Alejandro, Íker, Álvaro M, Mateo, Mauro, Marcos, Aldán, Luis, Malick e Iván. Tamén xogaron Rubén, Miguel A, Adrián e Álvaro G.
CF Monforte B: Clay, Martín, Angie, Hugo, Rayan, Pepe, Pau, Álex P, Fabrizio, Adrián e Santiago. Tamén xogaron Álex G, Mateo, Noa, William e Andy.
Goles: Aldán (23') e Marcos (63' e 82').
Árbitro: Jaimies Mosquera Páez.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 20

Bosco B 4-1 Calasancio B
Arenteiro B 4-0 A Purísima B
Cented Academy 3-0 Monforte B
Verín B 2-3 Polígono San Ciprián
Amencer 0-0 Pereiro Aguiar
Barbadás B 1-0 A Peroxa
Terras de Maside 1-9 Xinzo B
Pabellón ED Ourense B 7-1 Velle  
Rúa B 2-5 Pabellón Ourense CF B

Próxima xornada

Pabellón Ourense CF B - Bosco B
Calasancio B - Arenteiro B
A Purísima B - Cented Academy
Monforte B - Verín B
Polígono San Ciprián - Amencer
Pereiro Aguiar - Barbadás B
A Peroxa - Terras de Maside
Xinzo B - Pabellón ED Ourense B
Velle - Rúa B