Primeira
Triplete de vitorias para a provincia de Lugo o que lles permite aos tres equipos manterse xuntos na parte media alta da táboa, co Monforte por diante e cos outros dous empatados catro puntos por abaixo.
O Monforte tiña clara a súa intención de gañar este duelo ante un dos equipos de abaixo, o UD Ourense B. Enmanuel foi o encargado de facerse cos dous primeiros tantos nun dobrete en tres minutos antes do ecuador da primeira metade.
Manteríase o marcador estable ata a segunda. Aos poucos do inicio Diego completou a conta, ata que no desconto, o equipo visitante maquillou o resultado.
1-2 foi o resultado co que o Chantada sumou os tres puntos esta fin de semana, a domicilio ante A Purísima. A sorte beneficiou ao equipo lugués, que aos 5 minutos tiña de renda un gol marcado en propia porta dos locais. Empataría cedo A Purísima, pero o Chantada non se rendeu e na segunda marcou o tanto que lle valería para sumar esta xornada.
Pola mínima obtivo a vitoria o Calasancio a domicilio sobre o Maceda. Moita igualdade entre os equipos, que se solventou no minuto 66 cun solitario tanto de Martiño.
MACEDA 0 - 1 CALASANCIO
CP Calasancio: Matías, Germán, Adrián, Carlos, Roi, Fabián, Luca, Marco, Samuel, Martiño e Noé. Tamén xogaron Alejandro, Iván, Diego, Marcos e Tiago.
Goles: Martiño no minuto 66.
Árbitro: Andrea Quintana Couceiro.
A PURÍSIMA 1 - 2 CHANTADA
ED Chantada: Lucas, Martín, Adrián G, Mateo, Gael, Mario L, Pablo, Piero, Yago, Adrián V e Francisco. Tamén xogaron Gabriel, Mario D, André, David e Adrián.
Goles: 0-1 (5'): en propia porta. 1-1 (15'): Hugo. 1-2 (54'): Martín.
Árbitro: Diego Alonso Blanco.
MONFORTE 3 - 1 UD OURENSE B
UD Ourense B: mario, Luis, Hugo Íker R, Íker G, Daniel, Mateo, Pablo, Miguel, Javier e José. Tamén xogaron Adrián, Anxo, Pablo, Mateo e Martín.
Goles: 1-0 e 2-0 (17' e 19'): Enmanuel. 3-0 (44'): Diego. 3-1 (80'): Daniel.
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.
PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR |
---|
Rúa | 0-3 | Pabellón ED Ourense |
Monforte | 3-1 | UD Ourense B |
Xinzo | 10-0 | Ribadavia |
Celanova | 5-0 | Santa Teresita |
Allariz | 0-10 | Arenteiro |
Ourense CF B | 0-9 | Bosco |
Maceda | 0-1 | Calasancio |
A Purísima | 1-2 | Chantada |
Próxima xornada
Chantada | - | Rúa |
Pabellón ED Ourense | - | Monforte |
UD Ourense B | - | Xinzo |
Ribadavia | - | Celanova |
Santa Teresita | - | Allariz |
Arenteiro | - | Ourense CF B |
Bosco | - | Maceda |
Calasancio | - | A Purísima |
Segunda
Sorte desigual na Segunda División, na que só o Monforte B logrou algo de renda, a modo de empate ante A Purísima no Luis Bodegas (1-1).
O tanto lugués entrou de penalti xa no segundo tempo por medio de Álex Pérez mentres o empate foi obra de Mateo só 4 minutos máis tarde.
Derrota cuantiosa do Calasancio B, que caeu ante o Polígono San Ciprián por 8-0. O equipo local xa tiña marcado dous goles aos seis minutos de xogo que foron 3 antes da pausa. Aos 9 minutos do segundo tempo xa tiñan sumados outros tres, o primeiro deles de penalti. Pouco puido aportar o Calasancio B ante un rival que foi superior.
MONFORTE B 1 - 1 A PURÍSIMA B
CD A Purísima B: Teo, Liang, Martín, Aridane, Daniel, Álex, Rubén, Mateo, Alejandro, Ian e Brais. Tamén xogaron Roberto, Hugo, Álvaro, Izan e José Ignacio.
Goles: 1-0 (53'): Álex P de penalti. 1-1 (57'): Mateo.
Árbitro: Óscar Cabañas López.
POL. SAN CIPRIÁN 8 - 0 CALASANCIO B
CP Calasancio B: Héctor, Marcos, Erea, Mateo, Roi, Hugo R, Aymen, Pau, Hugo B, Arnau e Saad Al Lah. Tamén xogaron Paula, Miguel e Antonio.
Goles: Alexandre (2), Martín, Sergio (2), Xoán (2, 1 de penalti) e Brais.
Árbitro: Alicia Gallego Cabanas.
SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR |
---|
Pabellón Ourense CF B | 11-1 | Terras de Maside |
Pabellón ED Ourense B | 1-0 | Barbadás B |
Rúa B | 3-0 | Amencer |
Velle | 3-4 | Verín B |
Xinzo B | 3-1 | Cented Academy |
A Peroxa | 4-2 | Arenteiro B |
Pereiro Aguiar | 1-0 | Bosco B |
Polígono San Ciprián | 8-0 | Calasancio B |
Monforte B | 1-1 | A Purísima B |
Próxima xornada
Terras de Maside | - | Pabellón ED Ourense B |
Barbadás B | - | Rúa B |
Amencer | - | Velle |
Verín B | - | Xinzo B |
Cented Academy | - | A Peroxa |
Arenteiro B | - | Pereiro Aguiar |
Bosco B | - | Polígono San Ciprián |
Calasacio B | - | Monforte B |
A Purísima B | - | Pabellón Ourense CF B |