O duelo dos dous equipos de Monforte rematou en táboas tras unha primeira parte goleadora

Un punto para cada equipo, deixando ao Chantada sen sumar pola derrota co Ribadavia. Na segunda o Monforte B logra a vitoria no tempo de desconto

Primeira

Partido emocionante o que xogaron os dous equipos de Monforte, veciños e rivais, que empataron a 4 tras unha primeira parte con moitos goles que xa foi 3-3.

Comezou a conta o Calasancio no minuto 2, pero non tardaría o empate do Monforte máis que tres minutos. Tras un tempo de liderado do equipo dos Escolapios, que chegou a 1-3 no marcador, dous minutos só necesitou o Monforte para irse ao descanso co 3-3 no reconto.

Na segunda seguiu o xogo directo e a pelexa pola vitoria pero só habería un gol para cada equipo, co Calasancio marcando en primeiro lugar, como na primeira parte.

Consulta a clasificación aquí

O Chantada caeu na casa ante o Ribadavia nun partido que parecía gañado aos dez minutos de comezar. Os vermellos abriron a conta cedo e no 10' xa estaban 2-0, o que parecía amosar unha vitoria clara. Na segunda un penalti a favor do rival cambiou o conto e o Ribadavia seguiu empuxando ata superar no marcador ao Chantada a cinco minutos do final.

MONFORTE 4 - 4 CALASANCIO

CF Monforte: Asier, Carlos, Aldara, Hugo L, Uxío, Yatlem, Diego, Érik L, Sharon, Lucas L e Lucas R. Tamén xogaron Santiago, Alexandre, Érik F, Izhar e Brais.
CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Carlos, Roi, Fabián, Luca, Marco, Samuel, Martiño e Noé. Tamén xogaron Iván, Efrén, Mateo, Alejandro e Tiago.
Goles: 0-1 (2'): Martiño. 1-1 (5'): Lucas. 1-2 (14'): Samuel. 1-3 (22'): Efrén. 2-3 (31'). Diego. 3-3 (32'): Érik. 2-3 (54'): Martiño. 4-4 (75'): Érik.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.

CHANTADA 2 - 3 RIBADAVIA

ED Chantada: Lucas, Martín, Gabriel, Adrián G, Mateo, Gael, Mario, Pablo, Yago, Adrián V e Francisco. Tamén xogaron Xabier, Óscar, Mario D, André e David.
Ribadavia Atlético: Selena, Sergio G, Lucas, Daniel, Iago, Érika, David, Iván, Hugo, Javi e Saúl. Tamén xogaron Izan, Dámaso, Yago, Sergio V e Alejandro.
Goles: 1-0 (6'): Mateo. 2-0 (10'): Gael. 2-1 (51'): Daniel de penalti. 2-2 (61'): Lucas. 2-3 (75'): David.
Árbitro: José Manuel Pérez Argos.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 11   

Allariz 0-5 Ourense CF B
Celanova 7-0 Maceda
Xinzo 5-2 A Purísima
Monforte 4-4 Calasancio
Rúa 2-2 Bosco
Pabellón ED Ourense 6-2 Arenteiro
UD Ourense B 2-1 Santa Teresita
Chantada 2-3 Ribadavia

 Próxima xornada    

Ourense CF B - Chantada
Maceda - Allariz
A Purísima - Celanova
Calasancio - Xinzo
Bosco - Monforte   
Arenteiro - Rúa
Santa Teresita - Pabellón ED Ourense 
Ribadavia - UD Ourense B

 

Segunda

O Monforte B salvou o duelo da fin de semana con vitoria sobre o Xinzo B por 2-1 nun duelo con moita tensión que se dirimiu no tempo de desconto. Foi o rival o que se adiantou no minuto 30, resultado co que se foi ao descanso. Na segunda, o Monforte empatou pero non sería ata o final, cando conseguirían o gol que necesitaban para os tres puntos.

Esta vitoria non a puido ver o adestrador local, que foi expulsado tras dúas tarxetas amarelas seguidas cando estaba o empate no marcador.

Consulta a clasificación aquí

O Calasancio B deixou pendente para o martes o partido contra o Rúa B, un dos equipos da parte alta, que pelexa polo ascenso a Primeira.

MONFORTE B 2 - 1 XINZO B

CF Monforte B: Clay, Manuel, Angie, Hugo, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Héctor, Fabrizio e Gareth. Tamén xogaron Adrián, Noa e Rida.
EDC Xinzo B: Hugo, Dylan, Álex, Brais R, Aimar, David, Gabriel, Xosé, Eloy, Mohamed e Xoel. Tamén xogaron Brais C, Tania, Isaac, Rubén e Brais B.
Goles: 0-1 (30'): Aimar. 1-1 (52'): Álex P. 2-1 (80'): Adrián. 
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 11         

Verín B 4-0 Amencer
Cented Academy 2-1 Barbadás B
Arenteiro B 3-2 Terras de Maside
Bosco B 1-1 Pabellón ED Ourense B
Calasacio B A Rúa B
A Purísima B 3-6 Velle
Monforte B 2-1 Xinzo B
Polígono San Ciprián 5-3 A Peroxa
Pabellón Ourense CF B 8-0 Pereiro Aguiar

 Próxima xornada

Amencer - Pabellón Ourense CF B 
Barbadás B - Verín B
Terras de Maside - Cented Academy
Pabellón ED Ourense B - Arenteiro B
Rúa B - Bosco B  
Velle - Calasancio B
Xinzo B - A Purísima B
A Peroxa - Monforte B
Pereiro Aguiar - Polígono San Ciprián