O Chantada infantil golea ao Allariz para levarse os únicos tres puntos cun póker de Gael

Derrota do resto de equipos da Primeira e da Segunda, neste caso con marcadores máis avultados
2ºLPI MONFORTE-TERRAS DE MASIDE3
photo_camera 2ºLPI MONFORTE-TERRAS DE MASIDE3

Primeira

Cun póker de goles de Gael, un deles de penalti, e o de Martín, ademais dun en propia do rival, o Chantada pasou por riba do Allariz, pechacancelas do grupo, no seu partido do sábado.

Foi precisamente Gael o que abriu o marcador no minuto 9 de penalti e Martín coroaría o 0-2 do descanso cun novo tanto. Tardarían en volver os goles ao campo do Sangoñedo, concretamente o do Allariz que acurtaba distancias no minuto 60, pero non contaban con que Gael poríase ao mando do balón para meter tres goles en cinco minutos, ademais do que meteu en propia o conxunto local.

Boa situación para os chantadinos, que se sitúan no posto sétimo mentres que os outros dous monfortinos colleitaron senllas derrotas

Consulta a clasificación aquí

O Monforte caeu coa Purísima por 3-0 que foi 1-0 ata o último minuto do duelo, cando entraron os dous últimos tantos. Derrota para o conxunto da cidade do Cabe, que lastrou o gol que encaixou no minuto 9 e non puido levantar malia os seus intentos. Derrota que sabe peor xa que era un dos equipos que estaban na parte baixa e agora queda xusto por debaixo na táboa, deixando ao Monforte no posto 8.

Algo máis por baixo queda o Calasancio tras perder o sábado ante o Rúa nos Escolapios. Os locais encaixaron dous goles no primeiro tempo e mantiveron esa situación ata o desconto, cando o Calasancio acortou distancias. Sen embargo, no mesmo minuto o Rúa marcou outro tanto.

A PURÍSIMA 3 - 0 MONFORTE

CD A Purísima: Anxo, Teo, Hugo, Diego, Rodrigo, Pablo, Luis, Daniel, Adrián, Lucas e Fernando. Tamén xogaron Gabriel, Yago, Juan e Alan.
CF Monforte: Asier, Álex, Alexandre, Aldara, Hugo L, Uxío, Yatlem, Diego, Érik L, Lucas L e Lucas R. Tamén xogaron Santiago, Érik F, Sharon, Izhar e Brais.
Goles: Adrián (9'), Lucas e Pablo (80').
Árbitro: Hugo Alcázar González.

CALASANCIO 1 - 3 RÚA

CP Calasancio: Matías, Luis, Adrián, Germán, Roi, Iván, Luca, Marcos, Samuel, Martiño e Markel. Tamén xogaron Efrén, Marcos, Noé, Alejandro e Tiago.
CD Rúa: Alberto, Pablo, Lola, Ánxela, Suso, Íker, Iris, Bruno, Asier, Diego e Adrián. Tamén xogou Isabel.
Goles: 0-1 e 0-2 (12' e 22'): Suso. 1-2 (8'9: Luca. 1-3 (80'): Diego.
Árbitro: Joel Lanzós Gómez.

ALLARIZ 1 - 6 CHANTADA

CD Allariz: Adrián, Martín, Iván, Pelayo, Anxo Prol, Xacobe, Rafael, Carlos, Simón, Hugo e Alexandre. Tamén xogaron Lucas, Ángel, e Anxo P.
ED Chantada: Lucas, Martín, Gabriel, Adrián G, Gael, Pablo, Piero, Yago, Adrián V, André e Francisco. Tamén xogaron Xabier, Óscar, Mario L, Mario D e David.
Goles: 0-1 (9'): Gael de penalti. 0-2 (12'): Martín. 1-2 (60'): Rafael. 1-3 (70'): Gael. 1.3 (72'): en propia porta. 1-5 e 1-6 (73' e 75'): Gael.
Árbitro: Manuel González Castro.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 10         

Allariz 1-6 Chantada
Ourense CF B 1-5 Celanova
Maceda 0-6 Xinzo
A Purísima 3-0 Monforte   
Calasancio 1-3 Rúa
Bosco 3-5 Pabellón ED Ourense 
Arenteiro 5-1 UD Ourense B
Santa Teresita 7-6 Ribadavia

   Próxima xornada

Allariz - Ourense CF B
Celanova - Maceda
Xinzo - A Purísima
Monforte - Calasancio
Rúa - Bosco
Pabellón ED Ourense - Arenteiro
UD Ourense B - Santa Teresita
Chantada - Ribadavia

 

Segunda

Derrota contundente dos dous equipos da provincia. O Calasancio B foi ante o Pabellón ED Ourense, un dos equipos da parte alta. O primeiro tempo xa foi visto para sentenza, no momento no que o marcador estaba 5-0 no descanso.

Consulta a clasificación aquí

Situación similar para o Monforte B, que tamén tiña como rival a un equipo de arriba, o Velle e ante o que caeu 5-1. Máis igualdade neste caso, xa que no intermedio o resultado era de 2-1, sendo o Monforte o último en marcar antes da pausa por medio de Noa. Na segunda chegaron os outros tres tantos espaciados no tempo.

VELLE 5 - 1 MONFORTE B 

CD Velle: Nerea, Xandre, Brais, Adrián, Jon, Íker, David, Iván, Alexandre, Xoel e Mario. Tamén xogaron Hugo, Aitor, Xavi, Pedro e Isaac.
CF Monforte B: Clay, Angie, Hugo, Andy, Manuel, Pau, Álex P, Héctor, Mateo, Fabrizio e Raúl. Tamén xogaron Adrián, Pepe, Noa e Leyre.
Goles: 1-0 e 2-0 (10' e 23'): Brais. 2-1 (38'): Noa. 3-1 e 4-1 (52' e 61'): Brais. 5-1 (80'): Jon. 
Árbitro: David Guzmán Falcón.

PABELLÓN ED 6 - 0 CALASANCIO B

Pabellón ED Ourense B: Guillerme, Lois, Raico, Joel, Lalo, Gael, Pedro, Uxío, Daniel, Tamirat e Íker. Tamén xogaron Javier, Alejandro, Martín, Álvaro e Pablo.
CP Calasancio B: Gorka, Marcos, Erea, Roi, Alejandro, Hugo, Arnau, Wilmer, Paula, Aymen e Hugo. Tamén xogaron Miguel, Antonio, Pau, Samuel e Saad.
Goles: Luis (9'), Pedro (12', 34' e 38') e Lalo (16' e 59').
Árbitro: Carlos Gustavo Huttner Sánchez.
 
SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 10         

Verín B 1-5 Pabellón Ourense CF B 
Amencer 0-4 Cented Academy
Barbadás B 4-2 Arenteiro B
Terras de Maside 0-6 Bosco B  
Pabellón ED Ourense B 6-0 Calasancio B
Rúa B 2-1 A Purísima B
Velle 5-1 Monforte B
Xinzo B 5-2 Polígono San Ciprián 
A Peroxa 3-2 Pereiro Aguiar

Próxima xornada      

Verín B - Amencer
Cented Academy - Barbadás B
Arenteiro B - Terras de Maside
Bosco B - Pabellón ED Ourense B
Calasacio B - Rúa B
A Purísima B - Velle
Monforte B - Xinzo B
Polígono San Ciprián - A Peroxa
Pabellón Ourense CF B - Pereiro Aguiar