Dúas vitorias e unha derrota para a provincia que manteñen aos tres equipos na zona media

Triunfo do Calasancio B na Segunda e goleada en contra do Monforte B ante un dos equipos da parte alta

Primeira

Dúas vitorias e unha derrota para os equipos da provincia esta fin de semana na categoría infantil deixando aos tres equipos xuntos na zona media co Monforte en cabeza.

O Monforte venceu ao Maceda por 2-1 nun partido no que os goles tardaron en chegar, xa que o partido pasou polo ecuador co 0-0 no marcador. Aínda así, foi o rival o que abriu a conta, no 44' pero catro minutos despois Érik dáballe a volta ao resultado ata o 2-1 do final. O segundo gol chegou tras unha vermella ao equipo visitante que o deixou cun menos no minuto 65.

Consulta a clasificación aquí

O Chantada tamén venceu e fíxoo ante o Santa Teresiña. Os vermellos marcaron os dous tantos no tramo final, nos últimos dez minutos, obra de Gael e Pablo.

O Calasancio pola súa conta perdeu contra o Pabellón ED, equipo da zona de promoción. Aguantaron os lugueses o marcador a cero ata o 25' e pecharon a primera metade o 1-0 no marcador. Á volta, os locais abriron a fenda en 15 minutos ata o 5-0 deixando o partido listo para a sentenza, que chegou no minuto 71 co último tanto.

MONFORTE 2 - 1 MACEDA

CF Monforte: Asier, Alexandre, Aldara, Hugo L, Uxío, Yatlem, Diego, Érik L, Sharon, Lucas L e Lucas R. Tamén xogaron Santiago, Érik F, Sharon, Izhar e Brais.
CEDC Maceda: Xián, Manuel, Jacobo, Teo, Gabriel, Miguel, Manuel, Mateo, Rodrigo, Mario e Lucas. Tamén xogaron Breogán, Yann, Brais e Eric.
Goles: 0-1 (44'): Miguel. 1-1 e 2-1 (49' e 69'): Érik.
Árbitro: David Pérez Rodríguez.

PABELLÓN ED 6 - 0 CALASANCIO

Pabellón ED Ourense: Javier, Alejo, Daniel, Íker S, Lalo, Guillermo, Álvaro G, Íker F, Álvaro V, Hugo e Íker I. Tamén xogaron Pablo, Diego e David.
CP Calasancio: Matías, Efrén, Adrián, Carlos, Roi, Germán, Luca, Marcos, Samuel, Martiño e Alejandro. Tamén xogaron Márkel, Marcos, Noé, Iván e Tiago.
Goles: Diego (25', 41' e 55'), Daniel (47', 52') e Álvaro G (71').
Árbitro: Gabriel Márquez Pérez.

CHANTADA 2 - 0 SANTA TERESIÑA

ED Chantada: Xabier, Martín, Adrián G, Mateo, Gael, Mario L, Mario D, Pablo, Yago, Adrián V e Francisco. Tamén xogaron Óscar, Gabriel, Piero, André e David.
CDC Santa Teresiña: Manuel, Daniel, Pablo G, Diego, Thiago, David, Xoel, Nuno, Froylan, Adrián e Pablo C. Tamén xogaron Lucas, Luis e Yaser.
Goles: Gael no minuto 70 e Pablo no minuto 79.
Árbitro: José Luis Abadín Fernández.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 9             

Celanova 8-1 Allariz
Xinzo 8-0 Ourense CF B
Monforte 2-1 Maceda
Rúa 3-1 A Purísima
Pabellón ED Ourense 6-0 Calasancio
UD Ourense B 0-5 Bosco
Ribadavia 1-4 Arenteiro
Chantada 2-0 Santa Teresita

  Próxima xornada

Allariz - Chantada
Ourense CF B - Celanova
Maceda - Xinzo
A Purísima - Monforte   
Calasancio - Rúa
Bosco - Pabellón ED Ourense 
Arenteiro - UD Ourense B
Santa Teresita - Ribadavia

 

Segunda

O Calasancio B logrou este domingo unha vitoria, a segunda da tempada, vencendo ao Terras de Maside por 2-1. Dada a súa situación parella na táboa, o equipo dos Escolapios ascende un posto máis.

Dominaron os vermellos, que marcaron o primeiro tanto antes do descanso por medio de Hugo. Foi na segunda cando empatou o rival pero o Calasancio B logrou, por medio de Roi, levarse os tres puntos co segundo tanto, a sete minutos do final

Consulta a clasificación aquí

Derrota incuestionable do Monforte B ante o Rúa, que firmou un 0-10 que castigou moito aos locais. Os visitantes abriron o marcador no minuto 4 e no 9 xa levaban tres en contra, un deles en propia porta. Tras un rato de recuperación, recibiron dous máis antes da pausa.

Na segunda metade tamén estiveron 20 minutos mantendo o marcador sen alteracións pero no 61 entraron dous seguidos e tres máis nos últimos cinco minutos do duelo.

MONFORTE B 0 - 10 RÚA B

CF Monforte B: Clay, Andy, Hugo, Rayan, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Fabrizio, Mateo e Leyre. Tamén xogou Adrián.
CD Rúa B: Pablo, Aitor G, Iris, Bruno, Isabel, Manuel, Adrián, Xoel, Lucas, Marcos e Mauro. Tamén xogaron Óscar, Aitor R e Paulo.
Goles: Manuel, Iris, Paulo (2), Bruno, Lucas, Óscar, Mauro e Marcos. Un en propia porta do Monforte.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

CALASANCIO B 2 - 1 TERRAS DE MASIDE

CP Calasancio B: Héctor, Marcos, Mateo, Roi, Alejandro, Miguel, Aymen, Wilmer, Markus, Jorge e Hugo. Tamén xogaron Gorka, Xacobe, Arnau, Samuel e Erea.
ED Terras de Maside: Daniel, Andrés, Lucas, Mauro, Xairo, Xabi, Íker, Hugo, Marc, Rodrigo e Brayan.
Goles: 1-0 (30'): Hugo. 1-1 (53'): Rodrigo. 2-1 (73'): Roi.
Árbitro: María Josefa Fernández Rodríguez.
 
SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 9           

Cented Academy 3-1 Verín B
Arenteiro B 3-0 Amencer
Bosco B 2-0 Barbadás B
Calasacio B 2-1 Terras de Maside
A Purísima B 1-0 Pabellón ED Ourense B
Monforte B 0-10 Rúa B
Polígono San Ciprián 2-3 Velle
Pereiro Aguiar 2-4 Xinzo B
Pabellón Ourense CF B 12-0 A Peroxa

  Próxima xornada          

Verín B - Pabellón Ourense CF B 
Amencer - Cented Academy
Barbadás B - Arenteiro B
Terras de Maside - Bosco B  
Pabellón ED Ourense B - Calasancio B
Rúa B - A Purísima B
Velle - Monforte B
Xinzo B - Polígono San Ciprián 
A Peroxa - Pereiro Aguiar