O Lugo B baixou ao Ceosport do podio despois de gañarlle a domicilio

Tres goles de diferenza nun partido que quedou decantado na primeira metade e que permitiu que o Milagrosa subira ao segundo posto da lista

Grupo 1

O Lugo B continúa á cabeza do grupo 1 con nove vitorias ás costas e esta quenda fíxolle baixar do podio ao Ceosport despois de gañarlles a domicilio. Na primeira metade os albivermellos deixaron o partido practicamente sentenciado e remataron cun 1-4 no taboleiro.  O resultado fixo que o Milagrosa se puxera no segundo posto da clasificación, xa que se levou os tres puntos cunha merecida vitoria sobre o Viveiro B. Os da capital gañáronlle na casa por 5-0.

Un posto subiu tamén o Burela, que se recuperou da derrota da semana pasada cun triunfo visitante contra o Castro. Os da mariña adiantáronse cun tanto de Jaime na primeira parte e remataron gañando o partido por 0-4.  No caso contrario, o Ribadeo baixou ao sexto posto despois de ser superado a domicilio polo Porto Burela, agora cuarto clasificado. Os do Porto marcaron primeiro, pero empatáronlles no inicio da segunda metade. Aínda así, os locais seguiron insistindo ata volver poñerse por diante e conseguiron a vitoria por 3-1.

O Lourenzá púxose sétimo despois de superar o Vilalbés B por 1-4, grazas a romper o empate na segunda metade. No caso do Foz, ocupa agora o noveno posto xa que foi derrotado polo Guitiriz. O duelo celebrado no Suso Cruz estivo moi igualado, pero despois de pasar dúas veces polo empate os locais conseguiron poñerse 4-3 e levarse os tres puntos. 

Enfrontáronse nesta xornada os dous últimos equipos da clasificación. A Comercial B conseguiu o primeiro triunfo do curso superando á Piringalla B por 2-1 grazas aos goles de Adrián e Diego na primeira parte.

Consulta a clasificación aquí 

CEOSPORT 1 - 4 LUGO B

Ceosport Lucense: Iker, Alejandro, Marco, Uxío, Pedro, Izan, Pablo, Álex, Hugo, Marco C e Miguel. Suplentes: Jesús A, Luca, Andrés e Juan.
CD Lugo SAD: Raúl, Iker, Gabriel, Mael, Lois, Bruno, Manuel, Óscar, Alex, Anxo e Bruno P. Suplentes: Miguel, Sergio, Xaime B, Hugo e Germán.
Goles: 0-1 (15'): Gabriel. 0-2 (21'): Óscar. 0-3 (38'): Xaime B. 1-3 (41'): Luca. 1-4 (42'): Bruno P, de penalti.
Árbitro: Javier López López.

GUITIRIZ 4 - 3 FOZ

Guitiriz SD: Javier, Iván, Oriol, Brais, Miguel, Ángel, Jonnathan, Aitor, Jose, David e Xan. Suplentes: Marcos e Brais V.
CD Foz: Marcos, Iago, Mateo, Mateo P, Iker, Álvaro, Nicolás, Anxo, Ángel, Joseba e Mateo G. Suplentes: Iago I, Iago R, Xabier, David e Eloy.
Goles: 1-0 (2'): Jonnathan. 1-1 (8'): Eloy. 2-1 (12'): Oriol. 2-2 (15'): Nicolás. 3-2 (55'): Aitor. 4-2 (72'): Jonnathan. 4-3 (79'): Eloy.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.

MILAGROSA 5 - 0 VIVEIRO B

SCD Milagrosa: Iker, Brais, Pablo, Lucas, Pablo A, José Á, Brais D, Daniel, Alejandro M, Antón e Adrián. Suplentes: Gabriel, Yassine, Iván e Mario A.
SD Viveiro: Dimas, Ángel M, Vasile A, Ignacio, Brais, Bruno, Leo, Diego, Miguel, Junior e Xabier. Suplentes: Pedro e Xoel.
Goles: 1-0 (39'): José Á. 2-0 (45'): Antón. 3-0 (46'): Daniel. 4-0 (59'): Iván. 5-0 (73'): Antón, de penalti.
Árbitro: Fernando Fernández López.

CASTRO 0 - 4 BURELA

CD Castro: Roi, Pablo, Iván, Mateo, Miguel, Diego, Pablo R, Miguel D, Diego P, Raúl e Sergio. Suplentes: Jorge, Martin, Bruno, Diego V e Simón.
Burela SD: Íker, Hugo, Mateo, Diego, Samuel, Jaime, Aleixo, Alejandro, Antón, Pablo e Samuel D. Suplentes: Íker G, Ángel, Cristian R, Brais e Sergio.
Goles: 0-1 (12'): Jaime. 0-2 (45'): Samuel D. 0-3 (77'): Hugo. 0-4 (80'): Mateo.
Árbitro: Ronal Harrison Ramírez Ribeiro.

PORTO BURELA 3 - 1 RIBADEO

SD Porto Burela: Manuel, Asier, Manuel B, Daniel, Noel, Jorge, Abdelmonsif, David, Samuel, Álvaro e Hugo. Suplentes: Efrén, Izan, Brais e Raúl.
SD Ribadeo: Alan, Fabrizio T, Bruno, Nacho, Iago, Iago M, Alex, Rafael, Jorge, Isayas e Iván. Suplentes: Antonio, Xandre e Eloy.
Goles: 1-0 (8'): Samuel. 1-1 (42'): Isayas. 2-1 (70'): Álvaro. 3-1 (77'): Abdelmonsif.
Árbitro: Raúl López Martínez.

VILALBÉS B 1 - 4 LOURENZÁ

Rácing Club Vilalbés: Iker, Martín, Enzo, Bruno, Anxo, Samuel, Martín M, Alberto, Anxo Q, Alejandro e Hugo. Suplentes: Hugo B, Lucas e Alejandro G.
ED Lourenzá: Rubén M, Borja, Nahuel, Sergio, Anxo, Mateo, Lucas, Iago, Fabián, Pablo e Alex. Suplentes: Hugo, Manoel e Gael.
Goles: 0-1 (15'): Lucas. 1-1 (39'): Alberto. 1-2 (52'): Gael. 1-3 (57'): Iago. 1-4 (76'): Iago.
Árbitro: Josué Villabrille Forja.

 COMERCIAL B 2 - 1 A PIRINGALLA B

SG Comercial: Juan C, Xalo, Borja, Jaime, David, Hayelom, Iván, Rubén, Samuel, Adrián e Diego.
ADC A Piringalla: Javier, Mateo, Raúl, Mario, Íker, Alex, Íker F, Sergio, Javier P, Uxío e Youssef. Suplentes: Hugo, Noelia, Hugo A e Martín.
Goles: 1-0 (11'): Adrián. 2-0 (40'): Diego. 2-1 (48'): Alex.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.

 

 

PRIMEIRA GALICIA INFANTIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 11

Ceosport 1-4 Lugo B
Guitiriz 4-3 Foz
Milagrosa 5-0 Viveiro B
Castro 0-4 Burela
Porto Burela 3-1 Ribadeo
Vilalbés B 1-4 Lourenzá
Comercial B 2-1 A Piringalla B
  D Polvorín B

Próxima xornada

Lugo B - Comercial B
Foz - Ceosport Lucense
Viveiro B - Guitiriz
Burela - Milagrosa
Ribadeo - Castro
Polvorín B - Porto Burela
A Piringalla B - Vilalbés B
  D Lourenzá

 

Grupo 2

No caso do grupo 2, os poucos cambios rexistrados na lista déronos as sorpresas do San Roque e o Corgo. Os primeiros subiron  ao oitavo posto grazas a gañarlle ao Sagrado Corazón a domicilio. Co marcador 3-3 un penalti sentenciou a vitoria para os visitantes por 3-4. Subiu tamén un posto o Corgo, que lle venceu ao Residencia B, terceiro clasificado. Despois dun primeiro gol dos locais, os da capital conseguiron empatar o partido na segunda metade, pero os do Corgo volveron poñerse por diante e remataron o duelo cun 3-2.

O Casás baixou ao décimo posto trala derrota contra os líderes, o Polvorín. Os amarelos seguen invictos despois de rematar o onceavo partido cun triunfo de 4-0. A Piringalla continúa tamén no segundo posto, goleou esta quenda á Comercial por 8-0. Outra avultada vitoria foi para o Becerreá, que non baixou a cabeza despois da última derrota, e varreu ao Antas por 7-1.

A Sarriana manténse no sétimo posto, pero cunha vitoria máis ao conseguir os tres puntos fronte ao Monterroso. Os brancos remontaron un gol en contra con goles de Raúl, Gonzalo e David. O resultado favoreceu ao Ceosport B, que puido subir un posto despois de superar ao Gimnástica Lucense por 2-4 no Rodríguez Lago. 

O único empate rexistrado nesta xornada asinárono o Palas e a Ferroviaria nos Chacotes. Os visitantes adiantáronse primeiro a través de Jonathan e aínda que os locais empataron no 23', foronse ao descanso cun 1-2. David conseguiu volver a poñer as táboas na marcador na segunda metade.

Consulta a clasificación aquí

A PIRINGALLA 8 - 0 COMERCIAL

ADC A Piringalla: Alejandro, Brais, Carlos, Diego, Mario, Iván, Héctor, Adrián, Raúl, Pepe e Lucas. Suplentes: Hugo, Jorge X, Adrián A e Alejandro L.
SG Comercial: Xavi, Miguel, Lucas, Pablo, Pedro, Saúl, Yerai, Cristian, Manuel, Antia e Jesús. Suplentes: Alba.
Goles: 1-0 (6'): Brais. 2-0 (20'): Adrián. 3-0 (28'): Adrián A. 4-0 (35'): Alba, en propia. 5-0 (54'): Hugo. 6-0 (64'): Mario. 7-0 (66'): Mario. 8-0 (77'): Mario.
Árbitro: Vicente Castro Rico.

POLVORÍN 4 - 0 CASÁS

EF Polvorín: Sergio, David, Brais, Pablo, Adrián, Sergio S, Miguel, Bruno, Hugo, Nicolás e Daniel. Suplentes: Carlos, Iván, Aaron e Mateo.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Israel, Jacobo, Mateo, Rodrigo, Nicolás, Nicolás C, Hugo, Anxo, Reda e David. Suplentes: Emilio L, Iliasse, Lois, Alonso e David N.
Goles: 1-0 (36'): Mateo. 2-0 (57'): Sergio S. 3-0 (78'): Aarón. 4-0 (80'): Nicolás.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

CORGO 3 - 2 RESIDENCIA

CD Corgo: Daniel, Héctor, Marcos, Mario, Luís, Hadrian, Xavi, Adrián, Hugo, Juan e Yanis V. Suplentes: Iago, Brais e Álvaro.
SD Residencia: Julio, Mario, Brais, Iker, Izan, Lucas, Miguel, Hugo, Martín, Lois e Candela. Suplentes: Martiño, Xoel, Aarón, Adam e Martin.
Goles: 1-0 (40'): Adrián. 1-1 (50'): Brais, en propia. 2-1 (57'): Yanis V. 3-1 (73'): Brais. 3-2 (77'): Hugo.
Árbitro: David Comendeiro Sertaje.

BECERREÁ 7 - 1 ANTAS

SD Becerreá: Teo, Hugo, Iago, Hugo Q, Hugo R, Daniel, Samuel, Javier, Nicolás, Mario e Manuel. Suplentes: Eric, Oussama e Yoel.
SD Antas: Martin, Aarón, Camila, Alejandro, Martin Q, Mateo, Dana, Lucas, Martín A, Melanie e Alex. Suplentes: Matías, Cristian e Miguel.
Goles: 1-0 (13'): Javier. 2-0 (17'): Mario, de penalti. 3-0 (20'): Javier. 4-0 (28'): Javier. 5-0 (55'): Javier. 6-0 (63'): Hugo. 6-1 (66'): Martin Q. 7-1 (77'): Mario.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

MONTERROSO 1 - 3 SARRIANA

SD Monterroso: Jordi, Felipe, Diego, David, Aitor, Letizia, María, Martin, Brais, Saúl e David V. Suplentes: José, Adrián E, Marcos, Jesús e Brais S.
SD Sarriana: Pablo, David, Samuel, Gonzalo, Siro, Brais, Diego, Izan, Xavier, Enzo e Raúl. Suplentes: Javier, Pablo L, Diego R e Rubén.
Goles: 1-0 (51'): Brais S. 1-1 (55'): Raúl. 1-2 (77'): Gonzalo, de penalti. 1-3 (80'): David.
Árbitro: Anai Vázquez Expósito.

PALAS 2 - 2 FERROVIARIA

Palas CD: David, Daniel, Samuel, Alex, Rodrigo, Hugo, Marcos, Antón, Alex G, Martin e David F. Suplentes: Adrián, Emmanuel, Elkis M e Israel.
AD Ferroviaria: Raúl, Manuel, Deuri B, Carlos, Kevin, Hugo, Hugo G, Pablo, Pablo G, Aarón e Jonathan. Suplentes: Izan, Ángel D, André, Oliver e Nuno.
Goles: 0-1 (12'): Jonathan. 1-1 (23'): Martin. 1-2 (39'): Carlos. 2-2 (67'): David F.
Árbitro: Borja Bran López.

SAGRADO CORAZÓN 3 - 4 SAN ROQUE

ADC Sagrado Corazón: Diego, Eduardo, Manuel J, Manuel, Jacobo, Lucas, Raúl, Ruben, Ricardo, Atila e Francisco. Suplentes: Iazeel, Juan S, Martín, Adrián e Alejandro.
SDC San Roque: Álvaro A, Héctor, Daniel, Hugo, Antón, Ali, Jheremy, Luís, Manuel, Javier e Pablo. Suplentes: Alejandro, Manuel F, Alan e Aitor.
Goles: 1-0 (19'): Ricardo. 1-1 (31'): Jheremy. 2-1 (47'): Manuel J. 3-1 (49'): Lucas. 3-2 (63'): Jheremy. 3-3 (65'): Jheremy. 3-4 (80'): Manuel, de penalti.
Árbitro: Vicente Castro Rico.

GIMNÁSTICA 2 - 4 CEOSPORT B

Asociación Gimnástica Lucense: Álvaro, Adrián, Nico, Hugo D, Héctor, Alejandro, Gabriel, Fabian, Lucas N, Enrique e Xián. Suplentes: Martín, Bilal, Brais e Lucas.
Ceosport Lucense: Erik, Alex, Adrián, Andrés, Mauro, Iker, Ignacio, Álvaro, Jorge M, Jorge e Andrés. Suplentes: Carlos e Jairo.
Goles: 0-1 (2'): Adrián. 0-2 (29'): Jorge. 0-3 (33'): Jorge M. 1-3 (40'): Bilal. 2-3 (45'): Fabián. 2-4 (72'): Jorge.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 

 

PRIMEIRA GALICIA INFANTIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 11

A Piringalla 8-0 Comercial
Polvorín 4-0 Casás
Corgo 3-2 Residencia B
Becerreá 7-1 Antas
Monterroso 1-3 Sarriana
Palas 2-2 Ferroviaria
Sagrado Corazón 3-4 San Roque
Gimnástica 2-4 Ceosport B

Próxima xornada

Comercial - Gimnástica
Casás - A Piringalla
Residencia B - Polvorín
Antas - Corgo
Sarriana - Becerreá
Ferroviaria - Monterroso
San Roque - Palas
Ceosport B - Sagrado Corazón