O Polvorín vence o duelo de xigantes contra o A Piringalla e afástase na clasificación

Os amarelos reafirmáronse no primeiro posto conseguindo que os seus rivais directos polo primeiro posto do grupo 2 deixaran de ser invictos

Grupo 2

A xornada número nove deixou resolta a primeira cita entre dous titáns do grupo 2. O Polvorín conseguiu afastar ao A Piringalla do liderado gañándolle por 3-0. Ambos os dous equipos encontrábanse invictos ata o momento, pero os amarelos romperon a xeira dos rivais cun gol de Pablo, outro de David e máis un en propia dos da Piringalla. Agora o Residencia B está máis preto do segundo posto, xa que este acumulou unha vitoria máis esta quenda. Os albicelestes venceron ao Monterroso cunha goleada a domicilio de 0-7. Por sete goles venceu tamén o San Roque, que conseguiu un marcador de 1-8 contra o Gimnástica Lucense.

O Antas, no cuarto posto, recuperouse da derrota da pasada xornada triunfando nos Chacotes contra o Palas. O partido foise ao 1-1 nun inicio igualado, pero Lucas e Martín decantaron o choque a favor dos visitantes con un e con dous tantos, respectivamente. Un lugar menos na lista ocupa o Sagrado Corazón, que  foi quen de asegurar os tres puntos contra a Sarriana. Despois de 40' minutos de dominio local, o Sagrado deixaba case sentenciado o partido co 3-0 de Raúl, pero os brancos engancharonse co 3-1 de Gonzalo. Para non darlles esperanzas Manuel José fixo o 4-1, aínda que os de Sarria insistiron e remataron facendo o 4-2.

O Becerreá e o Casás mantéñense a dous puntos na clasificación despois de rematar o seu choque en empate. Os anfitrións do Municipal de Becerreá conseguiron adiantarse na primeira metade con tres goles, pero o Casás non lle perdeu a cara ao partido e conseguiu remontar ata o 3-3 final. No noveno posto, o Corgo levouse unha vitoria despois de dúas xornadas perdendo. Superou á Comercial na casa por 5-3 aguantando sempre por riba no taboleiro. O enfrontamento con menos goles da xornada foi o do Ceosport B contra a Ferroviaria, que remataron gañando os visitantes pola mínima.

Consulta a clasificación aquí 

POLVORÍN 3 - 0 A PIRINGALLA

EF Polvorín: Carlos, David, Brais, Pablo, Adrián, Sergio, Miguel, Bruno, Hugo, Nicolás e Daniel. Suplentes: Sergio V, Iván, Yago, Aarón e Mateo.
ADC A Piringalla: Alejandro, Carlos, Diego, Mario, Iván, Héctor, Hugo, Adrián, Juan, Pepe e Lucas. Suplentes: Xavier Y, Raúl e Jorge X.
Goles: 1-0 (33'): Pablo. 2-0 (45'): David. 3-0 (48'): Carlos, en propia.
Árbitro: Jose Luis Cabanas Parrado.

CORGO 5 - 3 COMERCIAL

CD Corgo: Daniel, Héctor, Marcos, Mario, Luis, Brais, Hadrián, Xavi, Adrián, Juan e Yanis V. Suplentes: Iago e Hugo.
SG Comercial: Pablo, Borja, Xalo, David, Hayelom, Iván, Rubén, Samuel, Adrián, Manuel e Antía. Suplentes: Yerai.
Goles: 1-0 (1'): Xavi. 2-0 (21'): Hadrián. 3-0 (32'): Juan. 3-1 (35'): Manuel. 4-1 (38'): Pablo, en propia. 4-2 (49'): Rubén. 5-2 (53'): Adrián. 5-3 (61'): Borja.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

BECERREÁ 3 - 3 CASÁS

SD Becerreá: Martin, Hugo, Iago, Hugo Q, Hugo R, Daniel, Eric, Samuel, Javier, Nicolás e Mario. Suplentes: Teo, Iván, Oussama, Manuel e Xoel.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Lois, Nicolás, Reda, Mateo, David, Anxo, Hugo, Rodrigo, Israel e Alonso. Suplentes: David A, Nicolás C e David N.
Goles: 1-0 (3'): Javier. 2-0 (22'): Mario. 3-0 (27'): Nicolás. 3-1 (41'): Hugo. 3-2 (72'): Lois. 3-3 (79'): David.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.

MONTERROSO 0 - 7 RESIDENCIA B

SD Monterroso: Jordi, Felipe, David, Aitor, Letizia, María, Martín, Brais, Marcos, Saúl e David V. Suplentes: Daniel, Serguei e Diego.
SD Residencia: Julio, Brais, Íker, Jose, Tiago, Iago, Lucas, Miguel, Hugo, Lois e Candela. Suplentes: Xoel, Martiño, Aarón, Gael e Martín.
Goles: 0-1 (36'): Lois. 0-2 (41'): Miguel. 0-3 (42'): Miguel. 0-4 (47'): Íker. 0-5 (53'): José. 0-6 (57'): José. 0-7 (70'): Iago.
Árbitro: Anai Vázquez Expósito.

PALAS 1 - 4 ANTAS

Palas CD: David, Hugo, David O, Adrián, Emmanuel, Elkis M, Marcos, Antón, Cristian, David F e Israel. Suplentes: Daniel, Rodrigo, Samuel, Alex e Martín.
SD Antas: Martín, David, Matías, Cristian, Alejandro, Mateo, Dana, Lucas, Martín Q, Melanie e Alex. Suplentes: Camila, Aarón, Martín A e Miguel.
Goles: - (5'): Lucas. 1-1 (14'): David O. 1-2 (26'): Lucas. 1-3 (39'): Martín A. 1-4 (43'): Martín A.
Árbitro: Paula Vásquez Díaz.

SAGRADO CORAZÓN 4 - 2 SARRIANA

ADC Sagrado Corazón: Iazeel, Eduardo, Manuel J, Xoel, Manuel, Lucas, Raúl, Juan S, Ricardo, Atila e Alejandro. Suplentes: Diego, Jacobo, Rubén, Martín e Francisco.
SD Sarriana: Pablo, Mateo, Gonzalo, Siro, Íker, Brais, Diego, Xavier, Raúl, Alex e Rubén. Suplentes: David, Samuel, Pablo L, Diego R e Ángel.
Goles: 1-0 (2'): Juan S. 2-0 (10'): Raúl. 3-0 (45'): Raúl. 3-1 (48'): Gonzalo. 4-1 (63'): Manuel J. 4-2 (75'): Gonzalo.
Árbitro: Álvaro Valín González.

CEOSPORT B 0 - 1 FERROVIARIA

Ceosport Lucense: Erik, Alex, Alejandro, Adrián, Andrés, Mauro, Ignacio, Álvaro, Jorge, Andrés e Samuel X. Suplentes: Manuel, Ignacio L, Adrián e Jorge M.
AD Ferroviaria: Adrián, Manuel, Ángel D, Carlos, Antón, Samuel, Nicolás, Oliver, Anas, Pablo e Aarón. Suplentes: Izan, Iago, Kevin, Nuno e Jonathan.
Goles: 0-1 (28'): Iago.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

GIMNÁSTICA 1 - 8 SAN ROQUE

Asociación Gimnástica Lucense: Álvaro, Martín, Adrián, Nico, Hugo D, Alejandro, Gabriel, Fabián, Ahmed, Enrique e Xián. Suplentes: Brais e Pablo.
SDC San Roque: Álvaro A, Marcos, Manuel, Adrián, Héctor, Hugo, Ali, Jheremy, Manuel L, Javier e Pablo. Suplentes: Alejandro, Aitor, Daniel, Luís e Jordan F.
Goles: 0-1 (13'): Jheremy. 0-2 (15'): Pablo. 0-3 (31'): Héctor. 1-3 (34'): Nico. 1-4 (45'): Adrián. 1-5 (60'): Adrián, en propia. 1-6 (70'): Manuel L. 1-7 (75'): Jheremy. 1-8 (78'): Pablo.
Árbitro: Vicente Castro Rico.

 

 
PRIMEIRA GALICIA INFANTIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 9

Polvorín 3-0 A Piringalla
Corgo 5-3 Comercial
Becerreá 3-3 Casás
Monterroso 0-7 Residencia B
Palas 1-4 Antas
Sagrado Corazón 4-2 Sarriana
Ceosport B 0-1 Ferroviaria
Gimnástica 1-8 San Roque

Próxima xornada

A Piringalla - Gimnástica
Comercial - Polvorín
Casás - Corgo
Residencia B - Becerreá
Antas - Monterroso
Sarriana - Palas
Ferroviaria - Sagrado Corazón
San Roque - Ceosport B

Grupo 1

No caso do grupo 1 a derradeira xornada deixou sorpresa no liderado, xa que o Lugo B foi superado polo Milagrosa. No partido celebrado no Luís Gorgoso os locais conseguiron os tres puntos con goles na segunda metade, facendo así que o Lugo sufrira a súa primeira derrota.

Mellor sorte tivo o Ribadeo, que lle gañou ao Vilalbés B coma visitante cun amplo marcador de 0-7. Os da Mariña mantéñense terceiros con 19 puntos. Un menos ten o Ceosport, que se levou os tres contra o Guitiriz coma visitante. Catro goles na primeira metade e un na segunda, sentenciaron o partido celebrado no Suso Cruz, no que os locais conseguiron un tanto nos minutos finais tras un penalti a favor.

O Viveiro B baixou ao oitavo posto despois de empatar contra o Porto Burela, que conserva o número seis da lista. No partido celebrado no Anexo da Marosa comezaron adiantándose os locais, pero un tanto de Brais no minuto 55 deixou o choque co 1-1 no taboleiro. Deste xeito, o Foz subiu ao quinto posto cun triunfo visitante ante o Castro. Os focenses leváronse o partido por 3-5 aínda que os locais non baixaron os brazos en ningún momento.

O Lourenzá mantense no noveno posto cunha vitoria máis na táboa. Os mariñaos superaron na casa á Comercial B despois de que os da capital empataran na segunda parte grazas a un hat trick de Iago e máis un gol de Manoel. O Polvorín B conseguiu a vitoria ante A Piringalla B nun partido aberto ata o final. Os amarelos fóronse 1-4 no minuto 64 de partido, pero o conxunto visitante apertou facendo dous goles na recta final que os achegou co 3-4. Malia isto, quedaron sen tempo para empatar e os tres puntos foron para o Polvorín B. 

Consulta a clasificación aquí 

GUITIRIZ 1 - 5 CEOSPORT

Guitiriz SD: Javier, Aitor, Iván, Oriol, Brais, Ángel, Miguel, Jonnathan, Jose, Marcos e Brais V. Suplentes: Daniel e Xan.
Ceosport Lucense: Iker, Alejandro, Marco, Pablo, Luca, Uxio, Pedro, Izan, Pablo B, Álex e Hugo. Suplentes: Jesús A, Andrés, Marco C e Miguel.
Goles: 0-1 (1'): Pedro. 0-2 (20'): Hugo. 0-3 (33'): Izan. 0-4 (37'): Pablo, de penalti. 0-5 (66'): Luca. 1-5 (79'): Xan, de penalti.
Árbitro: Eduardo Feijóo Trigo.

MILAGROSA 3 - 0 LUGO B

SCD Milagrosa: Iker, Sergio, Mario A, Pablo, Lucas, Pablo A, Brais, Daniel, Alejandro, Juan A e Antón. Suplentes: Hugo, Gabriel, José Á, Joel e Iván.
CD Lugo SAD: Raúl, Marco, Gabriel, Manuel, Oscar, Sergio, Alex, Anxo, Bruno, Iago e Pablo. Suplentes: Mael, Bruno S, Mateo, Xaime B e Hugo.
Goles: 1-0 (53'): Alejandro. 2-0 (53'): Alejandro. 3-0 (79'): Iván.
Árbitro: David Rodríguez López.

CASTRO 3 - 5 FOZ

CD Castro: Aitor, Diego, Jorge, Pablo, Iván, Miguel, Diego C, Pablo R, Miguel D, Diego P e Sergio. Suplentes: Roi, Martín, Mateo, Raúl e Simón.
CD Foz: Iago, Iago D, Mateo, Mateo P, Iker, Mateo G, Álvaro, Nicolás, Anxo, Joseba e Íker F. Suplentes: Iago I, Xabier, David, Angel e Eloy.
Goles: 0-1 (20'): Íker F. 0-2 (46'): Eloy. 0-3 (48'): Íker. 1-3 (51'): Diego P. 1-4 (58'): Íker. 2-4 (68'): Iván. 3-4 (74'): Miguel. 3-5 (79'): Íker F.
Árbitro: Ronal Harrison Ramírez Ribeiro.

PORTO BURELA 1 - 1 VIVEIRO B

SD Porto Burela: Manuel, Asier, Manuel B, Daniel, Noel, Jorge, Samuel, Álvaro, Brais, Iker e Raúl. Suplentes: Efrén, David, Alejandro, Hugo e Camilo.
SD Viveiro: Nicolás, Eric, Hugo, Beltrán, Ignacio, Brais, Bruno, Leo, Miguel, Júnior e Manuel. Suplentes: Dimas, Vasile A, Diego, Eric C e Martín.
Goles: 1-0 (18'): Asier. 1-1 (55'): Brais.
Árbitro: Antonio Javier Lanzos Rey.

VILALBÉS B 0 - 7 RIBADEO

Rácing Club Vilalbés: Iker, Martín, Lucas, Bruno, Martín B, Samuel, Hugo, Alberto, Anxo, Allen e Leandro M. Suplentes: Alejandro, Aarón e Hugo B.
SD Ribadeo: Alan, Fabrizio T, Bruno, Nacho, Iago, Iago M, Isayas, Rafael, Eloy, Jorge e Iván. Suplentes: Raul, Antonio, Xandre e David.
Goles: 0-1 (10'): Rafael. 0-2 (18'): Iago M. 0-3 (22'): Isayas. 0-4 (29'): Isayas. 0-5 (41'): Isayas. 0-6 (66'): Xandre. 0-7 (74'): Iago M.
Árbitro: Josue Villabrille Forja.

A PIRINGALLA B 3 - 4 POLVORÍN B

ADC A Piringalla: Leo, Alejandro, Mateo, Raúl, Mario, Íker, Alex, Íker F, Sergio, Javier e Hugo. Suplentes: Javier S, Hugo R, Noelia e Martín.
EF Polvorín: Airas, Guillermo, Alejandro, Sergio, Andrés, Antón, Brais, Alejandro R, Eloy, Pablo e Diego. Suplentes: Hugo, Daniel, Damián e David.
Goles: 0-1 (2'): Andrés. 0-2 (25'): Andrés. 0-3 (36'): Hugo. 1-3 (38'): Íker. 1-4 (64'): Alejandro R. 2-4 (67'): Alex, de penalti. 3-4 (80'): Íker.
Árbitro: Javier López López.

LOURENZÁ 5 - 2 COMERCIAL

ED Lourenzá: Rubén M, Borja, Nahuel, Fabián, Sergio, Anxo, Iago, Mateo, Pablo, Gael e Alex. Suplentes: Hugo e Manoel.
SG Comercial: Juan C, Borja, Borja V, Miguel, Jaime, Pablo, David, Cristian, Diego, Alba e Jesús. Suplentes: Xalo, Hayelom e Manuel.
Goles: 1-0 (5'): Fabian. 1-1 (55'): Borja. 2-1 (65'): Iago. 3-1 (74'): Iago. 4-1 (76'): Iago. 5-1 (76'): Manoel. 5-2 (77'): Miguel.
Árbitro: Alejandro Luna Mendez.

 

 
PRIMEIRA GALICIA INFANTIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 9

Guitiriz 1-5 Ceosport
Milagrosa 3-0 Lugo B
Castro 3-5 Foz
Porto Burela 1-1 Viveiro B
Vilalbés B 0-7 Ribadeo
A Piringalla B 3-4 Polvorín B
Lourenzá 5-2 Comercial B
  D Burela

Próxima xornada

Ceosport - Comercial B
Lugo B - Guitiriz
Foz - Milagrosa
Viveiro B - Castro
Burela - Porto Burela
Polvorín B - Vilalbés B
Lourenzá - A Piringalla B
  D Ribadeo