Grupo 1
O Pontenova acompañará ao Vilalbés no grupo de ascenso tras asegurarse o segundo posto vencendo ao Castro. Enfrontábanse esta derradeira xornada o segundo e terceiro clasificado, cunha diferenza de tan só dous puntos e moito en xogo. Cedo se lle puxo o partido ao seu favor ao Pontenova, xa que se adiantaron nos primeiros minutos do duelo. O 0-1 mantívose ata a segunda metade, na que o Spórting sentenciou ao Castro con dous tantos máis. Os vermellos quedaron así empatados a 40 puntos co Ribadeo, que conseguiu vencer ao Polvorín B e quedou cuarto. Os da Mariña impuxéronse no Pepe Barrera cunha goleada de 6-1.
No quinto posto quedou o Milagrosa B, que remata a liga regular cunha xeira de tres vitorias despois de superar ao Guitiriz por 3-1 e deixarlle por baixo na táboa. O Viveiro B conseguiu a outra goleada da xornada contra A Piringalla B e romper así co golpe das últimas derrotas. O Río Ouro e o Residencia B remataron empatando sen goles para quedar no oitavo e noveno posto, respectivamente. Por diante do Polvorín B e A Piringalla B.
MILAGROSA B 3 - 1 GUITIRIZ
Guitiriz SD: Javier, Daniel, Oriol, Jose, Iván, Brais, Juan, Ángel, Aitor, Nicolás e Martín. Tamén xogou Brais R.
Goles: 1-0 (10'): Luis S. 2-0 (20'): Leo. 3-0 (44'): Leo. 3-1 (60'): Brais.
Árbitro: Soufiane Belhelba.
VIVEIRO B 6 - 1 A PIRINGALLA B
ADC A Piringalla B: Rafael, Edgar, Guillermo, Daniel, Samuel, Xabier, Pablo, Santiago, Joel, Frank R e Anxo. Tamén xogaron Diego, Xairo e Samuel B.
Goles: 1-0 (3'): Antón. 2-0 (20'): Pablo. 2-1 (30'): Samuel. 3-1 (37'): Pablo. 4-1 (52'): Xoel. 5-1 (69'): Nicolás. 6-1 (72'): Daniel.
Árbitro: Jorge Michelena Grandio.
RIBADEO 6 - 1 POLVORÍN B
EF Polvorín B: Daniel, Adrián, David, Fabián, Joan E, Javier, Andrés, Oihan, Íker, Mateo e Hugo. Tamén xogaron Sergio, Arthur, Mateo T e Sergio P.
Goles: 1-0 (8'): Alessandro. 2-0 (14'): Álvaro B. 3-0 (23'): Jorge. 4-0 (33'): Jorge. 5-0 (45'): Daniel. 6-0 (50'): Daniel. 6-1 (75'): Joan E.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.
CASTRO 0 - 3 PONTENOVA
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, Paulo M, Diego, Stefan, Álvaro, Mara, Carlos, Rubén, Izan e David. Tamén xogaron Kevin, Alejandra e Cristian.
Goles: 0-1 (1'): Rubén. 0-2 (69'): Carlos. 0-3 (80'): Ismael.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.
RESIDENCIA B 0 - 0 RÍO OURO
AD Río Ouro: Ángel, Anxo, Daniel, Ezequiel, Hugo, Daniel N, Joao, Aarón, Iván, María e Álvaro. Tamén xogaron Xabi, Asier, Hugo G, Gabriel e Sergio.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Adrián Estráviz Cerdeira.
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 1 |
---|
Milagrosa B | 3-1 | Guitiriz |
Viveiro B | 6-1 | A Piringalla B |
Ribadeo | 6-1 | Polvorín B |
Castro | 0-3 | Pontenova |
Residencia B | 0-0 | Río Ouro |
D | Vilalbés |
Grupo 2
No grupo 2 foi o Corgo quen conseguiu asegurar o segundo posto ao gañarlle a Sarriana. Os brancos tiñan dous puntos menos na lista, co que aínda tiñan posibilidades de colarse por riba, pero saíron derrotados e quedaron terceiros. O duelo celebrado na Ribela estivo moi competido e fóronse ao descanso empatando 1-1. No segundo tempo un penalti adiantou aos locais, pero o Corgo remontou e acabou gañando por 2-3. Os tres puntos permítenlle acompañar arriba ao Residencia, que rematou invicto a liga regular. Os da capital xogaron a domicilio contra o Antas e, malia comezar perdendo, remataron en táboas cun 1-1 no taboleiro. Os de Ulla finalizan a primeira fase con 41 puntos e no cuarto posto.
O quinto lugar foi para o Polvorín e o sexto para A Piringalla e os dous equipos remataron cunha boa xeira de tres vitorias consecutivas. Esta xornada os amarelos gañaron na casa ao Becerreá por 2-1 e os da Piringalla golearon ao Casás cun taboleiro de 7-0. O Palas, oitavo, empatou contra o Sagrado Corazón, noveno, nos Chacotes. A Ferroviaria, que rematou a pasada xornada xa que esta lle tocaba descanso, rematou no último lugar, cun punto menos que o Casás.
PALAS 2 - 2 SAGRADO CORAZÓN
ADC Sagrado Corazón: Ángel, Hugo, Servando J, Mario, Pablo, Daniel, Ulises, Nicolás, Zakaria, Anthony D e Unai. Tamén xogaron Antón, Nizar e Miguel.
Goles: 1-0 (48'): David M. 1-1 (51'): Nicolás. 1-2 (56'): Unai. 2-2 (80'): David M.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.
ANTAS 1 - 1 RESIDENCIA
SD Residencia: Cristian, Adrián, Ruben, Gabriel, Manuel, Lucas, Pablo, Alejandro, Rodrigo, Jonas G e Roberto D. Tamén xogaron Jorge, Uriel, David, Javier e Xurxo.
Goles: 1-0 (7'): Efrén. 1-1 (52'): David.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.
SARRIANA 2 - 3 CORGO
CD Corgo: Fabian, Xoel, Joel, Juan, Magin, Ethan, Pablo, Adrián, Samuel, Carlos e José. Tamén xogaron Juan L, Adrián D e Alex.
Goles: 0-1 (22'): Ethan. 1-1 (28'): Raúl. 2-1 (71'): Adrián, de penalti. 2-2 (76'): José. 2-3 (80'): José.
Árbitro: Álvaro Valín González.
POLVORÍN 2 - 1 BECERREÁ
SD Becerreá: Mito, Alex, Ionut A, Saúl, Alex F, Pelayo, Unai, David, Enrique, Borja e Alexandru G. Tamén xogaron Aratz, Daniel, David M, Javier e Daniel M.
Goles: 1-0 (5'): Alex. 2-0 (24'): Alex. 2-1 (25'): Enrique.
Árbitro: David Ferreira Valín.
A PIRINGALLA 7 - 0 CASÁS
Club Polideportivo Casás: David, Yelko, Xoel, Daniel, Pablo, David S, Jacobo, Tulio, Pablo G, Marco e Alex. Tamén xogou Natalia.
Goles: 1-0 (4'): Rubén. 2-0 (33'): Adrián. 3-0 (46'): Pablo P. 4-0 (50'): Hugo G. 5-0 (54'): Diego L. 6-0 (63'): Telmo. 7-0 (72'): Hugo G.
Árbitro: Juan Luis Fernández Pita.
PRIMEIRA GALICIA CADETE - LUGO GRUPO 2 |
---|
Palas | 2-2 | Sagrado Corazón |
Antas | 1-1 | Residencia |
Sarriana | 2-3 | Corgo |
Polvorín | 2-1 | Becerreá |
A Piringalla | 7-0 | Casás |
D | Ferroviaria |