O Chantada empata co Barco na cancha e no liderado da clasificación nun partido de tensión

Derrota para os outros dous da provincia, que foron derrotados malia comezar o duelo marcando
chantada cadete
photo_camera chantada cadete

O Chantada quere buscar ao ascenso e para demostralo empatou esta fin de semana contra o Barco, líder actual do grupo, co que está igualado a puntos no máis alto. Partido de tensión para os cadetes cun 1-1 no marcador que deixa patente o difícil da loita polo liderado. Foi o Chantada o que se adiantou no marcador pero o rival metería o seu antes do descanso.

O electrónico non se moveu máis pero o xogo foi duro e o árbitro tivo traballo que facer.

Consulta a clasificación aquí

Mala xornada para o Monforte, que caeu ante A Purísima por 4-1 malia que foi o equipo da cidade do Cabe o que abriu o marcador no minuto 1. Aguantarían por diante a metade da primeira parte pero dous goles antes do descanso do equipo local cambiaron o curso do partido, que supuxo unha nova derrota dos monfortinos, a segunda consecutiva.

Tamén derrota para o Calasancio B este domingo co Barbadás no Álex Blanco. Os da casa abriron a conta cedo, mediante un penalti no minuto 6, e así aguantaron a primeira metade. Xusto á volta o rival empatou e 20 vinte minutos despois marcou o segundo, co que o Calasancio deixaba ir os tres puntos.

CHANTADA 1 - 1 BARCO

SD Chantada: Adrián, Leonardo, Carlos, Alejandro, David C, Hugo P, Víctor, David, Daniel, Hugo M e Pablo C. Tamén xogaron Miguel, Abel, pablo L e Santiago.
CD Barco: Isaias, Cristian, Rubén, Marco, Nicolás, Manuel, Aarón, Gorka, Alexis, Martín e Sergio. Tamén xogaron Saúl, Hatim e Bruno.
Goles: 1-0 (29'): Daniel. 1-1 (37'): Alexis. 
Árbitro: José Manuel Pérez Argos.

CALASANCIO B 1 - 2 BARBADÁS B

CP Calasancio B: Lois, Manuel Ángel, Manuel L, Manuel A, Oliver, Miguel, Íker, Hugo, Alejandro L e Mohamed. Tamén xogaron Alejandro C, Daniel, Pablo, Ainhoa e Adrián.
EDC Barbadás B: Íker, Pablo, Noel, Diego D Silva, Deigo F, David, Iago, Iván, Félix, Guillermo e Mariano. Tamén xogaron Christian, Óscar e Iago.
Goles: 1-0 (6'): Hugo L de penalti. 1-1 (41'): Noel. 1-2 (65'): Christian. 
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

A PURÍSIMA 4 - 1 MONFORTE

CD A Purísima: Laith, Mateo, Marcos, Roi, Fernando, Iván, Jaime, Mauro, Liam, Roberto e Miguel Ángel.
CF Monforte: Adrián, Jesús, Hugo C, Marco, Hugo P, Lois, Iván, Moad, Ismael, Adrián e Rubén. 
Goles: 0-1 (1'): Ismael. 1-1 (24'): Jaime. 2-1 e 3-1 (32' e 75'): Miguel. 4-1 (77'): Liam. 
Árbitro: Jonathan Diéguez Novoa.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL CADETE SUR

Resultados xornada 11     

Chantada 1-1 Barco
Calasancio B 1-2 Barbadás B
Xinzo B 2-1 Arenteiro
Velle 3-0 Ribadavia
A Purísima 4-1 Monforte
Rúa 0-1 Arrabaldo
  D UD Ourense B

Próxima xornada 

Rúa - Barco
Barbadás B - Chantada
Arenteiro - Calasancio B
Ribadavia - Xinzo B
Monforte - UD Ourense B
Arrabaldo - A Purísima
  S Velle